Hauts-de-France
Hauts-de-France[1] é unha rexión francesa. Creada a partir da reforma territorial de 2014 coa fusión de Norte-Paso de Calais e Picardía, a nova rexión entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015.[2] O Consello de Estado de Francia aprobou Hauts-de-France (Alta Francia) como novo nome da rexión no día 28 de setembro de 2016.[3] A rexión abarca unha área de máis de 31 813 km2 (12 283 sq mi) e contaba no 2015 cunha poboación de 6 009 976 habitantes.[4] A súa capital e cidade máis poboada é Lille.
Hauts-de-France | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Lille | ||
Cidade máis poboada | Lille | ||
Lingua oficial | Francés | ||
Forma de goberno | Rexión de Francia | ||
Presidente | Xavier Bertrand (LR) | ||
Superficie | Posto 8º | ||
• Total | 31 813 km2 km² | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 3º | ||
• Total | 6 009 976 (2015) hab. | ||
• Densidade | 189 hab./km2 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .fr | ||
Código ISO | FR-HDF | ||
Toponimia Editar
O nome temporal de Nord-Pas-de-Calais-Picardie foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada[5] dos nomes das agora abandonadas denominacións rexionais de Norte-Paso de Calais e de Picardía.
O 14 de marzo de 2016, con suficiente anticipación á data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional aproba "Hauts-de-France" como o nome definitivo da rexión[1][5], supoñendo o abandono do nome provisional para o 30 de setembro de 2016.[3]
Ao igual que sucede coa rexión do Gran Leste, o nome de Alta Francia non contén referencia algunha á historia ou identidade da área, limitándose a describir a súa posición xeográfica dentro da Francia metropolitana.
Xeografía Editar
A rexión linda con Bélxica (Flandres e Valonia ao nordeste), co canal da Mancha e o Reino Unido (Inglaterra ) ao noroeste, así como coas rexións galas do Gran Leste ao sueste, Illa-de-Francia ao sur e de Normandía ao sueste.
Principais poboacións Editar
- Lille (227,560; prefectura da rexión)
- Amiens (133,448)
- Roubaix (94,713)
- Tourcoing (91,923)
- Dunkirk (90,995)
- Calais (72,589)
- Villeneuve-d'Ascq (62,308)
- Saint-Quentin (55,978)
- Beauvais (54,289)
- Valenciennes (42,989)
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Regional council votes for "Hauts-de-France", La Voix du Nord, 14 de marzo de 2016
- ↑ "La carte à 13 régions définitivement adoptée". Le Monde (en French). Agence France-Presse. 17 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Portant fixation du nom et du chef-lieu de la région Hauts-de-France" (en francés). 28 de setembro de 2016. 2016-1265.
- ↑ "Insee - Populations légales 2012 - Populations légales 2012 des régions". Insee. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 "Relative à la délimitation des régions, aux élections régionales et départementales et modifiant le calendrier électoral" (en francés). 16 de xaneiro de 2015. 2015-29.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina oficial (en francés)
- Merger of the regions - France 3Arquivado 16 de xuño de 2015 en Wayback Machine.