O elitismo é a crenza ou actitude que consiste en soster que aqueles que son considerados como a elite -un selecto grupo de persoas con notables habilidades persoais, riqueza, experiencia, ou outros atributos distintivos- son as persoas cuxas opinións deberían ser tomadas máis en serio. Este grupo de persoas serían as máis adecuadas para gobernar pois as súas accións e pensamento serían os máis construtivos. O termo elitismo tamén pode ser utilizado para describir unha situación na cal unha elite goza de privilexios ou ten máis poder que o resto dos membros da sociedade. Refírese a unha situación de feito, pero non institucional, xa que se o fose sería unha oligarquía.

O termo adoita utilizarse pexorativamente para describir unha actitude xeneralizada de arrogancia ou rexeitamento respecto da opinión pública en xeral (a meritocracia, un tipo especial de elitismo, normalmente non ten estas connotacións).

Para examinar as correntes opostas ó elitismo ver antielitismo, populismo e teoría política do pluralismo.

Características da elite editar

Os atributos que identifican a unha elite poden variar; os logros persoais poden non ser esenciais. Os atributos propios da elite incluirían:

  • Riqueza persoal considerable, (con frecuencia interpretada coma o premio polas calidades da elite), que é insuficiente por si mesma como poden experimentar os novos ricos.
  • O termo elitismo tamén se utiliza para referirse a situacións nas que un grupo de persoas que reivindican posuír grandes habilidades conspiran para conseguir privilexios a expensas doutras persoas. Esta forma de elitismo pode ser descrita como discriminación.
  • O elitismo, nunha forma menos común pode facer referencia a situacións nas que a elite recibe privilexios e responsabilidades especiais coa expectativa de que mediante estas medidas quedará beneficiado todo o pobo.
  • Acotío o elitismo vincúlase coa clase social e co que os sociólogos denominan estratificación social. As persoas de clase social alta son recoñecidos normalmente como a elite social.

Antielitismo editar

Elitismo como termo pexorativo editar

O termo elitismo ou o adxectivo elitista pode ser utilizado de forma resentida por unha persoa que non sexa membro da elite. Tamén o cualificativo elitista emprégase como un adxectivo que implica que a persoa en cuestión non pertence de feito a unha elite e é só un parasito da sociedade.

Elitismo vs. Igualitarismo editar

O elitismo pódese interpretar como unha forma de apoiar a exclusión das masas respecto das posicións de privilexio e poder. En consecuencia moitos populistas buscan a igualdade social no igualitarismo, o populismo, o socialismo ou o comunismo. Poden apoiar así mesmo a acción afirmativa, a seguridade social, os impostos ó luxo e incrementar os impostos para os membros máis ricos da sociedade. Este tipo de medidas intentarían reducir a distancia entre a elite e aqueles que non o son.

Elitismo vs. Pluralismo editar

Pluralismo é a crenza en que as decisións respecto a políticas públicas deberían (ou descritivamente así son) o resultado da loita de forzas exercidas polas masas (traballadores, consumidores, retirados, país etc.) directa ou indirectamente no proceso de toma de decisións políticas. Isto contraponse co elitismo, pois desde o elitismo crese que as decisións deberían ser (ou así son) resultado dos intereses ou ideas das elites.


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.