Aquisgrán
Aquisgrán[1] (en alemán: Aachen, [ˈʔaːxən] (AFI), escoitar, en fráncico ripuario: Oche, en francés: Aix-la-Chapelle, [ɛkslaʃapɛl] (AFI)) é unha cidade alemá do Land de Renania do Norte-Westfalia localizada xunto á fronteira con Bélxica e os Países Baixos, a 65 km de Colonia, constitúe a cidade máis ao oeste de Alemaña, e levántase a 191 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu punto máis alto é de 410. A poboación é de 260.454 (2011)
Aachen (de) | |||||
Himno | Urbs Aquensis (1165) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
Rexión administrativa | Colónia (pt) | ||||
Asociación especial | Aachen cities region (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Aachen-Mitte (en) Brand (en) Eilendorf (pt) Haaren (pt) Kornelimünster/Walheim (en) Laurensberg (pt) Richterich (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 252.136 (2022) (1.567,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 160,85 km² | ||||
Bañado por | Wurm | ||||
Altitude | 173 m-410 m-125 m | ||||
Comparte fronteira con | Herzogenrath Vaals (pt) Plombières (pt) Gulpen-Wittem (pt) Simpelveld (pt) Heerlen (pt) Kelmis (pt) Roetgen Würselen Raeren (pt) Eschweiler Stolberg Kerkrade (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Asunción de María | ||||
Organización política | |||||
• Oberbürgermeister (pt) | Sibylle Keupen (pt) (2020–) | ||||
Membro de | Meuse-Rhine Euroregion (en) Landschaftsverband Rheinland (en) Städtetag Nordrhein-Westfalen (pt) Mayors for Peace (en) (1986–) Aliança Climática (pt) (1991–) association for pedestrian and bicycle-friendly cities, townships and districts in North Rhine Westphalia (en) (1995–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 52062, 52063, 52064, 52065, 52066, 52067, 52068, 52069, 52070, 52071, 52072, 52073, 52074, 52075, 52076, 52077, 52078, 52079 e 52080 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0241, 02403, 02405, 02407 e 02408 | ||||
Código NUTS | DEA21 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 053340002002 | ||||
Número de municipio alemán | 05334002 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Liexa (1955–) Montebourg (1960–) Reims (1967–) Halifax (1979–) Toledo (1985–) Ningbo (1986–) Naumburg (Saale) (1988–) Condado de Arlington (1993–) Cidade do Cabo (2000–) Sarıyer (2013–) Cidade do Cabo (2017–) | ||||
Páxina web | aachen.de | ||||
Historia
editarOs romanos chamaron ás fontes termais sulfurosas da zona Aquis Granum , e canalizáronas para utilizalas como caldas. Tras a marcha dos romanos estiveron abandonadas ata o século VIII, aparecendo entón co nome de Aquis Villa. No ano 768, Carlomagno chegou a Aquisgrán pola primeira vez, gustoulle a zona e vinte anos despois comezou a construír un palacio, a súa capela palatina vaise converter na catedral de Aquisgrán que comezou a construírse no ano 796 e Carlomagno pasou a maioría dos invernos que van do ano 800 ata a súa morte acontecida en 814 en Aquisgrán para utilizar as caldas. Á súa morte soterrouse na capela.
No ano 936, coroaron a Odón I rei na catedral e desde entón Aquisgrán foi o lugar de coroamento dos reis do Sacro Imperio Xermánico durante os seguintes 600 anos, o último foi Fernando I en 1531. Durante toda a Idade Media Aquisgrán foi unha das cidades máis grandes do Imperio, en 1166 declarárona Cidade Libre Imperial separada do Ducado de Baixa Lorena. En 1668 asinouse o Tratado de Aquisgrán logo da Guerra de Devolución. Despois da Guerra dos Trinta Anos permaneceu tan só como unha cidade de importancia rexional. En 1801 pasou a ser anexionada por Francia pero o Congreso de Viena de 1815 asignouna a Prusia. Cara a 1880 a súa poboación era de 80.000 persoas e era un importante nó de comunicacións ferroviarias, converténdose nun núcleo manufactureiro onde se fabricaba ferro para os ferrocarrís e fibelas, botóns e agullas, destacando ademais en tabaco, e en tecidos de la e seda. Durante a segunda guerra mundial quedou moi danada, destruíndo os bombardeos dous terzos da cidade e foi, o 21 de outubro de 1944, a primeira cidade alemá ocupada polas tropas aliadas.
Economía
editarAquisgrán conta con plantas industriais, en especial téxtiles, siderúrxicas e químicas pero recentemente tamén se estableceron empresas tecnolóxicas so o pulo da Universidade Técnica de Aquisgrán, situándose nunha das rexións economicamente máis vigorosas da Unión Europea.
Notas
editar- ↑ Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.