Universidade de Miami
A Universidade de Miami (University of Miami en inglés), tamén coñecida como Miami of Florida, UM, ou simplemente The U,[1][2]) é unha universidade privada que se atopa en Coral Gables, Florida (nos Estados Unidos).[3][4] É unha das universidades privadas máis exclusivas dos Estados Unidos. É laica e foi fundada en 1925.
Universidade de Miami University of Miami | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Coral Gables, Florida |
Fundación | 1925 |
Datos actuais | |
Reitor | Thomas J. LeBlanc |
Alumnos | 16 774 |
Datos de contacto | |
Enderezo | 1320 S Dixie Hwy Coral Gables |
Páxina web | https://welcome.miami.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A universidade ten arredor de 15 657 estudantes matriculados en aproximadamente 115 programas de pregrao e 165 programas de posgrao (114 másteres e 51 doutoramentos). Os estudantes proveñen dos 50 estados dos Estados Unidos e de 148 países estranxeiros. Actualmente posúe 3027 docentes a tempo completo, entre os que se contan bolseiros de Guggenheim, de Fulbright e da National Science Foundation. O 97% dos estudantes de doutoramento e doutros posgraos logran a súa titulación. Con máis de 10 800 empregados a tempo completo ou parcial, a UM é o segundo maior empregador privado no condado de Miami-Dade.
Notas
editar- ↑ "Michael Irvin Quotes".
- ↑ "DefenseLink News Article: America Supports You: University of Miami ‘Adopts’ Sailors in Iraq".
- ↑ "ESPN.com: Miami (FL) Hurricanes Football Clubhouse".
- ↑ "About the University of Miami". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2007. Consultado o 12 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)