Guión (arte)
Un guión é un relato técnico literario destinado a ser filmado ou televisado, no caso dos guións cinematográficos e televisivos; debuxado, no caso dos guións de banda deseñada; modelizado en 3D, co caso dun videoxogo ou filme de animación; servir de guía nunha emisión de radio como no caso do guión radiofónico ou desenvolver unha trama como no caso dun xogo de rol. Así, ademais da historia e os diálogos, especifícanse, en forma de acoutacións, diversas indicacións visuais ou auditivas precisas para converter o texto nun produto destinado ao público, achegándose dese xeito á escrita teatral.