Curtametraxe

produción audiovisual ou cinematográfica máis breve que unha longametraxe

Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos.

Le Voyage dans la Lune, unha das primeiras curtas de ciencia ficción.

Terminoloxía e lexislación

editar

Segundo o DRAG, unha curtametraxe ou curta é unha película de curta duración, sen especificar canto.[1] Segundo o DIGALEGO, curtametraxes son películas que teñen unha duración inferior a trinta minutos e superior a oito.[2]

Os filmes de entre 30 e 60 minutos adoitan chamarse mediametraxes. A partir dunha hora de duración considéranse longametraxes. Con todo, esas definicións poden variar e diversas convocatorias e festivais aceptan curtas de até 60 minutos, aínda que non hai unha lei galega que o limite, hai leis de ámbito estatal español e portugués que definen como curtametraxe calquera produción audiovisual inferior a unha hora.[3][4]

  1. "curta / curtametraxe". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-02-21. 
  2. "curtametraxe". digalego.xunta.gal. Consultado o 21 de febreiro de 2025. 
  3. "El cortometraje no existe (y el largometraje tampoco)". Ismael Martin (en castelán). 2018-11-14. Consultado o 2025-02-21. 
  4. "::: DL n.º 25/2018, de 24 de Abril". www.pgdlisboa.pt. Consultado o 2025-02-21. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.