Río Mosa
O Mosa (en francés, Meuse; en alemán e neerlandés, Maas; en valón, Moûze) é un río europeo de 950 km de longo que ten o seu nacemento na Francia, no planalto de Langres, en Bassigny. Dá o seu nome ao departamento francés de Meuse e tamén a cidades neerlandesas como Maastricht.
Río Mosa | |
---|---|
![]() | |
País | Francia, Bélxica e Países Baixos |
Lonxitude | 925 km |
Conca | 36.000 km² |
Caudal medio | 230 m³/s |
Desembocadura | Mar do Norte |

O Mosa baña Neufchateau, Commercy, Verdun, Sedan, Charleville-Mézières, despois atravesa a Bélxica (Dinant, Namur, Huy, Liexa) e mailos Países Baixos (Maastricht, Ruremonde, Venlo) en dirección do mar do Norte.
Os seus principais afluentes son o Vair, o Chiers, o Semois, o Lese, o Hoyoux, o Ourthe e o Roer na marxe dereita, o Viroin, o Sambre, o Mehaigne e o Xeer na marxe esquerda. Os seus diversos meandros a través das Ardenas constitúen importantes puntos turísticos. Nos Países Baixos, mestúrase co Rhin para formar un longo delta común.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Mosa |