Public Ivy
Public Ivy é un termo coloquial para unha serie de prestixiosas universidades públicas dos Estados Unidos que ofrecen unha experiencia similar ás da Ivy League.[1] [2] A lista de institucións consideradas como unha "hedra pública" sufriu varias revisións ao longo dos anos.
Historia editar
O termo apareceu por primeira vez en Public Ivies: A guide to America's Best Public Undergraduate Colleges and Universities publicado en 1985. [1] O autor, Richard Moll, graduouse cun máster na Universidade Yale en 1959 e exerceu como oficial de admisión e director de admisións en varias universidades dos Estados Unidos.[3] Percorreu o país examinando institucións de educación superior, seleccionando oito que eran comparables á Ivy League.[4] [5]
A metodoloxía de clasificación orixinal de Moll incluía factores como o rigor académico, a calidade do profesorado e o custo da matrícula. Así como as avaliacións das instalacións do campus, os recursos dispoñibles, a idade e as principais tradicións culturais realizadas en cada institución.[6] [4]
O Journal of Blacks in Higher Education tamén caracterizou estas universidades como: "...competindo con éxito coas universidades da Ivy-League, tanto academicamente como en termos de atraer profesores universitarios estrela como os mellores estudantes de todas as razas".[4]
Lista orixinal publicada en 1985 editar
Moll enumerou no seu libro as seguintes universidades por orde alfabética:
- College of William and Mary
- Universidade de California [7]
- Universidade de Míchigan
- Universidade de Carolina do Norte
- Universidade de Texas
- Universidade de Vermont
- Universidade de Virginia
- Universidade Miami (Ohio)
Outros 'contendentes' editar
Como parte da publicación inicial de 1985, Moll tamén seleccionou nove universidades como "contendentes dignos": [8]
- Universidade de Colorado en Boulder
- Instituto Tecnolóxico de Xeorxia (especificamente o campus situado en Atlanta )
- Universidade de Illinois
- Universidade Estatal de Pensilvania (especificamente o campus situado en University Park)
- Universidade de Pittsburgh
- Universidade de Binghamton
- Universidade de Washington
- Universidade de Wisconsin-Madison
- New College of Florida (anteriormente New College of the University of South Florida, converteuse nunha parte independente do Sistema Universitario Estatal de Florida en 2001)
Ampliación da lista editar
Unha publicación posterior na coñecida serie Greene's Guides (2001) ampliou o termo coas seguintes institucións: [2]
- Universidade de Binghamton
- Universidade de Indiana
- Universidade Estatal de Míchigan
- Universidade Estatal de Ohio
- Universidade Estatal de Pensilvania
- Universidade Rutgers
- Universidade de Arizona
- Universidade de Colorado en Boulder
- Universidade de Connecticut
- Universidade de Delaware
- Universidade de Florida
- Universidade de Xeorxia
- Universidade de Illinois
- Universidade de Iowa
- Universidade de Maryland
- Universidade de Minnesota
- Universidade de Washington
- Universidade de Wisconsin
Galería editar
-
Sather Tower vista desde Memorial Glade na Universidade de California, Berkeley
-
O edificio principal da Universidade de Texas en Austin
-
Michigan Union na Universidade de Michigan
-
Rotonda da Universidade de Virginia
-
Edificio Wren Building no College of William & Mary
-
Edificio MacCracken da Universidade de Miami en Oxford no inverno
-
Billings Memorial Library da Universidade de Vermont
-
Sewall Hall da Universidade de Colorado en Boulder
-
Edificio Savant no Instituto Tecnolóxico de Xeorxia
-
Auditorio Foellinger no patio principal da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign
-
College Hall e Cook Hall no New College of Florida
-
Bascom Hill na Universidade de Wisconsin-Madison
-
Complexo académico da Universidade de Binghamton
-
Old Main na Universidade Estatal de Pensilvania
-
Demarest Hall da Universidade de Rutgers en New Brunswick, Nova Jersey
-
Jacobson Barn na Universidade de Connecticut
-
Peabody Hall da Universidade de Florida
-
Brooks Hall da Universidade de Xeorxia
-
Torre Beaumont na Universidade Estatal de Michigan
-
Mostra de entrada de Gates a Old Cresent na Universidade de Indiana Bloomington
-
Antigo Museo do Capitolio no Pentacrest da Universidade de Iowa
-
Morrill Hall no Northrop Mall da Universidade de Minnesota
-
Biblioteca Jack Langson da Universidade de California, Irvine
-
University Center e Storke Tower da Universidade de California, Santa Bárbara
-
Putah Creek na Universidade de California, Davis
-
Maricopa Hall da Universidade de Arizona
-
The Mall da Universidade de Delaware
-
Reckord Armory na Universidade de Maryland
-
Gary Anderson Hall da Universidade de California, Riverside
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Moll, Richard (1985). Public Ivys: A Guide to America's best public undergraduate colleges and universities.
- ↑ 2,0 2,1 Greene, Howard (2001). The public ivies : America's flagship public universities (1st ed ed.). Cliff Street Books. ISBN 0-06-093459-X. OCLC 46683792. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Graham Synnott, Mareia (2017-07-12). The Half Opened Door. Routledge. pp. 125–159. ISBN 978-1-315-13243-3. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Comparing Black Enrollments at the Public Ivies". www.jbhe.com. Consultado o 2022-07-17.
- ↑ College Admissions for the 21st Century. Harvard University Press. 2011-02-01. pp. 1–34. ISBN 978-0-674-05859-0. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Planning Los Angeles. Routledge. 2017-11-08. pp. 190–241. ISBN 978-1-351-17915-7. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Moll sprach vom University-of-California-System als einer einzigen Hochschule (Moll considerou o sistema universitario de California como unha soa universidade)
- ↑ Moll, Richard (1985). The public ivys : a guide to America's best public undergraduate colleges and universities. Viking. ISBN 0-670-58205-0. OCLC 11755334. Consultado o 2021-06-08.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Public Ivy |