Abrir o menú principal

O igualitarismo é a posición da normativa que esixe a distribución do valor da forma menos desigual posible. Isto espertou o debate dentro do círculo académico, sobre todo a partir da publicación de Teoría da Xustiza de John Rawls no 1971. Estas discusións xiran arredor da concepción de que é a igualdade, o que procuramos igualar, que entidades son os receptoras ou as medidas da mesma, entre outras cuestións.[1]

Dende un punto de vista axiolóxico, enténdese a igualdade como algo positivo, pero se pasamos ao plano normativo, considérase a igualdade como algo que se debe procurar. Tendo en conta que o igualitarismo non é unha mera consideración igualitaria ou de igualdade de dereitos. Faise preciso, por tanto, caracterizar o mesmo, buscando os seus fundamentos, natureza, valor e aplicabilidade.

Diferentes tipos de igualitarismo afloran dependendo dos elementos que consideremos, e en consecuencia chegaranse a conclusións diferentes, véxanse por exemplo os diferentes debates en torno ao Paradoxo da Mera Adición.[2] Ademais tratarase, as diferentes formas na que o igualitarismo é considerando, principalmente no eido social e relixioso.

Concepto de igualdadeEditar

O igualitarismo non posúe unha definición única; isto provoca que os debates xiren en torno a diferentes aspectos, os cales dependen de onde se coloque o foco. Á hora de distribuír algo entre diferentes entidades, aparecen cuestión como que é o que temos que repartir, entre aqueles que o hai que repartir, que medidas aplicamos na distribución e a dimensión temporal desta aplicación.

Ademais, outros aspectos apareceran de xeito transversal ao longo da exposición; estes son as diferentes referencias á responsabilidade, ao valor da igualdade (en tanto a concepto problemático) e os argumentos na defensa do igualitarismo, sobre todo vencellados á resposta a argumentos que veñen dende outros posicionamentos como o prioritarismo, o utilitarismo ou o suficientismo. Estes son os puntos clave para albiscar o percorrer do igualitarismo contemporáneo.[1]

No que respecta ao que temos que repartir non existe consenso, posto que se mesturan elementos correspondentes a unha teoría da igualdade con aspectos máis amplos como poden ser as condicións das entidades para unha distribución xusta. Por exemplo, non é o mesmo procurar a igualdade en termos de benestar coa igualdade en oportunidades, ou as novas propostas de igualdade de oportunidade de benestar; este tipo de debates involucran elementos como a responsabilidade nas decisións ou os méritos, onde delimitar o “que” do debate aparece como unha ladaíña de elementos a favor e sobre todo críticas a consistencia do mesmo.[1]

Outro dos grandes focos será como definimos a esas entidades receptoras do “que” se está a repartir; estas poden ser dende individuos a colectivos; por exemplo, podemos establecer que sexan individuos dunha determinada sociedade en base a un criterio étnico ou colectivos en base a certa comunidade política. As complicacións non só quedan na dimensión individual/colectivo, senón que aparecen aspectos como a delimitación espacial das entidades seleccionadas e a temporal, se consideramos unha serie de individuos, a maiores de xustificalo, temos que establecer se nesa repartición só se circunscribe a un momento presente, ou entran en consideración entidades futuras, non existentes no presente.[1]

En terceiro lugar, no que respecta ao patrón de repartición entendérase que unha situación é máis ou menos igualitaria que outra, dependendo do punto de vista da igualdade. Neste respecto é ilustrativo paradoxo da mera adición: imaxinemos dous escenarios, no primeiro hai 999 individuos que teñen un benestar alto e 1 que non (aínda que o seu benestar está por enriba do mínimo para deixar de selo), unha segunda situación, no que sexan 998 fronte a 2, así sucesivamente até que sexa 1 fronte a 999; dándolle a volta a situación. Non está claro que situación é mellor, esta dependerá do punto de vista da igualdade escollido, tres son os principais, se se compara coa media, co que están mellor ou coa cantidade de xente, deste modo parece complicado atopar un posicionamento absoluto que responda coma único.[2]

Por último, a pregunta polo “cando”, tamén xerará debates, posto que se consideramos a vida dunha entidade en base a momentos concretos ou se a tratamos na súa totalidade, isto provocará distintas respostas que variarán no que respecta as distribucións máis igualitarias. Isto pode condensarse arredor de se se pon o foco nas diferentes etapa ou etapas de tempo (que se consideren), ou se se trata este enfoque de forma global. A dimensión temporal convertirase nun novo punto a ter en consideración dentro do marco do igualitarismo contemporáneo.[1]

Todas estas cuestión serán tratadas máis en profundidade nos vindeiros apartados, e poderase ver a problemática e contrapartidas dos diferentes tipos de igualitarismo e as diferentes formas nas que se artella o debate na actualidade, na súa resposta as preguntas expostas.

Igualdade de que?Editar

Unha teoría igualitarista completamente desenrolada precisa dunha explicación exacta sobre qué é o que se vai repartir igualitariamente. A cuestión sobre a “igualdade de qué?” iniciouna Ronald Dworkin (1931-2013) cun conxunto de ensaios onde diferencia entre a igualdade de benestar e a igualdade de recursos. Partindo de que os igualitaristas procuran o desenvolvemento do benestar duns cidadáns respecto de outros, semella lóxico pensar que o ámbito no que se debe promover o desenvolvemento dunha repartición igualitaria será o do benestar, na medida na que este supón un beneficio para a sociedade. Os recursos, por outra banda, serán relevantes na medida na que provoquen un maior benestar. Nesta liña, se consideramos os ingresos, temos que as persoas procuran obter ingresos, non porque o diñeiro teña un valor intrínseco, senón porque empregan o diñeiro para mellorar a súa calidade de vida, isto é, o seu benestar. Para exemplificar a igualdade de bens, consideremos o caso de dúas persoas que teñan os mesmos ingresos, pero unha delas teña unha discapacidade que obrígaa a gastar gran parte do seu diñeiro en tratamentos médicos, co cal non teña a mesma capacidade cá outra para gastar en comida, fogar e outras necesidades; isto implicaría que esta persoa posuiría un nivel de benestar menor cá persoa que non posúe unha discapacidade. Neste punto a igualdade de recursos fallaría. Malia isto, a tendencia na procura dunha igualdade última do benestar tampouco semella a resposta a isto, e Dworkin vai rexeitala. Unha das razóns que da baséase en que esta teoría non responsabiliza ás persoas polas súas eleccións. Un exemplo disto pode ser unha persoa que posúa deliberadamente uns gustos excesivamente caros, e o seu benestar estea baseado na satisfacción dos mesmos.

Dworkin, para resolver isto, expón unha poxa hipotética na que a xente poxe por unha serie de recursos dispoñibles dende unha situación de poder igualitaria. Aínda que podería parecer que unha persoa discapacitada nesta situación seguiría tendo o mesmo problema de antes, máis non é así, xa que esta hipotética distribución igualitaria do poder xa tería como resultado que as persoas con desvantaxes naturais teñan maior participación que outros que non as sofren.

Igualitarismo de recursosEditar

Para entender que é o igualitarismo de recursos primeiro debemos saber que é unha posición desenvolta a partir da crítica a teoría da igualdade de benestar de Rawls. A igualdade de benestar proposta por rawls defende, grosso modo, que a verdadeira igualdade reside en maximizar a igualdade de benestar de todos os individuos dunha sociedade. en resposta a este punto, Dworkin desenvolve unha teoría da igualdade de recursos. o contrario que a teoría de Rawls, compensaría os individuos por unha discapacidade o algún outro tipo de desvantaxe natural, circunstancia que non ten en conta a teoría de Rawls. e, a diferenza da igualdade de benestar, esta teoría si recolle que os diferentes individuos son responsables das súas eleccións.

Igualitarismo do benestarEditar

Podemos tomar a definición de benestar da RAG como a “situación que permite levar unha vida cómoda, sen problemas materiais”, mais actualmente, chegar a tal estado é imposíbel nalgúns axentes. Porén, tal definición non semella ser aceptada dende diferentes perspectivas filosóficas. Podemos entender o benestar como un estado de pracer que temos por diversas causas, como pode ser un benestar producido pola nosa boa saúde.

A igualdade de benestar é unha posición que entende que o estado debe ser benefactor de certos servizos que establezan unha mellora no nivel de vida que teñen os seus cidadáns. Por exemplo, cando proporciona estudos gratuítos ou sanidade universal. Estes garanten que todos os seus cidadáns teñan a posibilidade de alcanzar certo estado de benestar, indistintamente das súas cualidades. Entón, mantén que un estado de cousas mellora ou empeora segundo a súa distribución total do benestar.

