Alberte Pagán
Alberte Pagán, nado no Carballiño en 1965,[1] é un cineasta e escritor galego. É profesor de lingua inglesa no IES Espiñeira de Boiro.
Alberte Pagán | |
---|---|
Nacemento | 1965 |
Lugar de nacemento | O Carballiño |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | tradutor e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fixo Filoloxía Hispánica e Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. É especialista no cinema experimental, do que é teórico e investigador. En Londres frecuentou a London Filmmakers’ Cooperative. En 1999 publicou da man do Centro Galego de Arte Contemporánea Introdución aos clásicos do cinema experimental, a raíz dun ciclo do que foi comisario. Fixo a tradución ao galego Finnegans Wake de James Joyce, aínda que non chegou a publicarse por cuestións de dereitos de autor[2].
A súa filmografía recolle o seu interese por comunidades humanas non occidentais, de lugares como Nicaragua (Os Waslala, 2005), Zimbabwe (Tanyaradzwa, 2009) ou o Sáhara (Asahra Hurratun!, 2009).
ObraEditar
FilmografíaEditar
- Conversas em Zapatera (2002)
- Como foi o conto (2004)
- Os Waslala (2005)
- Bs. As. (2006)
- Pó de estrelas (2007)
- A soluçom é o socialismo (2008)
- Tanyaradzwa (2009)
- Asahra hurratun! (2009)
- Eclipse metanoico (2009)
- Puílha 17 janeiro 2010 15:33h (2010)
- Eclipse (2010)
- A Pedra do Lobo (2010)
- Faustino 1936 (2010)
- Outrasvozes (2011)
- A quem se lhe conte... (2011)
- Película urgente por Palestina (2012)
- A realidade (2012)
- Walsed (2014)
- Superfícies – Long Face (carvom) (2014)
- Superfícies – Sonho bolivariano (balor) (2014)
- Superfícies – Forgoselo (granito) (2014)
- Quim.com (2014)
- Frank (2015)
- Superfícies – Peter (tubo) (2015)
- Konfrontationen 2014 (2015)
- A Fundamental Error (2016)
- τεμενος³ (2017)
- Flora e fauna (shot on sight) (2017)
- A mosca (2017)
LiteraturaEditar
- Película urgente por Palestina (Obra dramática num acto) (2012)
- Prosopagnosia (poesía; autoedición, 2013)
- Como foi o conto e outras peças teatrais (2013)
- O livro de Bs. As (guión e fotos do filme; 2015)
- Percorridos por unha teoria do desexo (relatos; 2015)
EnsaioEditar
- Introdución aos clásicos do cinema experimental (Centro Galego de Arte Contemporánea, 1999)
- A voz do trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake (Laiovento, 2000)
- Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell (2003),
- “Cinema Underground estadounidense”, en Dentro y fuera de Hollywood (Festival de Cine de Xixón, 2004)
- “Residuos experimentales en Arrebato”, en Arrebato... 25 años (Filmoteca de Valencia, 2006)
- A mirada impasíbel (Edicións Positivas, 2007)
- A mirada inqueda (Edicións Positivas, 2013)
- Andy Warhol (Cátedra, 2014; en castelán)
NotasEditar
- ↑ "Sinais. Alberte Pagán", artigo de José Manuel Sande en S8Cinema, 30 de maio de 2012.
- ↑ "A voz do Trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake".
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- albertepagan.eu Web persoal
- Ficha en novocinemagalego.info