Cinema de terror

xénero cinematográfico

O cinema de terror son películas que teñen o propósito de causar medo, terror e pánico aos espectadores. Moitos dos seus argumentos inclúen temas sobrenaturais. O cine de terror tamén contén, a miúdo, un vilán ou anatagonista. As primeiras manifestacións deste xénero cinematográfico estaban principalmente baseadas en clásicos da literatura do xénero gótico/horror, como Drácula, Frankenstein ou o moderno Prometeo, O lobishome, A pantasma da ópera e Dr. Jekyll e Mr. Hyde. Outros filmes de terror máis recentes, pola contra, toman a inspiración das inseguridades da vida trala Segunda Guerra Mundial, dando lugar aos tres distintos, pero relacionados, subxéneros: o horror de personalidade, da película Psicose; o terror á fin do mundo, da película Invasion of the Bodysnatchers; e o terror ao diaño, do filme O exorcista. Este último subxénero pode ser viso como unha transición moderna desde as primeiras películas de terror, expandindo a súa énfase nos axentes sobrenaturais que traen o horror ao mundo[1].

Lon Chaney, Sr. en A pantasma da ópera.

Etapa muda

editar

O día que os irmáns Lumière realizaron a súa primeira sesión de cinematógrafo converteron o director dun espectáculo dedicado á maxia no pai dos efectos especiais, e do cine fantástico como tal. O francés Georges Méliès, impresionado polo invento, non só fundou o “Montruil-sous-Bois”, o primeiro estudio cinematográfico da historia, senón que foi un dos directores máis destacados do cine dos comezos de século, no que se realizaban fundamentalmente películas de fantasía, até que o público se comezou a decantar por historias e dramas máis realistas. Un dos filmes máis destacados de Méliès foi Le Voyage dans la Lune, realizado no ano 1902.

Nestes primeiros filmes, as técnicas de efectos especiais procedían das usadas no teatro, ou de métodos clásicos, como a "lanterna máxica". As historias alimentábanse da literatura e o folclore popular. A primeira adaptación de Frankenstein ou o moderno Prometeo rodouse en 1910. Poucos anos despois, no ano 1913, George Fuchs fundou o Artistic Theatre en Múnic, onde se asentarían as bases da escenografía expresionista. O expresionismo alemán tería como tema esencial o terror, como demostra Der Student von Prag, de Paul Wegener, estreada no ano 1913.

Mentres, nos Estados Unidos, un coñecido actor de teatro debuta no cinema. Coñecido como "o Home das 1000 caras", Lon Chaney sería máis tarde a primeira grande estrela do cinema de terror. No ano 1917, Chaney interpretará a "Alonso", o home sen brazos do circo, que se lle amputaría realmente polo amor da Estreliña (Joan Crawford) nas Gadoupas Humanas, uns dos primeiros filmes do director Tod Browning. Chaney e o expresionismo alemán proporciónanos as películas máis memorábeis da época. Aló polo ano 1917, Robert Wiene plasma as constantes do cine expresionista en Das Cabinet des Dr. Caligari, ó igual que faría Murnau no ano 1922 con Nosferatu, primeira versión do relato Drácula de Bram Stoker.

Outro clásico do expresionismo é Metropolis (1926), dirixido por Fritz Lang. A película é considerada hoxe en día como o primeiro filme da ciencia ficción. No ano 1931, Lang dirixiría M, o Vampiro de Dusseldorf, protagonizada por Peter Lorre, e baseada na historia de Peter Künten. O título orixinal, os Asasinos entre nós, entre outras circunstancias persoais do director, precipitan a súa saída do país, escapando dos nazis, aló polo 1933.

Lang non é máis que un dos moitos directores e actores centroeuropeos que tiveron que emigrar a América, perseguidos polo fascismo. O primeiro éxodo xermano prodúcese en 1925, e intensifícase no 1927. Peter Lorre emigrará en 1935, e Béla Lugosi foise a Estados Unidos en 1921, debido ás súas actividades esquerdistas en Hungría, un pasado que xa lle estaba causando problemas. Mentres, Lon Chaney estreaba “o Corcovado de Notre Dame” no 1923, e “o Fantasma da Ópera” no 1925, o seus filmes de terror máis famosos. No ano 1928, o cinema sonoro expándese, xa de xeito considerábel. O primeiro filme sonoro do xénero que se lembra é “o Home que Ri”, de Paul Leni, que o rodaron nunha versión muda no ano 1927, e que se sonorizou ó ano seguinte para a súa distribución.

  1. Derry, Charles (1977). Macfarland, ed. Dark Dreams: A Psychological History of the Modern Horror Film. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar