Nosferatu
Nosferatu, eine Symphonie des Grauens, ou simplemente Nosferatu é un filme clásico do expresionismo alemán dirixido por F. W. Murnau e protagonizado por Max Schreck como o vampiro Conde Orlok. O filme, rodado en 1921 e estreado en 1922, foi unha adaptación non autorizada do Drácula de Bram Stoker, cos nomes e outros detalles cambiados porque o estudio non puido obter os dereitos da novela (o termo "vampiro" trocouse por "nosferatu" e "Conde Drácula" por "Conde Orlok").
Nosferatu | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nosferatu, eine Symphonie des Grauens |
Director | F. W. Murnau |
Produtor | Enrico Dieckmann Albin Grau |
Guión | Henrik Galeen |
Baseado en | Drácula de Bram Stoker |
Intérpretes | Max Schreck Gustav von Wangenheim Greta Schröder Alexander Granach Ruth Landshoff Wolfgang Heinz |
Música | Hans Erdmann |
Fotografía | Fritz Arno Wagner Günther Krampf |
Distribuidora | Film Arts Guild |
Estrea | 1922 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terror |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse editar
Na cidade de Wisborg viven felices o xove Hutter e a súa muller Ellen, ata que o escuro axente inmobiliario Knock decide enviar a Hutter a Transilvania para pechar un negocio co conde Orlok. Trátase da venda dunha leira de Wisborg, que linda coa casa de Hutter. Durante a longa viaxe, Hutter recala nunha pousada, onde bota unha ollada a un vello tratado sobre vampiros que atopa na súa habitación. Unha vez no castelo, é recibido polo sinistro conde. Ó día seguinte, Hutter érguese con dúas pequenas marcas no pescozo, que interpreta como picaduras de tabáns. Unha vez firmado o contrato, descobre que o conde é, en realidade, un vampiro. Ó velo partir cara o seu novo fogar, Hutter teme por Ellen.
Personaxes editar
- Max Schreck como Conde Orlok
- Gustav von Wangenheim como Thomas Hutter
- Greta Schröder como Ellen Hutter
- Alexander Granach como Knock
- Georg H. Schnell como Harding
- Ruth Landshoff como Ruth
- John Gottowt como Profesor Bulwer
- Gustav Botz como Profesor Sievers
- Max Nemetz como Capitán do Empusa
- Wolfgang Heinz como Primeiro ó mando do Empusa
- Heinrich Witte como Garda do asilo
- Guido Herzfeld como innkeeper
- Karl Etlinger como estudante con Bulwer
- Hardy von Francois como Doutor do hospital
- Fanny Schreck como Enfermeira do hospital
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nosferatu |
Ligazóns externas editar
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)