George Andrew Romero, nado en Nova York o 4 de febreiro de 1940 e finado o 16 de xullo de 2017 en Toronto, foi un director de cine, guionista e editor estadounidense de orixe galega.

Modelo:BiografíaGeorge Andrew Romero

George Romero no Festival de Cine de Venecia no 2011.
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1940
Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Morte16 de xullo de 2017 (76 anos)
Toronto Canadá
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaToronto Necropolis (en) Traducir 43°40′09″N 79°21′37″O / 43.669036, -79.360283 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Carnegie Mellon
Monsignor Scanlan High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura194 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, dirección de cine, guión cinematográfico e Cinema de terror Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDirector
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNancy Romero (1971-1978)
Christine Forrest (1981-2010)
Suzanne Desrocher (2011–2017) Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge C. Romero Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001681 Allocine: 5409 Rottentomatoes: celebrity/771474732 Allmovie: p108784 TCM: 59720 TV.com: people/george-a-romero
Instagram: georgearomero BNE: XX1109518 Musicbrainz: c315df66-f97b-4047-985d-7f84c6da87f0 WikiTree: Romero-1110 Find a Grave: 181411973 Editar o valor en Wikidata

Romero é descrito a miúdo como un influente pioneiro do xénero cinematográfico de terror e foi chamado o "pai dos filmes de zombis"[1] e considerado unha "icona".[2][3] En varias ocasións contou o impacto que tiveron nel as historias da Santa Compaña que lle contaban as súas tías da Coruña,[4] No documental "George Romero: zombis e Santa Compaña" explórase esa relación.[5]

Traxectoria

editar

George A. Romero naceu en Nova York, no barrio do Bronx, sendo fillo de Anne Romero (nada como Dvorsky) e George Romero, un artista comercial.[6] A súa nai era de orixe lituana, e o seu era un galego que emigrou até Cuba sendo un neno.[7][8] O seu pai naceu en Galicia, posiblemente na Coruña, sendo a súa familia orixinaria da vila de Neda,[9][10] e alí viviu até os dous anos de idade. Criouse en Cuba, pero emigrou moi novo a Nova York. O seu avó naceu na Mourela do Medio (Neda), no fondo da ría de Ferrol, e emigrou a Cuba, aínda que sempre regresaba a Galicia cando a muller estaba embarazada, porque quería que os seus fillos nacesen no país.[9][10]

Comezou a rodar curtametraxes e anuncios en 1960. Tras unha primeira experiencia no terror fundou cuns amigos a produtora Images Ten Productions, coa que filmou en 1968 A noite dos mortos viventes, que acabou por se converter nunha película de culto. A súa familia galega colaborou no financiamento do filme.[11]

Considerado o gran creador das películas de zombis (ás que volvería repetidamente na súa carreira), nos seus filmes emprega o terror para reflexionar sobre temas sociais, como o racismo (Night of the Living Dead), o consumismo (Dawn of the Dead) ou a loita de clases (Land of the Dead).

Filmografía

editar
Ano Filme Director Guionista Montador Actor Personaxe
1968 A noite dos mortos viventes         Washington reporter
1971 There's Always Vanilla    
1973 Season of the Witch      
The Crazies         Mayor
1978 Martin         Father Howard
Zombie         TV Director
1981 Knightriders      
1982 Creepshow    
1985 Day of the Dead       Zombie with scarf
Document of the Dead   El mesmo
1987 Creepshow 2  
Drive-In Madness   El mesmo
1988 Atracción diabólica    
1990 Tales from the Darkside: The Movie  
Two Evil Eyes    
Night of the Living Dead  
1991 O silencio dos cordeiros   Axente do FBI en Memphis
1993 The Dark Half    
2000 Bruiser    
The American Nightmare   El mesmo
2004 Dawn of the Dead  
2005 Midnight Movies: From the Margin to the Mainstream   El mesmo
Land of the Dead       Puppeteer
2006 Night of the Living Dead 3D  
2007 Diary of the Dead       Police Chief Arthur Katz
2008 Day of the Dead  
Dead On: The Life and Cinema of George A. Romero   El mesmo
2009 Deadtime Stories   El mesmo
Survival of the Dead    
2010 The Crazies  
2011 Deadtime Stories 2   El mesmo
  1. "Morreu George A. Romero, o pai dos filmes de zombies". tvi.iol.pt. 
  2. "George A. Romero, Father of the Zombie Film, Dies at 77". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2017. 
  3. Davis, Clint (2017-07-16). "George Romero, zombie movie icon, dies at 77". WFTS (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2017. 
  4. "El desconocido origen gallego de los zombis modernos". Vertele (en castelán). 2017-10-02. Consultado o 2023-09-24. 
  5. "A Santa Compaña puido ser a orixe dos zombis do cine americano, segundo un documental da Televisión de Galicia". CRTVG. Consultado o 2023-09-24. 
  6. "George A. Romero Biography (1940–)". Filmreference.com. 1940-02-04. Consultado o 2016-01-23. 
  7. "The GENRE ONLINE.NET Interview - Writer and Director George A. Romero". Genreonline.net. Consultado o 2016-01-23. 
  8. Maberry, Jonathan; Romero, George A. (11 de xullo de 2017). Nights of the Living Dead: An Anthology. St. Martin's Press. ISBN 9781250112255 – vía Google Books. 
  9. 9,0 9,1 George A Romero: un director de cine casi nedense Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine., article by historian Manuel Pérez Grueiro in Revista de Neda. Anuario Cultural do Concello de Neda, nº 11, pp 21-24, 2008, re-published on Central Librera Ferrol bookshop's website.
  10. 10,0 10,1 Os zombis teñen orixe galega, Praza Pública, 1/10/2013.
  11. Pereiro, Xosé Manuel. "Galicia, la Santa Compaña y los zombies". ctxt.es ; Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 2023-09-24. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar