Río Oise
O Oise é un río do norte de Francia. Nace en Bélxica, no macizo de Fagne, e desemboca no Sena en Conflans-Sainte-Honorine, no departamento de Yvelines (78).
![]() | |
País | Francia e Bélxica |
---|---|
Nacemento | macizo de Fagne, Bélxica |
Lonxitude | 302 km |
Caudal medio | 110 m³/s |
Desembocadura | Sena |

Ten unha lonxitude de 302 km, a súa conca abrangue unha superficie de 17.000 km². Ten un caudal medio de 110 m³/s.
Os seus principais afluentes son o río Serre e o Aisne.
Departamentos e principais cidades que atravesa:
- Aisne (02)
- Oise (60): Compiègne, Creil
- Val-d'Oise (95): Cergy-Pontoise
- Yvelines (78): Conflans-Sainte-Honorine