Coordenadas: 49°12′N 16°37′L / 49.200, -16.617

Brno é unha cidade do sueste da República Checa, situada na rexión de Moravia Meridional, na unión dos ríos Svitava e Svratka, a 40 km de Austria e 60 km de Eslovaquia. No ano 2019 tiña 406.878 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país despois da capital, Praga.

Brno
Flag of Brno.svg
Brno (znak).svg
Brno Montage III.jpg
Vistas da cidade
Localización
Brno en República Checa
Brno
Brno
PaísRepública Checa República Checa
RexiónMoravia
Xeografía
Altitude237 msnm
Superficie230,19 km²
Demografía
Poboación406.878 hab. (2019)
Densidade1.800 hab./km²
Outros datos
Código postal600 00 – 650 00
AlcaldeMarkéta Vaňková (ODS)
Páxina Oficial de Brno

HistoriaEditar

Aínda que os asentamentos na conca de Brno remontan ós tempos prehistóricos, a data oficial de fundación é 1243, cando o rei de Bohemia outorga privilexios a esta aldea, permitindo o seu desenvolvemento. Na segunda metade do século XIII chegan alemáns, flamengos e valóns, e despois xudeus.

A inicios do século XVI integrase ao imperio austríaco. A mediados deste século inclínase pola reforma (protestantismo). Para contrarrestar instálanse na cidade varias ordes relixiosas, entre elas os Xesuítas e os Capuchinos.

Como praza forte, Brno destacou con éxito na súa resistencia contra os suecos en 1643 e 1645, e contra os prusianos en 1742.

No século XVIII Brno alberga industria téxtil e de enxeñaría. Chega o primeiro tren en 1839. Ós poucos perde as súas fortificacións e en 1850 deciden formar parte da cidade 32 municipios limítrofes. Convértese nun dos principais centros industriais de Austria cara o final do século XIX.

O problema dos nacionalismos alemáns e checos agudízase a inicios do século XX. A maioría alemá no concello finaliza en 1919. Ao disolverse o imperio austro-húngaro, como consecuencia da primeira guerra mundial, Brno queda en Checoslovaquia. En 1992, cando se divide o estado, Brno permanece na República Checa. A anexión de parte de Checoslovaquia por Alemaña e as accións da segunda guerra mundial provocan a expulsión dos habitantes alemáns da cidade en 1945.

PatrimonioEditar

Aínda conserva Brno factorías do comezo da revolución industrial, o que lle val o sobrenome de Manchester checo. Outro interese turístico é a Vila Tugendhat, obra de Ludwig Mies van der Rohe, mostra sobranceira de arquitectura contemporánea, construída nos anos 1920 por encargo da familia dun importante empresario da vila, e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar