Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra

universidade en Pontevedra

Coordenadas: 42°26′25″N 08°38′16″O / 42.44028, -8.63778

Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra

Vista xeral do edificio da facultade
Universidade: Universidade de Vigo
Localización: Pontevedra
Campus: Pontevedra
Enderezo: Campus da Xunqueira
36005
Ano de fundación: 7 de xullo de 2022
Decano: Enrique José Varela Álvarez
Docentes: 39
Estudantes: 225[1]
Teléfono: 986801877
Correo electrónico: direccionygestionpublica@uvigo.es
Páxina web: facultadedirecciónxestiónpública pontevedra

A Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no campus da Xunqueira.

Historia editar

A Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra creouse en 2022 polo decreto 133/2022, do 7 de xullo, no seu artigo 2.[2][1][3] Ata ese momento os estudos de Dirección e Xestión Pública estiveron integrados na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.[4][1]

En 1999 polo decreto 250/1999 do 9 de setembro, no seu artigo 4, implantáranse na facultade de Ciencias Sociais os estudos de Xestión e Administración Pública, únicos en Galicia, sendo a segunda carreira universitaria que se puido cursar nese centro.[5]

En 2009 a carreira universitaria de Xestión e Administración Pública converteuse no grao denominado Dirección e Xestión Pública polo decreto 385/2009, do 27 de agosto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu artigo 3.[6] No curso académico 2009-2010 leváronse a cabo cambios significativos na estrutura do plan de estudos e nas prácticas[7] e por resolución do 15 de outubro de 2010 publicouse o novo plan de estudos.[8]

A facultade de Dirección e Xestión Pública ten a súa sede actualmente no mesmo edificio que a facultade de Comunicación no campus da Xunqueira. No futuro construirase un edificio para albergala no barrio de Tafisa, alén do Lérez, conxuntamente coa nova facultade de Deseño.[9]

Titulacións editar

  • Grao en Dirección e Xestión Pública.[10] Ofrécense dúas modalidades de estudo: unha presencial e outra virtual.[11] É un título único no Sistema Universitario de Galicia e algunhas materias pódense cursar en inglés.[12]

Como estudos de posgrao acolle o seguinte máster:

  • Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional.[10] Ofrécese nunha modalidade en liña.[11]

Na facultade coordínase o Doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible.[13]

Equipo decanal editar

O primeiro decano da facultade é Enrique José Varela Álvarez, e os vicedecanos son Xosé Mahou e Soraya Rodríguez. O secretario é Óscar Briones.[14][11]

Actividades editar

A facultade organiza actividades didácticas para os seus estudantes como as visitas ao Parlamento de Galicia ou á Valedora do Pobo.[15] Ademais a facultade conta con convenios de prácticas con empresas e administracións públicas e é unha das carreiras con maior e máis rápida empregabilidade dos seus titulados.[4]

Tras cada proceso electoral en España, o profesorado da facultade especializado en Ciencia Política e da Administración e a delegación de alumnos do centro realizan un encontro público para analizar de maneira científico-política os resultados dos comicios municipais, autonómicos e estatais.[16][17]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022. 
  2. "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022. 
  3. "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Las razones de Dirección e Xestión Pública para convertirse en facultad". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de febreiro de 2020. 
  5. "DECRETO 250/1999, do 9 de setembro, polo que se crean centros e se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan na Universidade de Vigo.". Diario Oficial de Galicia. 17 de setembro de 1999. 
  6. "DECRETO 385/2009, do 27 de agosto, polo que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2009-2010.". Diario Oficial de Galicia. 16 de setembro de 2009. 
  7. "El deporte de élite se abre paso en el mundo de la gestión pública". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de abril de 2013. 
  8. "RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2010 pola que se publica o plan de estudos da titulación de grao en Dirección e Xestión Pública.". Diario Oficial de Galicia. 10 de novembro de 2010. 
  9. "Un edificio modular albergará las facultades de Deseño y Dirección e Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2022. 
  10. 10,0 10,1 "Dirección e Xestión Pública, un grado en tres modalidades". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de agosto de 2020. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Enrique Varela, elegido decano de Dirección e Xestión Pública con una aplastante mayoría". Diario de Pontevedra (en castelán). 28 de novembro de 2022. 
  12. "Dirección e Xestión Pública incorpora la opción de cursar materias en inglés". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 2017. 
  13. "El 'Programa de doctorado en creatividad e innovación social y sostenible' consolida el campus CREA de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 26 de novembro de 2021. 
  14. "Enrique Varela, elegido primer decano de la Facultade de Dirección e Xestión Pública". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2022. 
  15. "Alumnado de Dirección y Gestión Pública visita el Parlamento". Faro (en castelán). 4 de novembro de 2022. 
  16. "Estudiantes de Dirección e Xestión Pública analizan los resultados del 28-M". Pontevedra Viva (en castelán). 6 de xuño de 2023. 
  17. "El alumnado de Dirección e Xestión Pública analiza los resultados del 28M". Faro (en castelán). 7 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar