Adolfo Pérez Esquivel

Adolfo Pérez Esquivel, nado en Buenos Aires o 26 de novembro de 1931, é un arquitecto, escultor e activista de dereitos humanos arxentino a quen lle foi concedido o Nobel da Paz de 1980. Seu pai era natural da parroquia pontevedresa de Combarro (Poio).

Adolfo Pérez Esquivel
Nobel prize medal.svg
Adolfo-Pérez-Esquivel-wsf-2003.jpg
Esquivel en 2003
Datos persoais
Nacemento26 de novembro de 1931
LugarBuenos Aires
NacionalidadeFlag of Argentina.svg Argentino
CónxuxeAmanda Guerreño
Actividade
Campoarquitecto, escultor, pintor, profesor universitario e escritor
Alma máterUniversidad Nacional de La Plata
Contribucións e premios
PremiosNobel da Paz (1980)
Firma pérez esquivel.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1974 na cidade de Medellín, en Colombia, Adolfo Pérez Esquivel coordinou a fundación do Servicio Paz y Justicia en América Latina (SERPAJ-AL), xunto con varios bispos, teólogos, militantes, líderes comunitarios e sindicalistas.

O SERPAJ-AL dedicouse a defender os Dereitos Humanos no continente e a difundir a Non-Violencia Activa como instrumento de transformación da realidade e de enfrontamento dos crimes de tortura e desaparición forzada de militantes políticos e axentes comunitarios e pastorais, practicados polas Ditaduras Militares que se instalaran por toda a América Latina, co apoio dos Estados Unidos que vivían entón o auxe da Guerra Fría coa Unión Soviética. Por esa actividade Adolfo Pérez Esquivel recibiu o Nobel da Paz de 1980.

Escultor, estudou arquitectura na Escola Nacional de Belas Artes da Universidad Nacional de La Plata. A partir de 1968, dedicou súa vida a propagar a non violencia e defender os dereitos humanos: fundou o Xornal Paz e Xustiza en 1973, e a partir de 1974 se tornou seu secretario. A publicación se tornou a voz do movemento pacifista en América Latina.

Entre 1977 e 1979, foi prendido por cuestións políticas. Durante esta reclusión recibiu o Premio Memorial de Paz Juan XXIII, entregada pola Organización Pax Christi Internacional.

 
Placa en Poio.

É membro do Comité da patrocinio da Coordinación internacional para o Decenio da cultura da non-violencia e da paz. Esquivel é tamén o Presidente da Academia de Ciencias Ambientais de Venecia en Italia, por iniciativa desta academia, xuntamente con outros Premios Nobel da Paz, entre eles: o Dalai Lama, Desmond Tutu, Shirin Ebadi, Rigoberta Menchú Tum, Mairead Corrigan, Betty Williams e outros está liderando unha campaña mundial pola creación dunha corte internacional para xulgar os crimes ambientais de grande monta. A campaña foi lanzada na cidade de Roma en xuño de 2009, oficializada en setembro en Venecia para o continente europeo, e o día 19/11/2009 no Memorial de América Latina en São Paulo, Brasil, para o continente latinoamericano.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar