21 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 21 de novembro é o 325º día do ano no Calendario Gregoriano e o 326º nos anos bisestos. Quedan 40 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1272: en Inglaterra, tras a morte do rei Henrique III (o 16 de novembro), o seu fillo, Eduardo I convértese en rei.
- 1877 - Thomas Alva Edison anuncia a invención do fonógrafo.
- 1920 - En Dublín ten lugar o Domingo Sanguento.
- 1962 - Durante a Guerra Indo-Chinesa, o Exército de Liberación Popular Chinés declara un alto o fogo unilateral.
- 1979 - A embaixada estadounidense en Islamabad (Paquistán) é atacada e incendiada por unha turba.
- 2002 - Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Letonia, Lituania e Romanía son invitadas a unirse á OTAN.
Nacementos
editar- 1694 - Voltaire, filósofo francés (m. 1778).
- 1760 - Manuel Pardo de Andrade, un dos pais do xornalismo galego, foi escritor e un comprometido activista da causa liberal, motivo polo que tivo que exiliarse.
- 1785 - William Beaumont, cirurxián militar estadounidense (m. 1853).
- 1870 - Alexander Berkman, escritor anarquista lituano (m. 1936).
- 1897 - Jesusa Prado, política e revolucionaria galega (m. 1971).
- 1898 - René Magritte, artista surrealista belga (m. 1967).
- 1904 - Coleman Hawkins, saxofonista e clarinetista de jazz estadounidense (m. 1969).
- 1922 - María Casares, actriz que triunfou no exilio en Francia (m. 1996).
- 1941 - Julio Anguita, político comunista andaluz.
- 1941 - Michel Suleiman, presidente do Líbano.
- 1944 - Miguel Barros Puente, escritor e político galego.
- 1954 - Carmen Avendaño, activista contra o narcotráfico galega.
- 1962 - Senén Barro Ameneiro, ex-reitor da Universidade de Santiago de Compostela
- 1965 - Björk, cantante, compositora e actriz islandesa.
- 1967 - Rafael Louzán, político galego.
- 1968 - Alex James, músico inglés.
- 1985 - Carly Rae Jepsen, cantautora canadense.
Mortes
editar- 1878 - Francisco Salmerón, político e ministro español (n. 1822).
- 1881 - Santiago Durán Lira, militar e mariño galego (n. 1878).
- 1916 - Arquiduque Francisco Xosé, emperador de Austria (n. 1830).
- 1918 - Francisco Romero Blanco, médico galego (n. 1838).
- 1922 - José Sellier, fotógrafo galego (n. 1850).
- 1922 - Ricardo Flores Magón, xornalista, escritor e político anarquista mexicano (n. 1873).
- 1936 - Fortunato Carreras Trigo, funcionario e político galego.
- 1952 - Henriette Roland Holst, poeta holandesa (n. 1869).
- 1970 - Chandrasekhara Venkata Raman, físico indio (n. 1888).
- 2000 - Ernest Lluch, político catalán (n. 1937).
- 2007 - Fernando Fernán Gómez, escritor, actor, guionista, director de cine e de teatro español.
- 2015 - Carlos Oroza, poeta galego (n. 1923).
Festas e celebracións
editar- Día Mundial da Televisión [1]
- Día Mundial da Filosofía.
- Día Nacional do Ictus.
- Día Internacional da Espiña Bífida.
Outros
editarNotas
editar- ↑ "World Television Day" (en inglés)..