Cidade do Cabo
Cidade do Cabo[1][2][3] (en inglés: Cape Town; en afrikaans: Kaapstad; e en xosa: iKapa), tamén coñecida en galego como Capetón,[1] adaptación fonética do topónimo inglés realizada polos mariñeiros galegos que pescaban nesas augas, é a cidade máis vella de Suráfrica e a segunda máis poboada despois de Xohanesburgo, con 4 710 000 hab. (2021). A cidade é a capital da provincia do Cabo Occidental, así como a capital lexislativa de Suráfrica (dende 1910), e polo tanto acolle o Parlamento de Suráfrica e outras sedes gobernamentais.[4]
Cape Town (en) Kaapstad (af) iKapa (xh) Motse Kapa (st) | |||||
Epónimo | Cabo de Boa Esperanza | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suráfrica | ||||
Província da África (pt) | Cabo Occidental | ||||
Municípios metropolitanos da África (pt) | Município metropolitano da Cidade do Cabo (pt) | ||||
Capital de | South Africa during apartheid (en) Unión Surafricana Município metropolitano da Cidade do Cabo (pt) Província do Cabo (pt) (1910–1994) British Cape Colony (en) (–1910) Suráfrica (1961–) Cabo Occidental (1994–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.776.313 (2021) (1.538,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | Cabo Occidental (1994–) | ||||
Superficie | 2.454,72 km² | ||||
Bañado por | Baía da Mesa (pt) | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Creación | 1652 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Geordin Hill-Lewis (en) (2021–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8001 e 8000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 45 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Xohanesburgo Pune San Francisco Buenos Aires Funchal Niza Haifa (pt) Hangzhou Anveres (1996–) San Petersburgo (2001–) Esmirna (2014–) Monterrey (2016–) Aquisgrán (2017, 2000–) | ||||
Sitio web | capetown.gov.za | ||||
A cidade é coñecida polo seu porto, a súa contorna Patrimonio da Humanidade coñecida como as Áreas protexidas da Rexión Floral do Cabo, e por fitos como a Montaña da Mesa e o Cabo Point. En 2014, Cidade do Cabo foi considerada como o mellor lugar do mundo para visitar polo xornal The New York Times[5] e tamén polo The Daily Telegraph en 2016.[6]
Historia
editar- Artigo principal: Historia de Cidade do Cabo.
Os restos máis antigos da presenza humana na rexión atópanse na Cova Peers, e teñen uns 12.000 anos. Non existe documentación sobre os pobos que habitaron a zona até que o navegante portugués Bartolomeu Dias mencionou a rexión en 1486. Vasco da Gama tamén rexistrou o avistamento do Cabo de Boa Esperanza en 1497.
Os san e os khoisas eran os poboadores da zona do Cabo da Boa Esperanza cando a actual cidade foi fundada polo comerciante holandés Jan van Riebeeck o 6 de abril de 1652. A misión era que servise como un centro de fornecemento a medio camiño da viaxe ás Indias, ao servizo da Compañía Holandesa das Indias Orientais.
En 1688 uníronse aos holandeses 150 hugonotes franceses fuxidos de Francia e algo máis tarde chegaron algúns soldados alemáns ata chegar a arredor de 1000 brancos. E xa que os indíxenas rexeitaban traballar para os holandeses, estes importaron traballadores escravos de Madagascar, India, Malaisia e Indonesia, ao seren poucas as mulleres europeas, os holandeses empregaban as mulleres asiáticas como escravas sexuais, co tempo os escravos uníronse cos khoisas, dando orixe á actual poboación de Colorados do Cabo, ao tempo que os malaios do Cabo tamén chegaron ata hoxe. Os ingleses ocuparon a cidade no 1795, nese momento a poboación branca era uns 21.000 persoas con 25.000 escravos.
Despois dun breve período de dominio holandés entre 1803 e 1806, e pasou oficialmente á coroa o 13 de agosto de 1814 tornouse a capital da colonia británica do Cabo. En 1820 chegaron 5.000 colonos británicos. O descubrimento de ouro e diamantes na área de Highveld entre 1870 e 1880 implicou que a cidade deixara de ser a maior do país, pero como o principal porto do país, converteu a cidade no principal destino dos beneficios do mineral, industrializándoa.
A peste de 1901 serviu de escusa para a política de segregación racial, trasladando aos africanos a dúas localidades da periferia, agravándose a situación coa implantación do apartheid en 1948.
Clima
editar- Véxase tamén: Crise da auga en Cidade do Cabo.
