Facultade de Comunicación de Pontevedra
Facultade de Comunicación de Pontevedra | |
---|---|
Vista xeral da facultade e entrada da mesma | |
Universidade: | Universidade de Vigo |
Localización: | Pontevedra |
Campus: | Pontevedra |
Enderezo: | Campus da Xunqueira 36005 |
Ano de fundación: | 29 de xullo de 1993 |
Decano: | Xosé Manuel Baamonde Silva |
Docentes: | 66 |
Estudantes: | 700 [1] |
Teléfono: | 986801999 |
Correo electrónico: | sdfasoc@uvigo.es |
Páxina web: | facultadedecomunicación pontevedra |
A Facultade de Comunicación de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no campus da Xunqueira.
Historia
editarA Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, xerme da actual Facultade de Comunicación, creouse polo decreto 192/1993, do 29 de xullo, no seu artigo 19.[2] A licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas, única no Sistema Universitario de Galicia, foi a primeira implantada na facultade. O decano-comisario que elaborou o plan de estudos para a nova licenciatura foi Alejandro Pizarroso Quintero, catedrático da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.[3] O plan de estudos foi aprobado o 1 de xullo de 1994.[4]
A facultade de Ciencias Sociais entrou en funcionamento en Pontevedra o 10 de outubro de 1994 nun edificio provisional, o antigo fogar provincial na rúa Serra, na que permaneceu ata o ano 2000[5] no que empezou a funcionar o novo grande edificio da facultade construído no Campus da Xunqueira, deseñado polo arquitecto santiagués José Carlos Arrojo Lois.[6]
En 1999 polo decreto 250/1999 do 9 de setembro, no seu artigo 4, implantáronse na facultade os estudos de Xestión e Administración Pública sendo a segunda carreira universitaria que se puido cursar no centro.[7]
En maio de 2003 autorizouse á facultade para impartir a licenciatura en Comunicación Audiovisual así como o cambio de nome de Ciencias Sociais, pasando a denominarse Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.[8][9]
O 7 de xullo de 2022, por decreto 133/2022, creouse no Campus de Pontevedra a Facultade de Dirección e Xestión Pública, pasando o grao de Dirección e Xestión Pública a impartirse nesa facultade.[10][11][12]
O 29 de decembro de 2022, polo decreto 230/2022 da Consellería de Educación a facultade pasou a denominarse Facultade de Comunicación.[13][14]
Titulacións
editarComo estudos de posgrao acolle os seguintes másters:[15]
- Máster en Dirección de Arte en Publicidade.[16][17]
- Máster en comunicación en medios sociais e creación de contidos dixitais.[18][17]
Ademais ofrece o Doutoramento en Comunicación, aprobado polo Consello de Universidades.[17][15]
Instalacións
editarNo primeiro piso da Facultade sitúase a Biblioteca Central do Campus de Pontevedra. O edificio dispón de dous estudios de radio e dous platós (de televisión e de cinema). Ademais conta cunha sala de protools, onde se pode rodar unha maqueta profesional, de doce cabinas de edición de Avid e de varias aulas de informática.[6]
Equipo decanal
editarO decano da facultade é Xosé Manuel Baamonde Silva, e os vicedecanos son José Pita, Xabier Martínez Rolán e Rosa Ricoy Casas. A secretaria é Silvia García Mirón.[19][20]
Actividades
editarA facultade acolle unha semana de conferencias e actividades formativas centradas na creatividade publicitaria e audiovisual e que se desenvolven no mes de abril. Agrúpanse baixo o nome de Culturkata e nelas participan como relatores profesionais de referencia e egresados.[21]
A facultade tamén outorga os premios Resaka das Letras, RdL. A Galipedia recibiu no 2006 "G" de platino, a maior distinción.[22]
Cultura
editarA finais de abril, a festa maior do campus de Pontevedra, Santa Kata ou Santa Catabirra, está dedicada á patroa da Facultade de Comunicación, Santa Catarina de Siena. Miles de mozos de toda Galicia participan nesta festa.[23]
Galería
editar-
Entrada da facultade
-
Fachada sur
-
Fachada lateral suroeste
-
Fachada traseira da facultade
-
Fachada nordés
Notas
editar- ↑ "El Gobierno gallego ratifica el cambio de nombre de Ciencias Sociales y de la Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de decembro de 2022.
- ↑ "DECRETO 192/1993, do 29 de xullo, polo que se axustan titulacións impartidas na Comunidade Autónoma, se concede autorización de novos estudios e se crean máis centros no sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. 17 de agosto de 1993.
- ↑ 3,0 3,1 "Dos décadas formando a comunicadores". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de outubro de 2014.
- ↑ "Resolución de 7 de noviembre de 1994, de la Universidad de Vigo, por la que se ordena la publicación de los planes de estudios conducentes a la obtención de los títulos de Licenciado en Psicopedagogía, Diplomado en Trabajo Social y Diplomado en Educación Social de la Facultad de Humanidades de Orense y Licenciado en Publicidad y Relaciones Públicas de la Facultad de Ciencias Sociales de Pontevedra." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 23 de novembro de 1994.
- ↑ "Aquellos maravillosos años de vino, rosas y revolución en Ciencias Sociais". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 "Buenas instalaciones y sinergias para paliar la falta de espacio". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ "DECRETO 250/1999, do 9 de setembro, polo que se crean centros e se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan na Universidade de Vigo.". Diario Oficial de Galicia. 17 de setembro de 1999.
- ↑ "La Universidad aprueba el plan de estudios de Comunicación Audiovisual". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 2003.
- ↑ 9,0 9,1 "DECRETO 265/2003, do 15 de maio, polo que se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan no Sistema Universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. 23 de maio de 2003.
- ↑ "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022.
- ↑ "Publicado en el DOG el cambio de nombre de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 20 de xaneiro de 2023.
- ↑ "DECRETO 230/2022, de 29 de diciembre, por el que se modifica la denominación de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 20 de xaneiro de 2023.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 "Penúltimo paso para el cambio de nombre de Ciencias Sociales a Facultad de Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 16 de decembro de 2022.
- ↑ "«Síntome afortunada polo ambiente que atopei»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 2020.
- ↑ "Un máster con emprego seguro". Diario de Pontevedra. 7 de decembro de 2022.
- ↑ "Xosé Baamonde elegido decano de la facultad de Ciencias Sociais". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de decembro de 2015.
- ↑ "Xosé Baamonde elegido decano de la Facultad de Ciencias Sociales e da Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 17 de decembro de 2015.
- ↑ "Culturkata: da publicidade contra as desigualdades á verificación da información". Diario de Pontevedra. 18 de abril de 2023.
- ↑ "A Resaka das Letras premia a Galipedia como mellor sitio web en galego". Vieiros. 1 de xuño de 2006.
- ↑ "Miles de jóvenes de toda Galicia participan en la fiesta Santa Kata 2017". Faro (en castelán). 28 de abril de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Facultade de Comunicación de Pontevedra |
Outros artigos
editar- Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra
- Facultade de Belas Artes de Pontevedra
- Facultade de Deseño de Pontevedra