Abrir o menú principal

José Ernesto Díaz-Noriega, nado en Barcelona en 1912 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 2002, foi un director de cine catalán.

José Ernesto Díaz Noriega
Nome completoJosé Ernesto Díaz Noriega
Nacemento1912
 Barcelona
Falecemento21 de febreiro de 2002
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cine
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Casado con Julia Villalva Aguirre, durante a guerra civil española combateu co exército nacional, logo de que o seu sogro Federico Villalva, habilitado do Congreso dos Deputados, fose asasinado xunto ao seu fillo Bernardo, o 7 de xuño de 1936 nos arredores de Madrid.

Traballou como axudante de montes en Valencia, Madrid e na Coruña, onde chegou na década de 1950. Foi o primeiro presidente da Asociación de cine de Galicia e xurado de moitos festivais. Foi galardoado no Festival de Cannes e coas medallas de ouro dos festivais de Estoril e Dvronik.

En 2006 Marcos Nine rodou a mediametraxe biográfica Pensando en soledad e a curtametraxe J.E.D.N. , versión reducida da anterior.

ObraEditar

  • Las ninfas de la charca (1935)
  • El viejo parque del oeste (1936)
  • Un frente en calma
  • Banderas victoriosas (1939)
  • Dos versiones del mar
  • Sever Odnum (Mundo la revés) (1964)
  • El cine amateur (1965)
  • El Jurado
  • Al Nasr Altair
  • El festival
  • Bosques de Galicia
  • Los Suevos (1974)
  • Nuestros prados, nuestros montes

Fixo sonorizacións de filmes mudos como Nosferatu, Metropolis e Blood and Sand.

Tamén participou nas películas galegas Illa, O herdeiro, O pai de Migueliño (1977) e Fendetestas (1975).

Véxase taménEditar