Coordenadas: 34°13.19′S 18°38.4′L / -34.21983, -18.6400

A Baía Falsa (en afrikaans: Valsbaai, en inglés: False Bay), ou Golfo dentro das Serras[1], é unha superficie de auga situada entre a península do Cabo, ao oeste, e o cabo Hangklip (en neerlandés, "pedra de pendurar") ao leste.

Vista parcial da Baía Falsa

Descrición e localización editar

As costas leste e oeste da baía son bastante rochosas, mesmo montañosas; a costa norte está constituída por unha praia areosa bastante longa e de declive suave. Este perímetro norte é o inicio da zona coñecida como Baixas do Cabo, bastante urbanizada debido á proximidade do centro da Cidade do Cabo. A baía ten unha lonxitude máxima de 30 quilómetros.

Historia do nome editar

A baía foi descuberta polo portugués Bartolomeu Dias en 1488, que a chamou "o golfo entre montanhas". Logo, na época da colonización, os mariñeiros confundírona coa baía da Mesa (Table Bay, en inglés) situada máis ao note, ao bordo da cal foi fundada a Cidade do Cabo. De feito, para o retorno dos mariñeiros do leste, incluíndo as Indias Orientais Neerlandesas, a forma do cabo Hangklip é máis ou menos similar ao da punta do Cabo, un promontorio situado cerca do cabo da Boa Esperanza. Desta confusión naceu o actual nome de baía Falsa, é dicir, a False Bay.

 
Vista de satélite da rexión do Cabo da Boa Esperanza; en primeiro plano a península do Cabo, e a baía Falsa detrás del.

Notas editar

  1. Ravenstein, E. G. (1898): A Journal of the First Voyage of Vasco Da Gama, 1497-1499.