Facultade de Deseño de Pontevedra
A Facultade de Deseño de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no centro da cidade, único no noroeste de España.[1]
Facultade de Deseño de Pontevedra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | facultade ![]() | |||
Parte de | Universidade de Vigo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Pontevedra ![]() | |||
Localización | campus de Pontevedra ![]() | |||
Rúa | rúa Benito Corbal ![]() | |||
Código postal | 36001 ![]() | |||
Enderezo | Rúa Benito Corbal, 47 e Calle Benito Corbal, 47 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 7 de xullo de 2022 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Número estudiantes | 260 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | deseno.uvigo.gal… ![]() | |||
Teléfono | +34-986-80-18-90 ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO proceso para a implantación da Facultade de Deseño na cidade de Pontevedra púxose en marcha en outubro de 2020.[2][3]
A Facultade de Deseño de Pontevedra creouse en 2022 polo decreto 133/2022, do 7 de xullo, no seu artigo 1.[4][5] Segundo o citado decreto a facultade poderá albergar á parte do grao en deseño, outras futuras titulacións, tanto de grao como de máster, relacionadas co ámbito do deseño. Aínda que nun principio estaba previsto o comezo das clases na facultade en 2022 coa posta en marcha do grao en Deseño, aprazouse finalmente por atraso nos trámites administrativos para o curso académico 2023-2024.[6]
A sede inicial provisional da facultade de Deseño son as plantas sexta e sétima[7] do Edificio da Xunta de Galicia cedidas para uso da universidade no centro da cidade de Pontevedra, na rúa Benito Corbal, 47.[8][9] Está prevista a construción dun edificio específico que acollerá a sede definitiva da facultade no barrio de Tafisa, na marxe esquerda do río Lérez, na beira oposta á que se atopa o campus da Xunqueira.[10] Ata a construción do novo edificio no barrio de Tafisa, a docencia desenvolverase no edificio da rúa Benito Corbal e tamén nalgúns espazos compartidos na Facultade de Belas Artes como os talleres téxtiles.[3]
Titulacións
editar- Grao en Deseño.[3] É un título único no Sistema Universitario de Galicia. Contémplanse dúas orientacións, unha de deseño gráfico e dixital e outra en deseño de moda, ofrecendo unha formación transversal baseada en áreas de coñecemento relacionadas coas Belas Artes e as áreas de Comunicación Audiovisual, Informática, Historia da arte, Deseño, Socioloxía ou Didácticas Especiais.[11]
Como estudos de posgrao a facultade acollerá o seguinte máster:
- Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda. Na actualidade o máster impártese na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e será adscrito á facultade de Deseño no curso académico 2023-2024.[3]
Equipo decanal
editarO decano-comisario da facultade de Deseño é Marcos Dopico Castro.[1][3]
Actividades
editarNa cidade celebráronse actividades relacionadas co deseño noutros centros universitarios do campus de Pontevedra como as relacionadas co Encontro Nacional de Deseño organizadas en outubro de 2022.[12]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "«Ahora la titulación es un proyecto de campus y no de Belas Artes»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xullo de 2019.
- ↑ "Luz verde a las facultades de Deseño y de Xestión Pública en el campus de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de febreiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022.
- ↑ "Peligra la implantación del Grao en Deseño en el campus el próximo curso". Diario de Pontevedra (en castelán). 30 de marzo de 2022.
- ↑ "Forestais e DXP repiten como os únicos graos que empezan o curso con vacantes". Diario de Pontevedra. 5 de setembro de 2023.
- ↑ "Luz verde a la creación en Pontevedra de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "El grado en Diseño y Creación tendrá espacios propios en el edificio administrativo de Benito Corbal". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de maio de 2020.
- ↑ "Un edificio modular albergará las facultades de Deseño y Dirección e Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2022.
- ↑ "Diseño y Creación tendrá facultad propia en Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 18 de xullo de 2019.
- ↑ "Pontevedra, capital española del diseño". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Facultade de Deseño de Pontevedra |