Cidade do Cabo ten un clima mediterráneo cálido (Csb segundo a clasificación climática de Köppen),[7][8][9] con invernos suaves e moderadamente chuviosos e invernos quentes e secos. O inverno, que dura dende comezos de xuño até finais de agosto, pode ter grandes frontes frías que entran dende o océano Atlántico con precipitacións abondosas e ventos forte do noroeste. Os meses de inverno na cidade teñen unha temperatura media máxima de 18 °C e unha mínima de 8,5 °C[10] A precipitación total anual da cidade é duns 515 mm, aínda que nos barrios do sur, preto das montañas, a chuvia pode ser significativamente maior e achegarse aos 1000 mm. O verán, que dura dende decembro até marzo, é cálido e seco cunha temperatura media máxina de 26 °C e cunha mínima de 16 °C. A rexión pode chegar a ter unha calor abafante cando o "vento da montaña" sopra dende o interior. A primavera e o verán xeralmente reciben ventos fortes do sueste que elimina a contaminación do aire da cidade. Este vento está causado por un sistema de altas presións moi persistente sobre o Alántico sur até o oeste da cidade. Cidade do Cabo ten unhas 3 100 horas de sol anuais.[11]
A temperatura da auga pode variar moito, entre os 10 °C no litoral atlántico e os 22 °C na baía Falsa. A diferenza doutras partes do país, a cidade non ten moitas tormentas, e a maioría das que se producen, ocorren entre outubro a decembro e de marzo a abril.
Datos climáticos para Cidade do Cabo (1961–1990) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 45,2 | 38,3 | 43,0 | 38,6 | 33,5 | 29,8 | 29,0 | 32,0 | 33,1 | 37,2 | 39,9 | 41,4 | 45,2 |
Media mensual máxima en °C | 33,6 | 34,1 | 33,2 | 31,7 | 29,1 | 26,3 | 25,1 | 26,9 | 28,3 | 31,0 | 31,6 | 32,5 | 34,1 |
Media máxima en °C | 26,1 | 26,5 | 25,4 | 23,0 | 20,3 | 18,1 | 17,5 | 17,8 | 19,2 | 21,3 | 23,5 | 24,9 | 21,97 |
Media diaria en °C | 20,4 | 20,4 | 19,2 | 16,9 | 14,4 | 12,5 | 11,9 | 12,4 | 13,7 | 15,6 | 17,9 | 19,5 | 16,23 |
Media mínima en °C | 15,7 | 15,6 | 14,2 | 11,9 | 9,4 | 7,8 | 7,0 | 7,5 | 8,7 | 10,6 | 13,2 | 14,9 | 11,38 |
Media mensual mínima en °C | 10,3 | 9,9 | 7,6 | 5,7 | 2,8 | 1,3 | 1,0 | 1,3 | 2,3 | 4,4 | 7,0 | 9,5 | 1 |
Temperatura mínima en °C | 7,4 | 6,4 | 4,6 | 2,4 | 0,9 | −1,2 | −1,3 | −0,4 | 0,2 | 1,0 | 3,9 | 6,2 | −1,3 |
Precipitación media mm | 15 | 17 | 20 | 41 | 69 | 93 | 82 | 77 | 40 | 30 | 14 | 17 | 515 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 5,5 | 4,6 | 4,8 | 8,3 | 11,4 | 13,3 | 11,8 | 13,7 | 10,4 | 8,7 | 4,9 | 6,3 | 103,7 |
Humidade relativa media (%) | 71 | 72 | 74 | 78 | 81 | 81 | 81 | 80 | 77 | 74 | 71 | 71 | 75,9 |
Media de horas de sol mensuais | 337,9 | 297,4 | 292,9 | 233,5 | 205,3 | 175,4 | 193,1 | 212,1 | 224,7 | 277,7 | 309,8 | 334,2 | 3 094 |
Fonte: Organización Meteorolóxica Mundial,[10] NOAA,[11] Servizo Meteorolóxico de Suráfrica,[12] eNCA[13] |
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de Cidade do Cabo entre 1658 e 2021 |
Os datos dos censos de 1996–2011 amosan a poboación da área metropolitana da gran Cidade do Cabo tralas reformas de 1994. Fontes: Censos de 1658–1904[14] 1936,[15] 1950–1990,[16] 1996,[17] 2001 e 2011;[18]2007.[19] Estimación do censo de 2021.[20] |
Segundo datos do Censo Nacional de Suráfrica de 2011, a poboación de Cidade do Cabo era de 3 740 026 persoas (incluíndo toda a área metropolitana). Isto representa un aumento dun 2,6% ao comparalo co censo de 2001, no que se contabilizaron 2 892 243 habitantes.[21] No censo tamén houbo unha pregunta referida á lingua materna, sendo o 35,7% falantes de afrikaans, o 29,8% de xosa e o 28,4% de inglés. O 24,8% da poboación atopábase na franxa de idade por debaixo dos 15 anos e tan só o 5,5% tiña 65 anos ou máis.[21] Por cada 96 homes había 100 mulleres.[21]
Na enquisa comunitaria de Cidade do Cabo levaba a cabo en 2016, extraeuse que había 4 004 793 habitantes na zona metropolitana de Cidade do Cabo, dos cales o 42,6% se identificaron como negros africanos, o 39,9% como mestizos ("coloured"), o 16,5% como brancos e o 1,1% como asiáticos.[22]
Relixión
editarNa enquisa xeral de fogares de 2015, o 82,3% dos participantes se identificou como cristián, o 8% como musulmán, o 3,8% como practicante dalgunha relixión tradicional africana e o 3,1% como "nada en particular".[23]
Lugares de interese
editar- Cabo de Boa Esperanza. Localizado ó sur da cidade, é un espazo natural protexido, cunha gran riqueza de flora. Este cabo é o que lle dá o nome á cidade. Durante séculos foi considerado o límite entre os océanos Atlántico e Índico.
- Montaña da Mesa (Table Mountain). A cidade está dominada por esta montaña, cuxo punto máis alto é unha meseta de 3 quilómetros de anchura. A montaña posúe unha flora e fauna autóctonas polas que foi declarada Parque Nacional e Patrimonio da Humanidade. O turismo acode á montaña por estrada ou teleférico por mor das súas famosas vistas da cidade. En novembro de 2011 a Montaña de Mesa foi declarada unha das sete marabillas naturais do mundo.
- Victoria & Alfred Waterfront. É o corazón histórico do primitivo porto comercial da cidade, que actualmente acolle museos, centros comerciais, un acuario e a terminal marítima na que se collen os barcos que levan á illa Robben. Está considerado o punto turístico con máis visitas de toda Suráfrica.
- Illa Robben. Nesta illa houbo unha prisión dende o século XVII. Nela cumpriron cadea moitos opositores ó réxime do apartheid durante a segunda metade do século XX. Nelson Mandela pasou alí 36 anos antes de ser posto en liberdade. En 1999 foi declarada Patrimonio da Humanidade.
- As praias. As 26 praias que rodean Cidade do Cabo son un destino turístico de primeira orde por mor do clima soleado e a fermosura natural da zona.
- Parlamento de Suráfrica. Acolle dende 1910 a Asemblea Nacional (cámara baixa) e o Consello Nacional de Provincias (cámara alta), malia que a sede do goberno surafricano está na cidade de Pretoria.
- Grand Parade. É unha gran praza pública situada no centro da zona histórica da cidade. Nela atópanse edificios como a Casa do Concello de Cidade do Cabo, construído en 1905, ou o Castelo de Boa Esperanza, monumento nacional do século XVII.
- Cabeza de León (Lion's Head). É unha montaña de 669 metros de altitude situada preto do centro histórico da cidade. Ó seu carón atópase a Signal Hill, un outeiro de 350 metros de altitude no que se atopa o Observatorio Astronómico de Suráfrica.
- Catedral de San Xurxo. Trátase dun templo anglicano, sede do Arcebispado de Cidade do Cabo. A súa construción comezou en 1901, e considérase o edificio relixioso máis salientable da cidade.
- Galería Nacional de Suráfrica. É un museo de arte situado no centro histórico da cidade, que acolle esculturas e pinturas correspondentes ós séculos XVII, XVIII e XIX, malia que tamén organiza mostras de arte contemporánea.
Educación
editarA educación pública primaria e secundaria de Cidade do Cabo está dirixida polo Departamento de Educación do Cabo Occidental (o Western Cape Education Department). Este departamento provincial divídese en 7 distritos.
O sistema público de universidades que ten Cidade do Cabo é moi prestixioso. A cidade ten 3 universidades públicas: a Universidade de Cidade do Cabo (University of Cape Town) creada en 1829, a Universidade do Cabo Occidental (University of the Western Cape) creada en 1959, e a Universidade Tecnolóxica da Península do Cabo (Cape Peninsula University of Technology) creada en 2005 como resultado da fusión de dúas universidades tecnolóxicas máis antigas. Outro centro académico de prestixio é a Universidade de Stellenbosch (Stellenbosch University), situada a uns 50 quilómetros do centro da cidade, que foi creada en 1866.
Tanto a Universidade de Cidade do Cabo como a Universidade de Stellenbosch teñen sona de ser os centros académicos líderes no sistema universitario de Suráfrica.
