Xavier Villaverde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Francisco Xavier Fernández Villaverde, máis coñecido como Xavier Villaverde, nado na Coruña o 2 de maio de 1958, é un director de cine galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Representante | LIMA (en) |
Participou en | |
12 de xuño de 1987 | documenta 8 |
Descrito pola fonte | mediakunst.net (en) |
Traxectoria
editarEn súper 8 e en galego filmou A Semente en 1977. Vencellado ó Equipo Imaxe rodou en 16mm o documental Circos (1979). En 1982 realizou en claves neorrealistas a súa primeira curtametraxe en 35mm, Tacón. Comezou a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. Con Viúva Gómez e Sexo Macumba insistiu no mesmo estilo experimental. A curtametraxe Alicia en Galicia (1986) recibiu o primeiro premio no 16º Festival Internacional de Cinema de Montreal.
En 1989 realizou a súa primeira longametraxe, Continental. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade, para dez anos máis tarde volver a dirección cinematográfica con Fisterra, onde termina o mundo (1999). A súa terceira longametraxe, tralo éxito de crítica e público de Fisterra, foi un filme de suspense e terror psicolóxico, Trece badaladas, baseada nunha idea do escritor Suso de Toro e rodada entre febreiro e maio do 2002 en Santiago de Compostela.
Despois de compartir a produción executiva da opera prima de Rodrigo Cortés, Concursante (2007) estreou O sexo dos anxos no 2012.
Filmografía
editarLongametraxes
editar- Continental (1989)
- Fisterra, onde termina o mundo (1999)
- Trece badaladas (2002)
- O sexo dos anxos (2012)
Vídeo
editar- Veneno Puro (1984)
- Viúva Gómez (1984)
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor director | O sexo dos anxos | Nomeado |
2015 | Premio de Honra "Fernando Rey" | Gañador |