Ferdinand de Saussure

foi un lingüista suízo

Ferdinand de Saussure, nado en Xenebra o 26 de novembro de 1857 e morto no castelo de Vufflens-sur-Morges o 22 de febreiro de 1913, foi un lingüista suízo.

Ferdinand de Saussure
Ferdinand de Saussure by Jullien Restored.png
Nacemento26 de novembro de 1857
Lugar de nacementoXenebra
Falecemento22 de febreiro de 1913
Lugar de falecementoVufflens-le-Château
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Xenebra, Universidade de Leipzig e Collège Calvin
Ocupaciónlingüista, pedagogo, profesor universitario, sociólogo, filósofo e fonólogo
PaiHenri Louis Frédéric de Saussure
CónxuxeMarie Faesch
FillosRaymond de Saussure e Jacques de Saussure
IrmánsRené de Saussure e Léopold de Saussure
Coñecido porsemioloxía, Linguística estrutural, Escola de Genebra e Curso de Linguística Geral
Na rede
Dialnet: 1015173 WikiTree: De_Saussure-53
Ferdinand de Saussure signature.png
editar datos en Wikidata ]
Ferdinand de Saussure.

TraxectoriaEditar

Está considerado o fundador da lingüística moderna[Cómpre referencia]. No seu Cours de linguistique générale (1916) (Curso de lingüística xeral), publicado tras a súa morte polos seus alumnos, define certos conceptos fundamentais (distinción entre linguaxe, lingua e fala, entre sincronía e diacronía, carácter arbitrario do signo lingüístico etc.) que han inspirar non só a lingüística ulterior senón tamén outros sectores das ciencias humanas.

A partir das súas observacións sobre certos fenómenos do grego e o sánscrito nace o que se había de converter na teoría das laringais, tan importante no campo da indoeuropeística.

IdeasEditar

  • Saussure distingue a linguaxe (facultade de utilizar unha lingua), a lingua (conxunto de signos utilizados por unha comunidade. Ex.: o galego, o francés, o inglés) e a fala (enunciados dun interlocutor nunha lingua dada).
  • Teoría do signo como asociación pola mente dun significante (imaxe mental, visual ou acústica dunha palabra) e dun significado (concepto, é dicir representación mental dunha cousa). (Ver signo lingüístico.)
  • A linguaxe recorta simultaneamente un significante na masa informe dos sons e un concepto na masa informe das percepcións.
  • A linguaxe ten unha dimensión sincrónica (relacións entre os signos nun momento dado) e unha dimensión diacrónica (evolución dos signos no curso do tempo).
  • Todo signo é definido por relación cos outros, por pura diferenza (negativamente) e non polas súas características propias ("positivas"): é o carácter estrutural da lingüística saussuriana. Esta idea está na orixe do estruturalismo e da filosofía de Derrida.
  • A relación entre o significante e o significado é arbitraria; iso é o que distingue o signo do símbolo (a balanza que simboliza a xustiza esta ligada conceptualmente a ela, contrariamente á palabra «gato» ligada a un animal felino que miaña).

Ferdinand de Saussure e a lingua galegaEditar

As edicións Laiovento publicaron no 2005 unha tradución de Xosé Manuel Sánchez Rei en galego do Curso de lingüística xeral. A publicación leva notas e un estudo introdutorio do tradutor. Neste estudo danse datos entre o curso de Saussure e a lingua e lingüística galegas.

  • Ferdinand de Saussure (2005). Curso de lingüística xeral. Ediciòns Laiovento. ISBN 84-8487-077-4. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar