26 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 26 de novembro é o 330º día do ano do calendario gregoriano e o 331º nos anos bisestos. Quedan 35 días para acabar o ano.
Acontecementos
editar- 579 - É electo o papa Paio II.
- 1648 - O papa Inocencio X denuncia o Tratado de Westfalia que, un mes antes, puxera fin á guerra dos Trinta Anos.
- 1680 - Lois XIV declara a guerra á Holanda
- 1764 - A Compañía de Xesús (Xesuítas) é prohibida en Francia.
- 1801 - Charles Hatchett anuncia a descuberta dun novo elemento químico, ao cal deu o nome de Colombio (anos despois redescuberto e bautizado como Niobio).
- 1812: as tropas de Napoleón, na súa retirada da invasión de Rusia, son alcanzadas e masacradas polos exércitos rusos durante o cruzamento do río Berezina.
- 1865 - Lewis Carroll envíalle o manuscrito de Alicia no país das marabillas a Alice Liddell.
- 1922 - Howard Carter e Lord Carnavaron tornanse as primeiras persoas a entraren na tumba do rei exipcio Tutankhamon en 3000 anos.
- 1941 - Segunda guerra mundial: a frota da Mariña Imperial Xaponesa, incluíndo seis portaavións comandados polo vicealmirante Chuichi Nagumo, deixa a baía de Hitokappu, nas Ilhas Kuril, en dirección a Pearl Harbor co obxecto de atacalo.
- 1941 - Franklin Delano Roosevelt, presidente dos Estados Unidos, establece que o Día de Acción de Grazas será o cuarto xoves de novembro.
- 1942 - Estrea da película Casablanca.
- 1950 - O exército da China entra na Corea do Norte e ataca as tropas americanas e sur-coreanas.
- 1965 - Francia tórnase no terceiro país (após os EUA e a Unión Soviética) en posuír armamento nuclear co lanzamento dun mísil en Alxeria.
- 2001 - Mikhail Gorbachev funda o Partido Social-Demócrata Ruso.
- 2003 - Último voo comercial do avión supersónico Concorde.
Nacementos
editar- 907 - Rosendo de Celanova, abade, bispo e conde galego (m. 977).
- 1786 - José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, político e escritor español (m. 1843).
- 1853 - Félix Estrada Catoyra, médico e escritor galego (m. 1938)
- 1857 - Ferdinand de Saussure, lingüista suízo (m. 1913).
- 1867 - Xosé Baldomir, compositor galego.
- 1884 - Antonio Palmeiro Pérez, mestre e sindicalista galego (m. 1936).
- 1898 - Karl Ziegler, químico alemán (m. 1973)
- 1909 - Eugène Ionesco, dramaturgo franco-romanés (1994).
- 1918 - Patricio Aylwin presidente do Chile entre 1990 e 1994.
- 1922 - Charles Schulz, deseñador de banda deseñada estadounidense, creador do Charlie Brown (Snoopy) (2000).
- 1931 - Adolfo Pérez Esquivel, activista arxentino de dereitos humanos gañador do Premio Nobel da Paz en 1980.
- 1939 - Tina Turner, actriz e cantante estadounidense.
- 1948 - Fausto, cantor portugués.
- 1951 - Cicciolina, actriz porno italiana e política.
- 1959 - Gustavo Pernas, dramaturgo e director teatral galego.
- 1959 - Henrique Monteagudo, sociolingüista galego.
Mortes
editar- 399 - Siricio, papa.
- 1193 - Saladino, sultán do Exipto.
- 1504 - Isabel I de Castela chamada a Católica (n. 1451).
- 1855 - Adam Mickiewicz, poeta e nacionalista polaco (n. 1798).
- 1873 - Karl Friedrich Naumann, xeólogo alemán.
- 1911 - Paul Lafargue socialista "iconoclasta" francés e xenro de Karl Marx.
- 1914 - Isidoro Brocos Gómez, escultor galego (n. 1841).
- 1936 - Clemente Fernández Lorenzo, político galego (n. 1901).
- 1955 - José Vázquez Vigo, músico e compositor galego.
- 1956 - Tommy Dorsey, músico de jazz norteamericano (n. 1905).
- 1962 - Elpidio Villaverde, político galego (n. 1887).
- 2010 - Francisco Fernández del Riego, intelectual da cultura galega (n. 1913).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Xoán Berchmans.