Illa de Francia

rexión de Francia

Illa de Francia[1][2] (en francés: Île-de-France) coñecida tamén popularmente como Région Parisienne (en galego: «Rexión Parisiense»), é unha rexión histórica e administrativa de Francia, situada ao redor da súa capital, París. Os seus habitantes chámanse franciliens e franciliennes.

Illa de Francia
Île-de-France
Bandeira de Illa de Francia
Escudo de Illa de Francia
BandeiraEscudo
Île-de-France in France 2016.svg
EstadoFrancia Francia
CapitalParís
 • Poboación2 181 371 (2006)
Lingua oficialFrancés
Forma de gobernoConsello Rexional
President
Jean-Paul Huchon (PS)
SuperficiePosto 21º
 • Total12.011 km²
PoboaciónPosto 1º
 • Total11 694 000 (2008) hab.
 • Densidade974 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.fr
Código ISOFR-J e FR-IDF

É unha das rexións con maior renda per cápita do mundo e constitúe a área metropolitana de París.[3] É a rexión máis poboada de Francia, e ten máis habitantes que Bélxica, Suecia ou Grecia. É a terceira entidade subnacional máis poboada da Unión Europea logo de Renania do Norte-Westfalia e Baviera.

A reforma territorial de 2014 non afectou á delimitación da rexión, sendo unha das cinco rexións metropolitanas que non cambiaron.

NotasEditar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 125. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 24 de abril de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 113. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Competitive Cities in the Global Economy OECD, ed. (27 de xuño de 2007). "Chapter 3. The Governance of Metro-regions (páxinas 162 & 163)". 

Véxase taménEditar