Universidade de Pensilvania
A Universidade de Pensilvania (University of Pennsylvania, Penn ou UPenn) é unha universidade privada da Ivy League localizada en Filadelfia, Pensilvania. A universidade afirma que foi fundada en 1740[1][2] Princeton's library presents another diplomatically-phrased view.[3] e é un dos nove colonial colleges creados antes da declaración de independencia dos Estados Unidos de América. Benjamin Franklin, fundador e primeiro presidente de Penn, defendía un programa educativo que formaba líderes en comercio, goberno e servizo público, semellante a un currículo moderno en artes liberais cunha perspectiva práctica.[4]
Penn ten unha produción científica moi alta[5] e lidera nas disciplinas de negocios, dereito, medicina, educación, artes, humanidades, ciencias sociais, negocios, arquitectura e enxeñaría.[6] Entre as súas escolas e facultades atópanse a Wharton Business School e a Escola de Medicina Perelman, a facultade de medicina máis antiga dos Estados Unidos. A "One University Policy" ("Política dunha universidade") de Penn permite o alumnado matricularse en clases de calquera das doce escolas da universidade.[7]
Historia
editarO seu nome orixinal foi Igrexa e Escola Caritativa de Filadelfia (Church and Charity School of Philadelphia). Por ser a primeira institución estadounidense en ter máis dunha facultade e ser a primeira que obtivo recoñecemento oficial como universidade, considérase tecnicamente a primeira universidade dos Estados Unidos.
Notas
editar- ↑ "Penn History Exhibits - University Archives and Records Center". archives.upenn.edu. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "A Penn Trivial Pursuit - Penn Current". 3 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2021.
- ↑ "Seeley G. Mudd Library : FAQ Princeton vs. University of Pennsylvania: Which is the Older Institution?". 19 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 2003-03-19.
- ↑ "Penn's Heritage". University of Pennsylvania. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 8 de maio de 2016.
- ↑ Top Universities
- ↑ US News
- ↑ Meyerson, Martin (29 de xaneiro de 1973). "Report of the University Development Commission" (PDF). upenn.com. Consultado o 16 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Pensilvania |