Río Sena
O Sena (en francés Seine, pronunciado [sɛn]) é un río francés que pasa por Troyes, París e Ruán. O Sena ten unha lonxitude de 780 km. O seu nacemento sitúase a 447 metros de altitude, en Source Seine[1] sobre a meseta de Langres, en Côte-d'Or. O seu curso ten unha orientación xeral de sueste a noroeste. Desemboca no canal da Mancha, preto de Le Havre. A superficie da bacía é de aproximadamente 75.000 km².
río Sena | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
Nacemento | Côte-d'Or |
Altitude | 447 msnm |
Lonxitude | 780 km |
Conca | 78.650 km² |
Caudal medio | 500 m³/s |
Desembocadura | Canal da Mancha |
Mapa do río Sena. | |
Ribeiras do Sena en París | |
---|---|
![]() O Sena atravesando París, visto desde a Torre Eiffel | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 49°26′05″N 0°07′03″L / 49.43472, -0.11750 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, VI |
Inscrición | 1991 (15ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 600 |

A débil inclinación do val do Sena, en Illa de Francia e en Normandía, causou a formación de gran cantidade de meandros profundos; pola mesma razón, os efectos da marea fanse sentir sobre un cento de quilómetros ata Poses e manifestábanse ata un pasado recente no fenómeno do "macareu".
O Sena é unha vía navegábel moi importante, de París ao Canal da Mancha. Atópanse nel dous dos máis importantes portos fluviais de Francia: París (porto de Gennevilliers) e Ruán, que é igualmente un importante porto marítimo, o que permite o transbordamento (Primeiro Porto cerealeiro de Europa). É navegábel de París ata Nogent-sur-Seine. Outros portos fluviais notábeis son Limay-Porcheville e Montereau.
Numerosas industrias están situadas ao longo do val do Sena: automoción (Poissi, Flins, Cléon, Sandouville), petroquímica (Port-Jerôme, Gonfreville-l'Orcher, Notre-Dame-de-Gravenchon, Petit-Couronne), centrais térmicas (Porcheville, Saint-Ouen), central nuclear (Nogent-sur-Seine).
O lago artificial de Forêt d'Orient, en Troyes, foi creado nos anos 1960 para regular o caudal do río.
Curiosidade: as fontes do Sena é propiedade da cidade de París dende 1864. Unha cova artificial foi construída un ano despois, para controlar a fonte principal, e tamén unha estatua dunha ninfa, que simboliza o río. Porén, a capital desinteresouse despois, e a parcela debeu volver á rexión de Borgoña, desexosa de revalorizar o sitio.
Principais afluentesEditar
Os principais afluentes do Sena son, desde a súa fonte:
- Aube (D) - 248 km
- Yonna (E) - 293 km
- Loing (E) - 166 km
- Essonne (E) - 90 km
- Marne (D) - 525 km
- Oise (D) - 302 km
- Epte (D) - 100 km
- Andela (D) - 54 km
- Eure (E) - 225 km
- Risle (E) - 140 km. No esteiro do Sena
NB: D=Dereita E=Esquerda
Departamentos atravesadosEditar
Indo da fonte ata a súa desembocadura.
Na rexión de Borgoña:
Na rexion de Champaña Ardenas:
Na rexión da Illa de Francia:
Na rexión da Alta Normandía:
Na rexión da Baixa Normandía:
- Calvados (a carón no final)
Principais cidades atrevesadasEditar
- Troyes
- Nogent-sur-Seine
- Melun
- Évry
- Athis-Mons
- Villeneuve-le-Roi
- Villeneuve-Saint-Georges
- Choisy-le-Roi
- Alfortville
- Maisons-Alfort
- Ivry-sur-Seine
- Charenton-le-Pont
- París
- Boulogne-Billancourt
- Issy-les-Moulineaux
- Sèvres
- Saint-Cloud
- Suresnes
- Puteaux
- Neuilly-sur-Seine
- Courbevoie
- Levallois-Perret
- Clichy
- Nanterre
- Rueil-Malmaison
- Saint-Ouen
- L'ile-Saint-Denis (unha illa no río)
- Saint-Denis
- Argenteuil
- Saint-Germain-en-Laye
- Maisons-Laffitte
- Poissy
- Médan
- Mantes-la-Ville
- Mantes-la-Jolie
- Les Andelys
- Sotteville-lès-Rouen
- Ruán
- Le Havre
- Honfleur
NotasEditar
- ↑ "Service de Géodésie et Nivellement". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2009.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sena |