Álvaro Gago
cineasta galego
Álvaro Gago Díaz, nado en Vigo o 21 de xuño de 1986,[1] é un cineasta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1986 Vigo, España |
Educación | Facultade de Comunicación de Pontevedra campus de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, montador, guionista |
Premios | |
Gran premio do xurado no Festival de Cinema de Sundance | |
|
Traxectoria
editarEn 2008 licenciouse en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo. No 2009 trasladouse a Chicago a estudar teatro. Un ano máis tarde mudou a súa residencia a Londres para proseguir os seus estudos de cinema na London Film School.
En xaneiro de 2018 acadou o premio do xurado no Festival de Cinema de Sundance coa súa curtametraxe Matria.[2] E en maio do mesmo ano recibiu o premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción no Festival de Cans.[3] Neste festival tamén conseguiu o premio do público á mellor curtametraxe e o premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe.
Obra
editar- Endless Chicago, filme documental, SD, 6’, 2008-2009, producido pola Universidade North Park (Chicago, EUA).
- Doremi, curtametraxe, HD, 20’, 2010, producido por The Other Self (RU).
- Curricán, curtametraxe, 16mm, 16’, 2013, coprodución Sombriza Films (España) & The London Film School (RU).
- Bombolles, curtametraxe, HD, 2’, 2015, producido por Black Factory Cinema (España).
- Matria, curtametraxe, HD, 20’, 2017, producido por Sombriza Films (España).[4]
- 16 de Decembro, curtametraxe.[5]
- Matria, filme de 2023.
Notas
editar- ↑ Currículo en PDF do persoeiro (en inglés).
- ↑ "Álvaro Gago, premiado en Sundance por 'Matria' cóntanos as súas primeiras impresións desde os Estados Unidos", CRTVG, 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Palmarés 2018 do Festival de Cans". www.festivaldecans.gal. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "Matria, a curta que lles dá voz "ás mulleres silenciadas que soportan e calan"", Praza Pública, 30 de outubro de 2017.
- ↑ Gago, Álvaro (7 de agosto de 2019). Álvaro Gago: "Para os premios Goya é un demérito facer cinema en galego". Galicia Confidencial. Entrevista con Brais Nogueira. Consultado o 8 de agosto de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web (en inglés), (en castelán).