Guerra de Devolución
A guerra de Devolución (1667-1668) foi un conflito bélico entre España e Francia que ganou esta última.[1] Iniciouse coa invasión de Lois XIV aos Países Baixos españois, baixo o pretexto de que non se pagara o dote da súa esposa María Tareixa. En realidade, seguía a política de Richelieu de afastar a fronteira da corte de París a costa dos Países Baixos españois. As prazas fortes caeron nunha serie de brillantes manobras. Con gran vantaxe numérica, os franceses realizaron un paseo militar que lles permitiu apoderarse dunha serie de importantes prazas, sendo Lille a principal delas.[1]
O príncipe de Condé ocupou o Franco Condado cun exército de 72 000 homes,[2] (Catorce mil segundo Rodríguez Hernández).[3] ante a negativa de España a negociar, en febreiro de 1668.[1] España non tiña medios para resistir,[4] polo que confiaba na axuda internacional. As Provincias Unidas dos Países Baixos, Inglaterra e Suecia, que no vían ben a expansión francesa, formaron a Tripla Alianza nórdica e protestante, e Lois XIV prefiriu tratar en condicións moderadas.
Polo Tratado de Aquisgrán de maio de 1668,[1] España recuperou o Franco Condado e cedeu Lille, Tournai, Charleroi outras prazas flamengas. España empezaba a súa decadencia como gran potencia e renunciaba a Portugal. Francia foi a gran beneficiada.
Circunstancias
editarAs reclamacións de Lois XIV baseárosen no feito de que o dote da súa muller, María Teresa, filla do primeiro matrimonio do rei español Filipe IV con Isabel de Borbón, non terminara de ser pagado por Filipe IV.[5][6]
Cando este morreu en 1665, os avogados de Lois xustificaron as reclamacións do rei francés argumentando que as antigas leis de Brabante establecían que os Países Baixos españois debían ser cedidos en herdanza á filla de Filipe, froito do primeiro matrimonio do monarca, e non ao fillo herdeiro froito da relación coa súa segunda esposa, Mariana de Austria, e xa reinante Carlos II.[6]
Lois reclamaba para a súa muller Brabante, Hainaut, Namur, unha cuarta parte de Luxemburgo e unha terceira do Franco Condado.[6] Porén, este dereito (ius devolutionis) segundo o cal nos Países Baixos só os fillos do primeiro matrimonio eran lexítimos herdeiros dos bens paternos, era vinculante unicamente para o patrimonio privado e soamente a algunhas das súas provincias.[6] La reclamación francesa era un mero pretexto para desencadenar la guerra.[6]
En realidade, a motivación francesa era política e militar: lograr, mediante a fixación das fronteiras en lugares de fácil defensa, asegurar o reino e estender a súa influencia polo continente.[7] No leste, o obxectivo era alcanzar o Rin.[7] No noroeste, a debilidade española debía permitir a conquista dos Países Baixos españois —e, máis ao sur, o Franco Condado— e, posteriormente, das Provincias Unidas dos Países Baixos, o que faría de Francia unha gran potencia marítima.[7] Os territorios desexados pola corte francesa eran parte da herdanza borgoñona dos Austrias españois, que falaban maioritariamente francés, tiñan unha cultura similar á francesa e estreitos vínculos entre a nobreza dos dous lados da fronteira.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Rodríguez Hernández 2007, p. 13.
- ↑ "The wars of Louis XIV". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 20 de novembro de 2022.
- ↑ Rodríguez Hernández 2007, p. 206.
- ↑ Rodríguez Hernández 2007, p. 208.
- ↑ Guerra de Devolución y pugna franco-holandesa, en Artehistoria.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Rodríguez Hernández 2007, p. 150.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Rodríguez Hernández 2007, p. 149.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guerra de Devolución |
Bibliografía
editar- Clodfelter, Micheal (2017). Warfare and Armed Conflicts: A Statistical Encyclopedia of Casualty and Other Figures, 1492-2015. Jefferson, North Carolina: McFarland. ISBN 978-0-7864-7470-7.
- Mitchell, Silvia Z (2019). Queen, Mother, and Stateswoman: Mariana of Austria and the Government of Spain. Pennsylvania State University Press. ISBN 978-0-2710-8339-1.
- Rodríguez Hernández, Antonio José (2007). España, Flandes y la Guerra de Devolución (1667-1668). Guerra, reclutamiento y movilización para el mantenimiento de los Países Bajos españoles. Ministerio de Defensa. ISBN 978-84-9781-336-5.
- Espino López, Antoni (2014). Las guerras de Cataluña: el teatro de Marte (1652-1714). Edaf. ISBN 978-84-4143-386-1.