Maastricht

Coordenadas: 50°51′N 5°41′L / 50.850, -5.683

Maastricht (en limburgués Mestreech e antigamente en castelán: Mastrique), é unha cidade neerlandesa con 118.355 habitantes en 2008. É a máis antiga das cidades neerlandesas e hoxe en día é capital da provincia de Limburgo. Espállase por ambas as dúas marxes do río Mosa (Maas en neerlandés), na extremidade suroeste dos Países Baixos, un territorio estreito, encravado entre a Bélxica e a Alemaña.

Maastricht
Mestreech
Flag of Maastricht.svg
Maastricht wapen.svg
Maastricht, stadszicht met Servaasbrug foto3 2011-09-10 09.54.JPG
Vista da cidade
Localización
Maastricht en Países Baixos
Maastricht
Maastricht
PaísPaíses Baixos Países Baixos
ProvinciaFlag of Limburg (Netherlands).svg Limburgo, Países Baixos
Xeografía
Altitude49 msnm
Superficie60,03 km²
Demografía
Poboación121.906 hab. (2014)
Densidade2.146 hab/km²
XentilicioMaastrichtenaar
Outros datos
Código postal6200–6229
AlcaldeOnno Hoes (VVD)
maastrichtportal.nl

O nome da cidade deriva do seu nome latino, Traiectum ad Mosam e Mosae Traiectum (Travesía do Mosa), que se refire á ponte construída polos romanos durante o reinado de César Augusto.

Ao sur da cidade sitúase o St. Pietersberg ("Monte San Pedro"), onde se ergue unha antiga fortaleza e que ten unha rede de grutas, que manteñen unha temperatura constante de 10 °C e serven de local de hibernación a morcegos. En certas épocas do ano, pódese visitar as grutas en visitas guiadas.

Hai varias institucións que se localizan na cidade, entre as cales a Universidade de Maastricht (Universiteit van Maastricht) e o Museo Bonnefanten, de arte. Maastricht ten ligazón por camiño de ferro a Liexa, na Bélxica, a Eindhoven e a outros locais. Maastricht ten un aeroporto partillado coa cidade veciña de Aquisgrán, na Alemaña.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar