Diario Oficial de Galicia

Diario Oficial de Galicia.png

O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.

Decreto polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (PDF).

HistoriaEditar

Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] Até 1982 denominouse Boletín Oficial da Xunta de Galicia.[2] En maio de 2011 deixou de editarse a versión en papel, existindo desde entón só a versión dixital.

NotasEditar

  1. "Diario Oficial de Galicia" (1). Xunta de Galicia. venres, 1 de decembro de 1978. Consultado o 5 de marzo de 2017. 
  2. Mikelarena, Fernando (1997). "La documentación legislativa generada en el estado español" (PDF). Bilduma: Revista del Servicio de Archivo del Ayuntamiento de Errenteria (en castelán) (11): 19–46, en 31. ISSN 0214-624X. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar