O Sambre (en holandés, Samber) é un río francés e belga, afluente do Mosa, co cal se une logo dun curso de 180 km.

Río Sambre
PaísFrancia, Bélxica
NacementoLe Nouvion-en-Thiérache
Lonxitude180 km
Conca2.740 km²
Caudal medio36 m³/s
DesembocaduraRío Mosa
O río Sambre en Lobbes

Percorrido editar

O Sambre nace no bosque de Cartignies, nas proximidades de Le Nouvion-en-Thiérache, no planalto de Saint-Quentin (Aisne). Atravesa Hautmont, Maubeuge, Jeumont (en Francia), e logo Merbes-le-Château, Fontaine-Valmont, Lobbes, Thuin, Charleroi, Sambreville, Floreffe (en Valonia, Bélxica), para render á fin as súas augas no Mosa en Namur. O seu curso é de arredor de 180 km (88 km en territorio francés). A conca hidrográfica en Francia é de 1.250 km², e a pendente media de 0,2 ‰. O total da conca abrangue 2.740 km².

No seu tramo valón, o Sambre, é dicir o Baixo Sambre, dá nome a unha parte da bacía industrial valoa, particularmente notoria polas minas de carbón, actualmente pechadas.

Caudal editar

O fluxo medio observado a Namur entre 1995 e 2004 foi de 36 m³/s, cunha media máxima de 54,86 m³/s no 2001, e unha media mínima de 21,76 en 2004[1].

Canalización editar

O río está canalizado segundo o estándar Freycinet (250 t a 1,8 m de calado) desde Landrecies até Monceau e segundo o estándar de 1.350 t desde alí até Namur.

Tributarios editar

O Sambre conta con numerosos afluentes: Riviérette, Tarsy, Cligneux, regueiro de Eclaibes, Flamenne, Helpe Menor, Helpe Maior, Solre, Hante, Thure, Biesmelle, Eau d'Heure e Acoz.

Historia editar

O Sambre costituíu, en séculos pasados, un paso obrigado para tudos os exércitos que que quixeran flanquear as Ardenas. Isto explica a movida historia da rexión.

Durante a primeira guerra mundial combateuse sobre o seu curso en 1914 (Batalla da Fronteira) e máis no derradeiro mes da guerra (Batalla do Sambre, novembro de 1918).

Notas editar

  1. Rexión valoa - portada dos principais cursos de auga

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar