Namur
Namur (en valón Nameûr, en flamengo Namen) é unha cidade de Bélxica, con arredor de 100.000 habitantes, capital da Valonia, a rexión francófona do país, máis e da provincia homónima. É a sede da diocese de Namur de observancia católica.

Situación editar
Namur fica situada ao sueste da capital do país, Bruxelas, na confluencia dos ríos Mosa e Sambre.
Orixe editar
A cidade xorde con fins militares na época merovinxia para velar sobre do val do Mosa. Foi a capital do condado de Namur.
A ver editar
Entre os monumentos principais da cidade contan:
- catedral de Saint Aubain (Santo Albano), que tras as reformas de 1751 e 1763 adquiriu o actual aspecto neoclásico. Garda pinturas de Jacob Jordaens e de Anton van Dyck);
- Museo de Artes Antigas de Namur (Musée des Arts Anciens du Namurois);
- Museo Arqueolóxico (Musée Archéologique);
- Cidadela (Citadelle): fortificacións da época moderna, para gardar o val do Sambre, que sufriu numerosos asedios; conserva as trazsa dos grandes enxeñeiros militares da época: Vauban e Menno van Coehoorn; na actualidade está transformado nun parque.
Cidades irmandadas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Namur |