Adam Mickiewicz
Adam Bernard Mickiewicz, nado en Zavosse o 24 de decembro de 1798 e finado en Constantinopla o 26 de novembro de 1855, foi un poeta e nacionalista polaco[1][2] cuxa obra marca o comezo do Romanticismo no seu país. Coñéceselle sobre todo como o autor do poema dramático Dziady e a epopea nacional Pan Tadeusz, a cal é considerada a último gran epopea da nobreza polaco-lituana.
Adam Mickiewicz | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Adam Bernard Mickiewicz |
Nacemento | 24 de decembro de 1798 |
Zavosse, Imperio Ruso | |
Falecemento | 26 de novembro de 1855 |
Constantinopla, Imperio Otomán | |
Causa | Cólera |
Soterrado | National Bards crypt of the Wawel, Champeaux cemetery of Montmorency e Catedral de Wawel |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Etnia | Pobo bielorruso |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Vilnius |
Ocupación | catedrático, poeta, xornalista de opinión, dramaturgo, ensaísta, tradutor, escritor, figura pública e profesor universitario |
Pai | Mikołaj Mickiewicz |
Nai | Barbara Mickiewicz, née Majewska |
Cónxuxe | Celina Szymanowska (1834–55) |
Fillos | 6 |
Irmáns | Aleksander Mickiewicz e Franciszek Mickiewicz |
Xéneros | romanticismo |
Coñecido/a por | Pan Tadeusz, Dziady, Zima miejska, Ode à juventude, Hino do Filaret, Baladas e Romances, Romantyczność, Kartofla, Sonnets from the Crimea, The Books of the Polish People and of the Polish Pilgrimage e Konrad Wallenrod |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hai un gran debate sobre a nacionalidade do poeta. Algúns polacos reclaman a Adam Mickiewicz como autor polaco xa que escribiu nese idioma, ademais de estar enterrado en Cracovia. Outros o denominan lituano xa que no comezo da epopea Pan Tadeusz, comeza coa frase "Oh, Lituania". O termo “Lituania” usado por Mickiewicz refírese máis a unha rexión xeográfica que a un país. Mickiewicz fora criado na cultura da unión polaco-lituana, un estado multicultural que ocupara a maioría do que hoxe son os países independentes de Polonia, Lituania, Belarús e Ucraína; mentres que os belarusos reclámano baseándose no lugar físico onde naceu, actualmente en Belarús.
NotasEditar
- ↑ Drabble, Margaret (1985). The Oxford Companion to English Literature (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-866130-4.
- ↑ "Adam Mickiewicz". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-04-23.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Mickiewicz |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |