Festival de Cans

festival de curtametraxes que se celebra na parroquia de Cans, no Porriño

O Festival de Cans é un festival de curtametraxes que se celebra desde 2004 na parroquia de Cans, no Porriño, en paralelo ao Festival de Cannes, no mes de maio. O festival naceu pola semellanza entre os dous nomes (se ben, en francés non se pronuncia o -s final de Cannes).

Festival de Cans
Tipofestival de cinema
Data de fundación2004
EnCans
PaísGalicia
42°09′45″N 8°35′47″O / 42.162602777778, -8.5962583333333
Na rede
http://www.festivaldecans.gal
IMDB: ev0004670 Facebook: festivaldecans Twitter: festivaldecans BNE: XX5635602 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas[1] e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en alpendres, adegas e baixos de casas; en vez de limusinas o "vehículo oficial" son os chimpíns etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".

Está organizado pola Asociación Cultural Arela e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato. Ten dúas seccións principais, unha de ficción e outra de animación. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como Por min e por todos os meus compañeiros de Judas Diz ese ano, e en 2007 Abrígate de Ramón Costafreda, Gritos no corredor de Juanjo Ramírez, Só concertinas de Víctor Coyote, Cartas italianas de Marios Iglesias, A noite que deixou de chover de Alfonso Zarauza, Doentes de Gustavo Balza, Personal Movie de Héctor Carré ou Escuchando al juez Garzón de Isabel Coixet. En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores videoclips galegos. En 2008 creouse a Sala Multiúsos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged.

Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros.

Polo Festival de Cans teñen pasado, como convidados, premiados ou participantes nos coloquios, Isabel Coixet[2], Juanma Bajo Ulloa, Fernando León de Aranoa, Manuel Martín Cuenca, Patricia Ferreira Mañá, Luís Tosar, Tristán Ulloa, Mabel Rivera, María Pujalte, José Sacristán, Xoel López, Kiko Veneno, Iván Ferreiro, Coque Malla, Javier Krahe, Manuel Rivas, Lucía Etxebarria, Suso de Toro, El Gran Wyoming, Teté Delgado, Antonio Durán "Morris", Julián Hernández, Suso Iglesias, Monti Castiñeiras, Xosé Barato e Emma Suárez, entre outros.[3]

En 2009 recibiu o Premio da Crítica Galicia, na sección Iniciativas culturais[4]. En 2011 a Deputación de Pontevedra concedeulle ao festival o Premio Provincial á Cultura na categoría de Innovación e Vangarda[5]. En 2013 recibiu o Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura.[6] No ano 2018 foille concedido o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual.[7]

Premiados

editar
  • Premio de Honra Pedigree´18: Chelo Loureiro.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Matria, de Álvaro Gago.
    • Mención especial do xurado: A Cat in the Window, de Félix Brixel.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: El reloj, de Borja Santomé.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de non ficción (sección Furacáns): Europa, de Hugo Amoedo.
  • Premio do público á mellor curtametraxe: Matria, de Álvaro Gago.
  • Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Matria, de Álvaro Gago.
  • Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina: Francisca Iglesias, por Matria.
  • Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina: Eloi Sánchez Palau, por Después de la bandera.
  • Premio CREA do xurado á mellor dirección: Miriam Albert Sobrino e Sonia Albert Sobrino (Also Sisters) por The Film Machine.
  • Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Luis Usón por Afterwork.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal: Raúl Costafreda por Sea.
  • Premio GIA INMOBILIARIA do xurado ao mellor videoclip: “Omertá”, de BALA, realizado por Gero Costas.
  • Premio do público ao mellor videoclip: “Sobre el mismo alambre”, de Silvia Penide, realizado por Miryam Pato.
  • Chimpíns de prata “Premio Pepe Puíme”:
    • Chelo Casalmorto e Constante Romero, veciños de Cans.
    • Isabel Blanco, actriz e presentadora.
  • Estrelas no torreiro:

[9]

