Boletín Oficial de Galicia
O Boletín Oficial de Galicia foi a publicación periódica oficial de Galiza desde 1833 até 1834.
Boletín Oficial de Galicia | |
---|---|
![]() Primeiro número | |
Nº de páxinas | 4 |
Fundación | 20 de abril de 1833 (decreto) 1 de setembro (publicación) |
Remata | maio de 1834 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Ámbito | nacional (Galiza) |
Impresión | Iguereta |
Sucesor | boletíns provinciais |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia Editar
Foi creado polo real decreto de 20 de abril de 1833. Posto en poxa, conseguiuno Arza polo resto do ano e o seguinte, mais imprimiuno Iguereta.
Comezou a publicación en 1 de setembro de 1833. Tiña catro páxinas, imprimíase co rodapé de «Imprenta del Boletín», e saía tres días á semana: domingo, terza e sexta feira. Mediante real orde de 21 de novembro suprimiuse o número do domingo para reducir o custo, con efectos a partir de 1 de decembro.
Publicouse até a fin de maio de 1834, cando foi substituído polos boletíns oficiais das novas catro provincias galegas ó se abolir o reino de Galiza como referente administrativo nunha reforma territorial que instaurou un Estado centralizado chamado España.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Carré Aldao, Uxío (1909). "Periódicos de La Coruña: Boletín Oficial de Galicia (1833-1834)". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) (A Coruña) III (28): 86–87.