O suficientismo asume que existe un límite mínimo ao que todos os axentes deberían chegar, e a partir dese limiar, a súa distribución é indiferente. Isto implica que se chegamos a un nivel de suficiencia Q en que, se todos os axentes están por riba de Q, a distribución de bens é redundante.

Igualdade de oportunidadesEditar

A igualdade de oportunidades defende a idea de que un sistema é socialmente digno e xusto cando todas as persoas teñen as mesmas posibilidades de acceder ao benestar social e posen os mesmos dereitos políticos.O suposto de fondo é que unha sociedade contén unha xerarquía de posicións máis e menos desexables, superiores e inferiores. Ou pode haber varias xerarquías deste tipo. Nunha sociedade de castas, a asignación de individuos a lugares na xerarquía social fíxase por nacemento. O neno adquire o status social dos seus pais polo menos se a súa unión é sancionada socialmente. A mobilidade social pode ser posible nunha sociedade de castes, pero o proceso polo cal un é admitido nun nivel diferente da xerarquía que está aberto só a algúns individuos, dependendo do seu status social adscriptivo inicial. En contraste, cando prevalece a igualdade de oportunidades, a asignación de individuos a lugares na xerarquía social está determinada por algún tipo de proceso competitivo, e todos os membros da sociedade son elixibles para competir en igualdade de condicións.

A igualdade de oportunidades require que os postos de traballo nas empresas económicas e as opción para solicitar un préstamo con fines de inversión, como iniciar un negocio, deben estar abertos a todos os solicitantes, que as solicitudes se evalúen segundo criterios de mérito relevantes e que se ofreza ao candidato de maior cualificación.Os criterios de mérito relevantes deben establecerse de modo que aqueles que obteñan a mellor puntuación, sexan aqueles cuxa selección melloraría os propósitos da empresa. Outro aspecto do ideal de igualdade de oportunidades require que as empresas económicas que ofrecen bens e servizos para a venda véndanse a todos. Finalmente, a igualdade de oportunidades require que os compradores de bens e servizos sexan unicamente responsables do prezo e a calidade dos bens que se lles ofrecen para a súa compra (e non, por exemplo, á etnia ou o sexo ou a orientación sexual do fabricante ou vendedor do ben).

O ideal de igualdade de oportunidades é o ideal dunha economía política na que as perspectivas de cada persoa como produtor dependen unicamente do seu stock inicial de recursos, máis da súa capacidade e disposición para proporcionar bens e servizos.

Igualitarismo télico vs Igualitarismo deónticoEditar

Parfit distingue entre igualitarismo télico e igualitarismo deóntico. Aceptar o igualitarismo télico supón aceptar o principio de igualdade e o de utilidade. É malo en si mesmo que algunhas persoas estean peor que outras e é intrinsecamente mellor que as persoas estean mellor, agás que os individuos sexan responsables ou se poñan deliberadamente nunha peor situación. No caso do igualitarismo deóntico o que é correcto é que haxa igualdade.

Parfit afirma que a gran maioría daqueles que se consideran igualitaristas son os que o denomina “moderados”, xa que ser igualitarista “puro”, é dicir, igualitarista no sentido máis estrito da palabra, comporta aceptar unha serie de principios ou supostos que resultan contraintuitivos canto menos. A partir de aquí, no igualitarismo moderado pode existir un abanico amplísimo de enfoques. Así, pode existir, por nomear algún exemplo, unha postura igualitarista que inclúa un principio de leximín.

Parfit considera tamén importante distinguir o enfoque igualitarista do prioritarista. Esta resulta unha matización fundamental. Algúns autores que defendían posicións igualitaristas no pasado en realidade o que defendían era un enfoque prioritarista, só que no contexto do seu debate non resultaba importante realizar tal distinción. Así pois, os prioritaristas defenden, a grandes liñas, que aquelas entidades susceptibles de recibir valor ou desvalor deben recibir algunha clase de beneficio se están nunha posición inferior á dos seus semellantes. Para poder distinguir estes enfoques, por tanto, debemos prestar atención a se a xustiza que promoven é de tipo comparativo ou non-comparativo.

Parfit critica un igualitarismo estrito baseado en considerar a igualdade como algo intrinsecamente bo. Aduce algúns exemplos que levan a rexeitar esta posición: considérase o hipotético caso segundo o cal a metade da poboación nace cega e a outra metade cos dous ollos. Un igualitarismo estrito consideraría que a poboación sa debería ceder un ollo á poboación cega, algo que o sentido común non podería aceptar. Estariamos a falar da obxección á baixa que expón Parfit segundo a cal non se considera o nivel de benestar en termos cuantitativos senón que todos posúan o mesmo.

Outro caso para criticar o igualitarismo estrito é o seguinte: Hai dous estados de cousas posibles, un deles é que tódolos individuos teñen o mesmo nivel (1); o outro é que algúns teñen ese mesmo nivel, e o do resto é maior (2). De acordo co igualitarismo estrito, (1) é mellor ca (2) aínda que neste estado de cousas a desigualdade non é mala para ninguén. Isto é coñecido como a obxeción da nivelación á baixa. Desde un igualitarismo moderado, hai certo sentido no que (2) é peor ca (1), pois a desigualdade é mala, mais neste caso o beneficio para os individuos compensa moralmente a perda de igualdade, polo que (2) é mellor ca (2).

Como vemos, o igualitarismo estrito defende en certos casos que a desigualdade é mala aínda cando non é mala para ninguén. A tese que ofrece Parfit como contestación coñécese co nome de perspectiva da persoa-afectada, que afirma que o que consideramos malo sempre é malo para alguén.

Seguindo a Parfit, hai dúas opcións se queremos evitar a obxeción da nivelación á baixa:

  • A primeira é adoptar un igualitarismo deóntico. Porén, ao seren normativa, non poderemos comparar entre sí estados de cousas, xa que só determina o que os axentes deben facer, e non do que é mellor.
  • A segunda é adoptar un igualitarismo prioritarista. Deste xeito, haberá situacións nas que os que mellor empeoraron máis do que os que peor estaban melloraron, pero iso non importa, porque o que importa é mellorar a situación de quen están peor.

Outro exemplo ao que Parfit refire respecto diso da súa obxección consiste en supoñer o caso dun desastre natural que provoca que quen está mellor sitúense ao mesmo nivel que quen está peor. Esta segunda problemática refírese a que o igualitarismo télico, ao considerar que a igualdade é mala, a súa desaparición sempre será positiva calquera que sexa o medio polo cal esta ten lugar non só aínda que non beneficie a ninguén senón tamén aínda que prexudique. O igualitarismo deóntico podería superar estas obxeccións dado que non considera que a desigualdade sexa mala e por tanto podería rexeitar que esta fose eliminada baixando o nivel. Eliminariamos a desigualdade porque isto beneficiaría a quen está peor. A pesar diso, Parfit sinala que rexeitar o igualitarismo télico (que supón que a desigualdade é mala intrinsecamente) implica a dificultade de soster a redistribución de recursos.

Formas de igualitarismoEditar

Algunhas preocupacións especificamente centradas do igualitarismo inclúen comunismo,igualitarismo legal, igualitarismo da sorte, igualitarismo político, igualitarismo de xénero, igualdade racial e igualitarismo cristián. Comunmente as formas do igualitarismo inclúen un carácter político e filosófico.

Igualitarismo legalEditar

Un argumento consiste é que o liberalismo defende sociedades democráticas, o que significa loitar por seguir reformas civiles proporcionando un marco para o desenvolvemento das condicións axeitadas para que os individuos acaden os seus dereitos civís.

Igualitarismo socialEditar

Nun nivel cultural, as teorías igualitarias se teñen desenvolto sofisticadas acadando a aceptabilidad durante os últimos douscentos anos. Entre as filosofías igualitarias externas más notables están o socialismo, comunismo, socialanarquismo, socialismo libertario, libertaria mesmo de esquerdas e progresismo, algúns dos cales propoñen igualitarismo económico.

Porén, aínda que algunha destas ideas foran implementadas na práctica de forma significativa, como que da lugar a unha cuestión que xera controversia. O anti-igualitarismo ou elitismo é a oposición al igualitarismo.

Igualitarismo e razaEditar

A igualdade de raza implica que os trazos diferenciais dos seres humanos (cor, forma, estatura, ...) non son relevantes para unha diferente consideración moral e legal, e que teñen, polo tanto, que percibir o mesmo respecto e consideración. Trátase dun dereito fundamental humano que ratifican unha gran cantidade de países mais que, na práctica, segue existindo un limiar entre axentes con mellor aceptación polo feito de ter a tez branca.

Igualitarismo e xéneroEditar

A igualdad de xénero implica que homes e mulleres deben recibir os mesmos beneficios, as mesmas sentenzas e ser tratados co mesmo respecto. O principio de igualdade e de non discriminación por razón de sexo é unha obrigación de dereito internacional xeral que vincula todas as nacións e dado o seu carácter primordial establécese sempre como un principio que debe inspirar o resto dos dereitos fundamentais.

Igualitarismo e animais non humanosEditar

Moitos filósofos e filósofos incluíndo Ingmar Persson, Peter Vallentyne, Nils Holtug e Lewis Gompertz argumentaron que o igualitarismo implica que os intereses dos animais non humanos deben ser tidos en conta. O filósofo Óscar Horta argumentou que “o igualitarismo implica o reitame yo do especial, e na práctica isto prescribe no cesamento da explotación dos animais non humanos” e que deberiamos axudar os animais en estado salvaxe. Ademais, sostén que “porque os animais non humanos están peor en comparación aos humanos, igualitarismo prescribe ou defende outorgar prioridades aos intereses dos animais non humanos”.

Igualitarismo relixioso e espiritualEditar

  • Sikhismo: a fe Sikh fundouse sobre principio igualitarios, reafirmando a noción de igualdade non só baseada na raza, senón tamén entre os xéneros.
  • Cristianismo: a visión cristiá igualitaria sostén que a Biblia ensina a igualdade fundamental de persoas de todas as mesturas raciais e étnicos, todos os graos económicas e todos os grupos de idade, pero dentro das ensinanzas e exemplo de Xesús Cristo, Deus e principios xerais das Escrituras. Dentro do amplo abano do cristianismo, hai puntos de vista discordantes sobre os grupos opostos, algúns dos cales son complementarios. Hai moitos que din que a Biblia promove a igualdade e anima a lei ea orde e estrutura social (por exemplo, os pais que teñen autoridade sobre os seus fillos ea autoridade dos maridos sobre as esposas).
  • Xudaísmo: o xudaísmo é unha relixión universalista pola crenza de que só un só Deus creou o universo enteiro, é universalista na súa mensaxe divina, pero non nas súas obrigacións relixiosas. Na reforma e no xudaísmo conservador, o igualitario refírese á anulación das separacións de xénero relixiosas.
  • Islam: o Corán di que “en realidade nós creamos a humanidade de macho e femia e vós nacións e tribos, para coñecerse uns aos outros. De feito, o máis nobre de vós á vista de Deus é o teu máis xusto. Allah é omnisciente”. Ideais como a xustiza social e servizo social, é dicir, aliviar o sufrimento e axudar aqueles en necesidade forman parte integrante do ensino islámico.

Teorías centradas no igualitarismoEditar

Teoría do igualitarismo modernoEditar

O igualitarismo moderno é unha teoría que rexeita a definición clásica do igualitarismo como un posible logro económico, político e social. A teoría do igualitarismo moderno ou novo igualitarismo, sinala que, se todos tiñan o mesmo custo de oportunidade, non habería ningún progreso e ninguén gañaría comercio comparativa entre eles. En esencia, xorden os inmensos beneficios que as persoas reciben cando se negocian entre si porque teñen características e talentos desiguais; Estas diferenzas poden ser innatas ou desenvolvidas para que as persoas poidan obter beneficios negociando entre eles.

Teoría cultural do riscoEditar

A teoría cultural do risco apoia o igualitarismo definido por unha actitude negativa cara ás regras e principios, e unha actitude positiva cara á toma de decisións grupais co fatalismo denominado como o seu oposto. A teoría distingue entre xerarquistas, que son positivos tanto para as regras como para os grupos; e igualitarios, que son positivos para os grupos, pero negativos para as regras. Este é, por definición, unha forma de igualdade anarquista á que fai referencia Berkman. A trama dunha sociedade igualitaria é mantida conxuntamente pola cooperación e a presión dos compañeiros, e non por regras e castigos explícitos. Non obstante, Thompson teoriza que calquera empresa con un único punto de vista, se igualitaria, xerárquica, individualista, fatalista ou autonomista, é inherentemente inestable. A reivindicación é que é necesaria unha interacción entre todos eses perspectivas de xeito que todas as perspectivas é satisfactoria. Por exemplo, aínda que un individualista segundo a teoría cultural é aversivo ambos os principios e grupos, o individualismo non é cumprido se o brillo individual non pode ser recoñecido por grupos. En consecuencia, non pode ser igual excepto a través da súa presenza, a menos que adopte principios que lle permita cooperar con fatalistas e xerarquistas. Tampouco terán sentido individual de dirección na ausencia dun grupo. Isto podería ser mitigado por seguintes individuos fóra do seu grupo: autónomos ou individualistas.

Alexander Berkman suxire que a igualdade non significa un importe igual, pero igualdade de oportunidades. Non cometa o erro de identificar a igualdade na liberdade coa igualdade forzada do campamento condenado. A verdadeira igualdade anarquista implica liberdade, non cantidade. iso non significa que todos deben comer, beber ou usar as mesmas cousas, facer o mesmo traballo ou viven igual lonxe diso. En caso contrario, en realidade, necesidades e gustos individuais difiren no apetito, é a igualdade de oportunidades para satisfacelos a que constitúe a verdadeira igualdade. Lonxe de nivelación, tal igualdade abre a porta ao maior número posible de actividades e novidades.

MarxismoEditar

Karl Marx e Friedrich Engels consideraban que unha revolución provocaría unha sociedade socialista, que pasaría a dar lugar a unha fase comunista do desenvolvemento social, o que sería un apátrida sen clases, humano, construído na propiedade común e o principio de cada un segundo a súa capacidade e as súas necesidades.

Con todo, o marxismo rexeitou o igualitarismo na dirección dunha maior igualdade entre as clases, distinguíndose claramente a noción socialista da abolición das clases con base na división entre traballadores e propietarios de propiedade produtiva. A visión de Marx da ausencia de clases non era a subordinación das sociedades.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Holtung; Lippert (2007). Egalitarianism. New essays on the nature and value of equality. Nova York: Oxford University Press. 
  2. 2,0 2,1 Temkin, L. (1993). Inequality. Nova York: Oxford University Press. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Arneson, Richard J. (1989). “Equality and Equal Opportunity for Welfare,” Philosophical Studies 56, p. 77–93.
  • Arneson, Richard (1990). “Liberalism, distributive subjetivism, and equal opportunity for welfare” Philosophy and Public Affairs 19.
  • Arneson, Richard, "Egalitarianism", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2013 Edition), Edward N. Zalta (ed.).
  • Cohen, G. A. (1989). “On the Currency of Egalitarian Justice’’, Ethics, Vol. 99, No. 4, The University of Chicago Press, 906-944.
  • Dworkin, R. (1993). Ética privada e igualitarismo político, Barcelona: Paidós.
  • Dworkin, R. (1981). “What is equality?’’ Philosophy; Public Affairs, Vol. 10, No. 3, 185-246.
  • Fleurbaey, Marc (1995). “Equal Opportunity or Equal Social Outcome?”, Economics and Philosophy 11.
  • Holtug, N. (2007). “Equality for animals” in Ryberg, J.; Petersen, T. S.; Wolf, C. (eds.) New waves in applied ethics, Basingstoke: Palgrave Macmillan, 1-24.
  • Holtug, N. et Lippert, K. (2007). Egalitarianism, New Essays on the Nature and Value of Equality, Ed. Oxford University Press, Nova York (USA), p. 1-37
  • Horta, O. (2016). “Egalitarianism and animals’’ Between the Species, 19, 2016, 108-144.
  • Julius, A. J, (2003). “Basic Structure and the Value of Equality” Philosophy and Public Affairs, 31.
  • Knight, C. (2009). Luck Egalitarianism: Equality, Responsibility, and Justice, Edinburgh University Press.
  • Miller, D. (2011). Filosofía política: una breve introducción, Madrid: Alianza.
  • Parfit, D. (1997). “Equality and Priority”. Ratio, 10: 202-221. doi:10.1111/1467-9329.00041
  • Rawls, J. (1979). Teoría de la justicia, México D.F.: FCE.
  • Seligman, Matthew. (2007). "Luck, Leverage, and Equality: A Bargaining Problem for Luck Egalitarians". Philosophy and Public Affairs, Vol. 35.
  • Temkin, Larry (1993). “Inequality,. Liberalism, Distributive Subjectivism, and Equal Opportunity for Welfare.Richard” Philosophy and Public Affairs 19 p. 158-194.
  • Voigt Kristin. (2007). “The Harshness Objection: Is Luck Egalitarianism Too Harsh on the Victims of Option Luck?” Ethic Theory Moral Practice, Vol. 10.
  • Westmoreland, Robert (1997). Equality: Selected Readings, Oxford: Oxford University Press.