  • Premio de Honra Pedigree´17: Miguel de Lira.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Aava, de Andrea Zapata-Girau.[10]
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Decorado, de Alberto Vázquez.
    • Mención especial do xurado: Lago Sabroso, de Borja Santomé.
  • Premio do público á mellor curtametraxe: Einstein-Rosen, de Olga Osorio.
  • Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Volant, de Raquel Pérez.
  • Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina: Arantxa Aranguren por La Madrina.
  • Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina: Ricardo de Barreiro e Xúlio Abonjo (ex aequo) por Einstein-Rosen.
  • Premio CREA do xurado á mellor dirección: Andrea Zapata-Girau por AAVA.
  • Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Einstein-Rosen, de Olga Osorio.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal: Manuel Riveiro por The Magic Oven.
  • Premio GIA INMOBILIARIA do xurado ao mellor videoclip: Mi Re La, de Oh! Ayatollah, realizado por Xaime e Antón Miranda.
  • Premio do público ao mellor videoclip: Restos de un naufragio, de Igloo, realizado por Fran X. Rodríguez.
  • Chimpíns de prata “Premio Pepe Puíme”:
    • Feliciano Bernárdez “Xano”, veciño de Cans.
    • Jorge Coira, director, guionista e montador.
  • Estrelas no torreiro:
  • Premio de Honra Pedigree´16: Emma Lustres[11].
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, por unanimidade: Viaje a Pies, de Khris Cembe.
  • Premio do público á mellor curtametraxe: Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez.
  • Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Lurna, de Nani Matos.
  • Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Diaryatou Daff por Lurna.
  • Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Xosé Barato por A liña política.
  • Premio CREA do xurado á mellor dirección: Juan Hervella-Rego por Share o no Share.
  • Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Marcos Nine por Ladrones de Tiempo.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora: Manu Conde por Lurna.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip: Buscando a Superfama de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio.
  • Mención especial do xurado para El último esfuerzo de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa.
  • Premio do público ao mellor videoclip: With my hands, de Furious Monkey House, realizado por J.D.Gamallo.
  • Premio de Honra Pedigree´15: Javier Gutiérrez.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe: Currican, de Alvaro Gago.
  • Mención especial do xurado: Ula, de Alejandra Sotelo e M is for Melon, de Luis Solarat.
  • Premio do público á mellor curtametraxe: Deber, de Ángel Manzano.
  • Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Disney, de Jorge Saavedra Mancebo.
  • Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Marta Larralde por Disney.
  • Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Fernando González por Disney.
  • Premio CREA do xurado á mellor dirección: Carlos Martínez-Peñalver por Nocturna.
  • Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Ángeles Huerta por The Fetch.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora: Nico Casal por Unary.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip: Magma y Trueno, de Guerrera, realizado por Adrián González e Rafael Pérez.
  • Premio do público ao mellor videoclip: Floating, de Mequetrefe, realizado por Xaime Miranda Méndez.
  • Premio de Honra Pedigree´14: María Bouzas.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Ser e voltar, de Xacio Baño.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, por unanimidade: Jamón, de Iria López.
  • Premio do público á mellor curtametraxe: Tupper, de Ángel Manzano.
  • Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: 3-1=0.
  • Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Déborah Vukusic por 3-1=0.
  • Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Javier Gutiérrez por Tupper.
  • Premio CREA do xurado á mellor dirección: Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por Koan.
  • Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Hogar Hogar, de Carlos Alonso Ojea.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora: Gautier Galard por Jamón.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip: “Un gran hijo de puta” de Los Árboles. Dirixido por Manuel Valcárcel.
  • Premio do público ao mellor videoclip: “Carreteras” de Dakidarría. Dirixido por Andrés H. Bonader.
  • Mención especial para a fotografía de Luís Solarat en La Carne Cruda.
  • Premio de Honra Pedigree´13: Manuel Manquiña.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Calquera infinito posible, dirixida por Roi Fernández.
  • Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: Flores para Amalia, dirixida por Nani Matos.
  • Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: Flores para Amalia, dirixida por Nani Matos.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Sangre de unicornio, dirixida por Alberto Vázquez.
  • Premio do público á mellor curtametraxe de animación: Only you, dirixida por Belén Sousa.
  • Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Carlos Blanco Vila, por Mal de sangre.
  • Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Helena Miquel, por Mal de sangre.
  • Premio do xurado ao mellor guión: Robin & Robin, escrito por María Pérez e Hugo Amoedo.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora: Calquera infinito posible, con música de Roi Fernández.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip: “Mundo en trance”, de Lemuripop, realizado por Soledado Rebollo.
  • Premio do público ao mellor videoclip: “Terra”, de Dakidarría, realizado por Julián Maguna.
  • Premio de Honra Pedigree´12: Antonio Durán "Morris".
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Mr Bear, dirixida por Andrés Rosende.
  • Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: Dúas letras, dirixida por Eloy Varela.
  • Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: Dúas letras, dirixida por Eloy Varela.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: O xigante, dirixida por Luis Matta e Julio Vanzeler.
  • Premio do público á mellor curtametraxe de animación: El club del bromista, dirixida por Luis Usón.
  • Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Luis Zahera, por Conversa cunha muller morta.
  • Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Teresa Fraga, por Dúas letras.
  • Premio do xurado ao mellor guión: El baile maldito, escrita por Rafa de los Arcos e Miguel Ángel Blanca.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip: “Puerto del sonido”, de Mullet, realizado por Rubén Domínguez.
  • Premio do público ao mellor videoclip: “Desequilibrios”, de Baldosa Amarilla, realizado por Tomás Martínez.
  • Premio Pedigree'05 de honra: Celso Bugallo.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción: Intensidade, de Mario Iglesias.
  • Premio do xurado á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto), de Juan Pablo Echeberry.
  • Premio do público á mellor curta de ficción: A boa caligrafía, de Álex Sampaio.
  • Premio do público á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto), de Juan Pablo Echeberry.
  • Premio Pedigree'04 de honra: Luís Tosar.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción: A petición de man, de Ben Temple.
  • Premio do xurado á mellor curta de animación: De tripas e corazón, de Juan Pablo Echeberry.
  • Premio do público: A petición de man, de Ben Temple.
  1. "Bases para a presentación de curtametraxes." (PDF). Festival de Cans. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  2. "Isabel Coixet coloca a súa estrela no paseo da fama do Festival de Cans.". Diario de Pontevedra. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  3. "El audiovisual gallego cumple 10 años en Cans.". ABC. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  4. "Festival Audiovisual de Cans.". Fundación Premios da Crítica Galicia. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  5. Porto, G. "El Festival de Cans recibirá el Premio Provincial de Cultura.". Faro de Vigo. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  6. "O Ateneo de Ourense recoñece a Reixa e o Festival de Cans.". Culturagalega.org. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  7. "Premios da Cultura Galega 2018". cultura.gal. Consultado o 16/12/2018. 
  8. "Palmarés do ano 2018". Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  9. "Palmarés 2017". www.festivaldecans.gal. Consultado o 2018-12-16. 
  10. "Unha curta do proxecto da Deputación de Pontevedra “Cinema e mulle” recibe un premio no Festival de Cans". Xornal21. 29 de maio de 2017. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  11. "Emma Lustres, Pedigree 2016 | Festival de Cans". www.festivaldecans.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-31. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar