Universidade de California
A Universidade de California é a rede superior de Universidades públicas do Estado de California, en EEUU. Na actualidade, está composta por 10 campus e tres laboratorios nacionais:
- Universidade de California, Berkeley [1]
- Universidade de California, Davis [2]
- Universidade de California, Irvine [3]
- Universidade de California, Os Ánxeles [4]
- Universidade de California, Merced [5]
- Universidade de California, Riverside [6]
- Universidade de California, San Diego [7]
- Universidade de California, San Francisco [8]
- Universidade de California, Santa Barbara [9]
- Universidade de California, Santa Cruz [10]

Mentres que o sistema representa a rede superior de universidades públicas do estado, a función de educación en masa deixase en mans do sistema das "Cal State Universities." Estas concéntranse máis en dar educación práctica para uso directo no traballo mentres que a rede superior da Universidade de California ocúpase de outorgar educación teórica que prepara aos seus alumnos para adquirir traballos que requiren niveis máis altos de educación como catedráticos, doutores, avogados, e negociantes de alto rango. Entre as dúas, só a Universidade de California está capacitada para outorgar doutoramentos, algo que xunto cos seus mellores resultados en clasificacións nacionais, dálle máis prestixio.
Laboratorios nacionaisEditar
A Universidade de California rexenta e opera directamente dous laboratorios do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos:
- Lawrence Berkeley National Laboratory (LBNL) (Berkeley, California)
- Lawrence Livermore National Laboratory (LLNL) (Livermore, California)
UC é tamén socio dunha compañía privada, Los Alamos National Security LLC, que rexenta e opera un terceiro laboratorio do mesmo Departamento:
Ligazóns externasEditar
- Os 10 campus da Universidade de California (en inglés)