Normandía

Normandía[1] (en francés Normandie, en normando Normaundie) foi un ducado histórico e logo unha provincia do antigo réxime francés. Dende 1790 é unha rexión xeográfica e cultural do norte de Francia. Desde o 1 de xaneiro de 2016 as antigas rexións administrativas da Alta Normandía (Haute-Normandie) —composta polos departamentos franceses de Sena Marítimo e Eure— e a Baixa Normandía (Basse-Normandie) — composta polos de Orne, Calvados e Mancha— reunificáronse nunha única rexión, Normandía (Normandie).

Normandía
Normandie
Normaundie
Bandeira de Normandía
Escudo de Normandía
BandeiraEscudo
Normandía.PNG
Lema: Que Dieu nous aide!
Diex Aïe!
(Que Deus nos axude!)
Himno: [[Ma Normandie 1]]
Capital
 Poboación
Caen e Ruán
200.000 e 385.000
Cidade máis poboadaCaen e Ruán
Lingua oficialfrancés2
SuperficiePosto Xº
 • Total17.783 km²
 • % auga%
 • Total3.300.000 (est.) (2005) hab.
 • Densidade107 % hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaEuro (€, EUR)
IDHn/d
XentilicioNormando
Fuso horarioGMT (UTC-5, -4)
 • Horario de veránNon aplica
Prefixo telefónicon/d
Prefixo radiofónicon/d
Código ISOn/d
Membro de: Francia
1 O himno non é oficial
2 O normando e o jèrriais, linguas faladas por unha minoría da poboación, non están recoñecidas polo goberno francés.

O antigo ducado de Normandía atopábase no norte de Francia, e ocupaba a área baixa do río Sena, o Pays de Caux e a rexión do oeste a través do Pays d'Auxe ata a península de Cotentin. Historicamente, Normandía foi unha provincia de Francia [Cómpre referencia].

As Illas Anglonormandas aínda que son dependencias da coroa británica, forman cultural e historicamente parte do Ducado de Normandía.

HistoriaEditar

Normandía foi o lugar onde habitaron os normandos a comezos da Idade Media. Eles foron os últimos en invadir con éxito Inglaterra. Eran unha mestura de indíxenas galos e viquingos invasores baixo o liderado de Roberto I (Gange Rolf), quen sitiou París e foille concedida a área de Normandía a cambio de defendela contra os ataques piratas mediante o tratado de Saint-Clair-sur-Epte no ano de 911.

Algunhas familias normandas, como a de Tancredo de Hauteville tiveron un importante papel nas Cruzadas.

Un descendente de Roberto, Guillerme, duque de Normandía, invadiu Inglaterra en 1066 e converteuse no Rei Guillerme I de Inglaterra. Normandía mantívose asociada con Inglaterra ata 1087, entre 1106 e 1144, e entre 1154 e 1204.

A batalla de Bouvines tivo lugar en 1214. Foi ocupada por forzas inglesas durante a Guerra dos Cen Anos entre 1346 e 1360 e novamente entre 1415 e 1450.

En 1942, durante a segunda guerra mundial, tivo lugar a batalla de Dieppe (Sena Marítimo), ataque das forzas aliadas (principalmente canadenses e británicas) aos ocupantes alemáns. A rexión foi máis tarde o escenario da batalla de Normandía ou operación Overlord, que tivo lugar na mañá do 6 de xuño de 1944, sendo as praias normandas a principal vía de entrada das tropas aliadas no III Reich, data tamén coñecida como o día D, o que abriu unha segunda fronte contra o exército nazi.

No 2004 con motivo de sesaxésimo aniversario do desembarco, o chanceler de Alemaña Gerhard Schröder visitou a rexión marcando un fito nas relacións franco-alemás.

Tanto Robert Wace como Orderico Vital son importantes escritores normandos da historia da provincia.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para normando.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.