Desmond Tutu
Desmond Mpilo Tutu, nado en Klerksdorp (Transvaal) o 7 de outubro de 1931 e finado na Cidade do Cabo o 26 de decembro de 2021, foi un pastor anglicano, teólogo e pacifista surafricano, que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 a causa da súa oposición ao Apartheid.
Desmond Tutu | |
---|---|
![]() Tutu no 2013. | |
Arcebispo da Igrexa Anglicana de Suráfrica | |
Biografía | |
Nacemento | 7 de outubro de 1931 (91 anos) en Klerksdorp, Transvaal, Suráfrica |
Alma máter | King's College de Londres |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 1960 |
Consagración episcopal | 1976 |
Arcebispo de Cidade do Cabo | |
7 de setembro de 1986 - 1996 | |
Predecesor | P.W.R. Russell |
Sucesor | Njongonkulu Ndungane |
TraxectoriaEditar
Tutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como arcebispo anglicano de Cidade do Cabo (Suráfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa anglicana de África do Sur). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.
Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arco da Vella, para describir metaforicamente á Suráfrica posterior ao apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Suráfrica.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Desmond Tutu |