Deportes
editarRugby
editarO equipo de rugby Western Province é o máis laureado do campionato de liga surafricano, a Currie Cup, con 32 títulos dende 1889. Os mesmos xogadores deste equipo compiten baixo a denominación Stormers na máxima competición de rugby do Hemisferio Sur, o Super Rugby, fronte a outros equipos surafricanos, australianos e neozelandeses. Ámbolos dous conxuntos disputan os seus encontros no Newlands Stadium, alcumado a casa do rugby surafricano. Este estadio ten capacidade para acoller 50.900 seareiros, e acolle regularmente encontros da selección surafricana de rugby, alcumada os Springbok.
Equipo | Fundación | Competición | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Western Province | 1883 | Currie Cup | Newlands Stadium | 50.900 |
Stormers | 1997 | Super Rugby | Newlands Stadium | 50.900 |
Fútbol
editarNo tocante ó fútbol, os dous equipos máis salientables da cidade son o Santos Football Club e o Ajax Cape Town, ámbolos dous equipos habituais na máxima categoría da Premier Soccer League. O Santos FC chegou a gañar a liga surafricana na tempada 2001-02, mentres que o Ajax CT foi subcampión de liga nas tempadas 2003-04, 2007-08 e 2010-11.
Equipo | Fundación | Competición | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Ajax Cape Town | 1999 | Premier Soccer League | Cape Town Stadium | 55.000 |
Santos Football Club | 1982 | Premier Soccer League | Athlone Stadium | 30.000 |
Galería
editar-
Rañaceos no centro histórico da cidade.
-
Unha das 26 praias de Cidade do Cabo.
-
V&A Waterfront, antigo porto comercial.
-
Catedral de St. George.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Western Cape | province, South Africa. Encyclopedia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 8 de maio de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017.
- ↑ "14 Fun Facts You Didn't Know About Cape Town – Interesting & Amusing Things about the Mother City". Cape Town Magazine. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2014.
- ↑ Bruyn, Pippa de (5 de febreiro de 2016). "The world's best cities". Telegraph.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de abril de 2018.
- ↑ Robinson, Peter J.; Henderson-Sellers, Ann (1999). Contemporary Climatology. Pearson Education Limited (Harlow). pp. 123. ISBN 9780582276314.
- ↑ Rohli, Robert V.; Vega, Anthony J. (2011). Climatology. Jones & Bartlett Learning (Sudbury, MA). p. 250. ISBN 9781449649548. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Cape Point (South Africa)". Global Atmosphere Watch Station Information System (GAWSIS). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 20 de maio de 2014.
- ↑ 10,0 10,1 "World Weather Information Service – Cape Town". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2010. Consultado o 4 de maio de 2010.
- ↑ 11,0 11,1 "Cape Town/DF Malan Climate Normals 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 8 de abril de 2013.
- ↑ "Climate data: Cape Town". Old.weathersa.co.za. 28 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2011.
- ↑ "Hottest temperature". enca.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2015.
- ↑ Worden, Nigel; van Hyningen, Elizabeth; Bickford-Smith, Vivian (1998). David Philip Publishers, ed. Cape Town: The Making of a City. Claremont, Cidade do Cabo, Suráfrica. p. 212. ISBN 0-86486-435-3.
- ↑ Malherbe, E.G. (1939). Official Year Book of the Union of South Africa and of Basutoland, Bechuanaland Protectorate, and Swaziland. Union of South Africa 20 (Pretoria). p. 1044.
- ↑ "Population estimates for Cape Town, South Africa, 1950–2015". Mongabay.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ "Census 96 : Community Profile". City of Cape Town. Arquivado dende o orixinal o 26 July 2014. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ "City of Cape Town – 2011 Census – Cape Town" (PDF). City of Cape Town. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de decembro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ Small, Karen (Decembro de 2008). "Demographic and Socio-economic Trends for Cape Town: 1996 to 2007" (PDF). City of Cape Town. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ "Community Survey 2016: Provincial profile: Western Cape" (PDF). Statistics South Africa. 2018. p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Census 2011 Municipal report: Western Cape (PDF). Statistics South Africa. 2012. ISBN 978-0-621-41459-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ "2016 Cape Town Community Survey" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2021.
- ↑ Farrar, Thomas J.; Falake, Khanyisane A.; Mebaley, Adriel; Moya, Mandisi D.; Rudolph, Ivor I. (2019). "A Mall Intercept Survey on Religion and Worldview in the Cape Flats of Cape Town, South Africa". Journal for the Study of Religion 32 (1). pp. 1–30. ISSN 1011-7601. doi:10.17159/2413-3027/2019/v32n1a3.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade do Cabo |