Pequín

cidade capital da República Popular da China

Coordenadas: 39°54′50″N 116°23′30″L / 39.91389, -116.39167

Pequín[1][2][3][4],[5] (/pˈkɪŋ/ nome romanizado de Beijing 北京 (/bˈɪŋ/;[6][7] ou Beixín[8], é a capital da República Popular da China. É o centro político, cultural, de comunicación internacional, de innovación científica e tecnolóxico do país.[9] Pequín é a capital nacional máis poboada do mundo, con máis de 21 millóns de habitantes dentro dunha área administrativa de 16,410.5 km2.[10] Non obstante, a súa área construída, a terceira máis grande da China despois de Guangzhou e Shanghai, é lixeiramente maior, incluíndo tres municipios en Hebei (Sanhe, Dachang e Zhuozhou) están asimilados pero aínda non están unificados nos distritos de Miyun e Pinggu de Pequín.[11] Atópase no Norte da China, e está gobernado como un municipio baixo a administración directa do Consello de Estado con 16 distritos urbanos, suburbanos e rurais.[12] Pequín está rodeada maioritariamente pola provincia de Hebei coa excepción da veciña Tianjin ao sueste; xuntas, as tres divisións forman a megalópole de Jingjinji e a rexión da capital nacional da China.[13]

Pequín
北京
(Beijing)

Beijing montage.png
Varias imaxes da cidade
Localización
Beijing in China (+all claims hatched).svg
PaísRepública Popular da China China
Xeografía
Altitude43.5 msnm
Superficie16.801,25 km²
Demografía
Poboación17.500.000 hab. (2009)
Densidade1.200 hab/km²
Xentiliciopequinés[1]
Outros datos
Código postal100000–102629
AlcaldeGuo Jinlong
www.beijing.gov.cn

Pequín é unha cidade global un dos principais centros mundiais da cultura, da diplomacia, da política, das finanzas, das empresas e da economía, da educación, da investigación, da lingua, do turismo, dos medios de comunicación, do deporte, da ciencia e da tecnoloxía e do transporte. Como megacidade, Pequín é a segunda cidade china máis grande por poboación urbana despois de Shanghai.[14] É a sede da maioría das maiores empresas estatais da China e alberga o maior número de empresas do mundo na lista do Fortune Global 500, así como as catro maiores institucións financeiras do mundo polos seus activos totais.[15][16] Tamén é un centro importante para as redes nacionais de estradas, vías rápidas, ferroviarias e de alta velocidade. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital é o segundo máis transitado do mundo por tráfico de pasaxeiros (o máis transitados de Asia) desde 2010,[17] O Aeroporto Internacional de Pequín-Daxing, o segundo aeroporto internacional de Pequín, é a terminal de aeroporto de estrutura única máis grande do mundo.[18][19] e, a rede de metro da cidade é a máis concorrida e a máis longa do mundo.

Combinando arquitecturas de estilo moderno e tradicional, Pequín é a unha das cidades máis antigas do mundo, cunha rica historia que data de máis de tres milenios. Como a última das catro grandes capitais antigas da China, Pequín foi o centro político do país durante a maior parte dos últimos oito séculos.[20] e foi a cidade máis grande do mundo por poboación durante gran parte do segundo milenio d.C..[21] Con montañas que rodean a cidade interior por tres lados, ademais dos antigos muros interiores e exteriores da cidade, Pequín estaba estratexicamente preparada e desenvolvida para ser a residencia do emperador motivo polo que era o lugar perfecto para a capital imperial. A cidade é coñecida polos seus opulentos palacios, templos, parques, xardíns, tumbas, muros e portas.[22] Pequín é un dos destinos turísticos máis importantes do mundo. En 2018, Pequín foi a segunda cidade turística con máis ingresos do mundo despois de Shanghai.[23] Pequín alberga moitos monumentos e museos e ten sete declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO— a Cidade Prohibida, Templo do Ceo, Palacio de Verán, Tumbas Ming, Zhoukoudian e partes da Gran Muralla e o Gran Canal—todos eles son lugares turísticos populares.[24] Os siheyuans, o estilo de vivenda tradicional da cidade, e os hutongs, as rúas estreitas entre os siheyuans, son as principais atraccións turísticas e son comúns na cidade urbana de Pequín.

Moitas das universidades públicas de Pequín están constantemente entre as mellores de Asia-Pacífico e do mundo.[25][26] Pequín é o fogar das dúas mellores universidades da Liga C9 (Tsinghua e Pequín) na rexión de Asia e Oceanía e dos países emerxentes.[27][28] o Beijing CBD é un centro para a expansión económica de Pequín, coa construción en curso ou recentemente rematada de múltiples rañaceos. A área de Zhongguancun de Pequín é un centro líder mundial de innovación científica e tecnolóxica, así como de espírito empresarial. Pequín foi clasificada como a cidade coa maior produción de investigación científica polo índice de Nature desde 2016.[29][30] A cidade acolleu numerosos eventos deportivos internacionais e nacionais, sendo os máis destacados os Xogos Olímpicos de verán de 2008 e os Xogos Paralímpicos de verán de 2008. En 2022, Pequín converteuse na primeira cidade en acoller uns Xogos Olímpicos de Verán (2008) e os Xogos Olímpicos de Inverno (2022),[31] e tamén os Paraolímpicos de Verán e os Paralímpicos de Inverno.[32] Pequín alberga 175 embaixadas estranxeiras, así como as sedes de moitas organizacións, incluíndo o Banco Asiático de Investimentos en Infraestruturas (AIIB), a Organización de Cooperación de Shanghai (SCO), o Fondo da Ruta da Seda, a Academia Chinesa de Ciencias, a Academia Chinesa de Enxeñaría, a Academia Chinesa de Ciencias Sociais, a Academia Central de Belas Artes, a Academia Central de Drama, o Conservatorio Central de Música e a Sociedade da Cruz Vermella da China.

EtimoloxíaEditar

Pequín en chino está compuesto poos caracteres 北 běi «norte» e 京 jīng «capital». O seu significado é «Capital do Norte», en contraste con Nanjing (Nanjing), composto de 南 nán «sur» e 京 jīng «capital» e co significado de «Capital do Sur». Na China, a cidade tivo moitos nomes. Entre 1928 e 1949, coñecíase en chino como Běipíng (北平, Peip'ing, en Wade-Giles) ou «Paz do Norte». O nome xa fora empregado ao comezo da dinastía Ming, en ambos os casos para salientar que Nanjing, a capital do sur, era a única capital.

A cidade volveu ao nome de Běijīng durante a ocupación xaponesa, e chamaríase de novo Běipíng despois do final da segunda guerra mundial, cando os xaponeses abandonaron a China. O Partido Comunista da China cambiou de novo o nome da cidade en 1949, como mostra da súa intención de establecer a capital do novo réxime na cidade. Despois da proclamación da República Popular, o nome Běipíng seguiu usándose en Taiwán, onde o goberno de refuxiados da República China negou a lexitimidade ás autoridades comunistas do continente. Desde a década de 1980, os medios taiwaneses tamén usaron o nome Běijīng. Nótese que o nome chino actual e tradicional Běijīng é o correspondente á forma tradicional galega "Pequín", mentres que o nome da época nacionalista Běipíng adoitaba transcribirse en Occidente en variantes da ortografía de Wade-Giles como Peiping, Peip'ing, Pei-ping ou Pei-p'ing.

Yanjing (燕京, pinyin: Yānjīng, Wade-Giles: Yen-ching) é outro nome que se lle deu e recibe popularmente Pequín, en referencia ao antigo estado de Yan que existía na zona durante a dinastía Chou. Este nome aparece no nome da cervexa Yanjing local e no da Universidade de Yenching, unha institución de alto nivel fusionada coa Universidade de Pequín. Pequín é o Khanbaliq, Cambaluc ou Cambaluc descrito nas viaxes de Marco Polo e Ibn Battuta.

HistoriaEditar

Pequín, Beijing, antes de ser unha cidade foi un dos primeiros territorios ocupado por humanos. Varias veces foi capital e mudou de nome ata ser a actual capital da República Popular da China en 1949.

PrehistoriaEditar

En Zhoukoudian, nas aforas do suroeste da cidade, atópase un importante asentamento de Homo erectus con restos humanos que datan de hai 700.000 a 500.000 anos, os máis importantes (Home de Pequín), e ata 250.000 anos antes da nosa era [33].

Así queda constancia de que a área de Pequín é unha das de máis antigo poboamento da Terra.

Nas mesmas covas, na superior en concreto, tamén habitaron Homo sapiens dende o 50.000 ata o 18.000 a.C. e, xa no neolítico, atópanse restos de pintura ritual (hematite) de entre 10.000 e 9.000 a.C.

Entrando xa na historia, inda que na mítica polo momento, a primeira mención dunha cidade na área corresponde a época do patriarca han, o Emperador Amarelo (2698-2598 a.C.). Trátase de Zhuolu, hoxe unha pequena vila ao noroeste da municipalidade de Beijing. Nela, o emperador fundacional batallou contra os bárbaros impoñendo a súa etnia. En conmemoración da vitoria levantou unha capital.

Tamén lendaria pero xa no soar da actual metrópole, cítase Youdu ou "cidade da quietude" na época do emperador Yao (2333-2234 aC).

JiEditar

Cara ao final do primeiro milenio antes da nosa era, nos comezos da dinastía Zhou, as tribos presentes na área van converxendo nun réxime de reinos. Aparecen as primeiras poboacións estables e sobre o 1045 a.C. a cidadela de Ji que é conquistada polo reino ou estado de Yan nunha data confusa entre o 865-400 a.C., converténdose na súa capital.

Durante o período dos Reinos combatentes (475-226 a.C.) é un importante centro do norte da China cos nomes alternativos de Yanjing ou Yenshiatu. Situábase uns dez quilómetros ao norte da cidade actual. No 226 a.C., o primeiro emperador chinés, o unificador Qin Shihuang , conquístaa e destrúea.

Reconstruída ao suroeste da Cidade Prohibida, no norte da actual porta Guanganmen, pasa a ser un centro administrativo e guarnición militar das dinastías Han, Sui e Tang asemade con nomes diversos (Jicheng, Youzhou [34]).

Tralo colapso da dinastía Tang, o norte da China coñece a entrada de continxentes de pobos turcos e mongois entre os que destacan os Khitan que fundan a dinastía Liao (907-1127) con capital que eles chaman Yu ou Nanjing ('capital do sur' dos seus territorios) na antiga Ji. O seu emperador Taizong (927-47) leva a cabo plans de reconstrución erixindo unha muralla de dez metros de altura, oito portas e un recinto interior cos pazos [35].

ZhongduEditar

Un novo pobo do norte, os manchús Jurchen da dinastía Jin (1115-1234) suceden aos Khitan. En 1153 trasladan a súa capital a Yu que rebautizan coma Zhongdu. Considérase a data fundacional de Beijing coma capital chinesa. De feito xa non era un enclave de fronteira posto que os jurchen dominaban toda a metade norte da China ata o Yangtzé.

Tal importancia requiría unha capital axeitada. A partir de 1151, o soberano Hailingwang vai reconstruír Nanjing (3x3 km) a imitación de Kaifeng, a anterior capital dos derrotados Song do norte. Estende a cidade polo leste, sur e oeste deixando así a típica configuración da capital chinesa: tres cidades, a interior ou palaciana (1,5x0,75 km); a intermedia, administrativa e da corte; e a exterior da poboación en xeral (4,5x4,5 km), cada unha co seu cinto de fortificacións.

DaduEditar

 
Templo de Confucio construído cara a 1285 durante a ocupación mongol.

En 1215 Genghis Khan conquista e incendia Zhongdu. O seu neto Kublai Khan, que está a conformar o maior imperio coñecido, o Imperio Mongol, decide en 1264 reconstruíla coma a súa nova capital. Co precedente de Xanadú (Shangdu, capital de verán na Mongolia Interior) e segundo os principios do Libro dos Ritos, entre 1267-93 eríxese a nova cidade de Dadu ou Khanbaliq (Cambaluc) ao nordeste da vella Zhongdu (que se manterá coma vila chinesa mentres a nova será a cidade mongol ou tártara).

A capital da dinastía Yuan, que impresionará grandemente a Marco Polo na súa estadía na corte do Gran Khan, é un vasto rectángulo de 28 km de perímetro amurallado con once portas. O seu deseño, de Liu Bingzhong ao igual co de Xanadú, mantén na súa planta a tripla configuración da capital dos Jin: Pazo Imperial (cidade interior), Cidade Imperial (cidade intermedia), e cidade exterior [36].

A contribución novidosa de Liu Bingzhong, e de gran transcendencia no futuro da cidade, é a súa concepción paisaxística do plan: O eixo norte-sur respéctase pero cunha certa corrección cara ao leste para acoller o lago Taiyi Zhi co a illa de Quionghua onde xa os Jin gozaban dun pazo e parque. Ao carón deste belo escenario natural disporase a Cidade Imperial.

PequínEditar

En 1368 Hongwu expulsa aos mongois e instaura a dinastía Ming. Tras un breve tempo no que a capital instálase en Nanjing ("capital do sur") e no que a muralla norte de Dadu retrocede 2,8 km cara ao sur para unha mellor defensa, en 1403 o emperador Yongle decide trasladala de novo ao norte, a Dadu, e por iso a renomea Beijing ("capital do norte").

De seguido emprende un vasto programa construtivo que ten por base o deseño da capital de Kublai. Así, sobor do antigo Pazo Imperial vai construír a celebérrima Cidade Prohibida (1406-20),[37]. Diante, a ambos lados do acceso principal, erixe os templos dos devanceiros (Taimiao) e o da terra (Shejitan), que en Dadu estaban nos dous extremos do eixo leste-oeste, xunto a muralla. E pechando a composición polo norte, onde Kublai tiña o xardín imperial, Yongle levanta un outeiro artificial. Tras del, no eixo, a Torre do Tambor e da Campá.

Ao mesmo tempo, as murallas do sur movéronse 800 metros nesa dirección (xusto a lonxitude da actual Praza de Tian'anmen), para ampliar a Cidade Imperial.

En 1420, ampliando o grande eixo cara ao sur fóra de murallas, manda construír o Templo do Ceo [38] e o da Agricultura (1422). En torno a este complexo crecerá a cidade que entre 1522 e 1566 pecharase cun novo cinto murario constituíndo a chamada 'cidade chinesa' (por oposición a 'cidade tártara' próxima polo norte) [39].

Constituíu o conxunto urbano máis grande do mundo ata o século XIX, superando o millón de habitantes.

Este vai ser o esquema básico sobre o que Beijing chegará ata a actualidade. En forma radioconcéntrica a partir de aneis periféricos sucesivos [40] a metrópole esténdese polo territorio. Cando nos anos sesenta derrúbanse finalmente as murallas Ming, o encontro da cidade chinesa e a tártara conformará o maior eixo da cidade actual, a Avenida Changan (máis de 25 km), en cuxo punto central, onde se atopa a entrada a Cidade Prohibida, abrirase a gran Praza Tian'anmen, verdadeiro corazón do actual Beijing [41].

Albergou os Xogos Olímpicos de 2008. Para o Parque Olímpico escolleuse o eixo norte, por fóra da antiga muralla de Dadu.

XeografíaEditar

 
Imaxe do satélite Landsat 7 do municipio de Pequín coas montañas circundantes en cor marrón escuro

Pequín está situado no extremo norte da chaira do norte da China, aproximadamente de forma triangular, que se abre ao sur e ao leste da cidade. As montañas ao norte, noroeste e oeste protexen a cidade e o corazón agrícola do norte da China das invasoras estepas do deserto. A parte noroeste do municipio, especialmente o condado de Yanqing e o distrito de Huairou, están dominados polas montañas Jundu, mentres que a parte occidental está enmarcada por Xishan ou os outeiros occidentais. A Gran Muralla China, na parte norte do municipio de pequín, construíuse sobre a escarpada topografía para defenderse contra as incursións nómades das estepas. O Monte Dongling, nos outeiros occidentais e na fronteira con Hebei, é o punto máis alto do municipio, cunha altitude de 2303 metros.

 
A Gran Muralla China o seu paso polo norte da cidade

Os principais ríos que flúen a través do municipio, son o Chaobai, Yongding e Juma, todos tributarios no sistema do río Hai, e flúen en dirección sueste. O encoro de Miyun, na parte alta do río Chaobai, é o encoro máis grande dentro do municipio. Pequín é tamén o terminal norte do Gran Canal que chega ata Hangzhou e que se construíu hai máis de 1400 anos como ruta de transporte, o Proxecto de Transferencia de Auga Sur-Norte foi construído na última década para levar auga desde a conca do río Yangtzé.

A área urbana de Pequín, nas chairas do centro-sur do municipio cunha elevación de 40 a 60 metros, ocupa unha porción relativamente pequena pero sirven de expansión a área do municipio. A cidade esténdese en circunvalacións concéntricas. A segunda estrada de circunvalación rastrexa as antigas murallas da cidade e a sexta estrada de circunvalación conecta as cidades satélites cos suburbios circundantes. Tian'anmen e a praza de Tian'anmen están no centro de Pequín, directamente ao sur da Cidade Prohibida, a antiga residencia dos emperadores da China. Ao oeste de Tian'anmen atópase Zhongnanhai, a residencia dos líderes actuais da China. A avenida Chang'an, que corta entre Tiananmen e a praza, forma o principal eixo este-oeste da cidade.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pequinés.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 107. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Pequín". Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1608. ISBN 9788482893600. 
  4. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1444. ISBN 9788482893419. 
  5. China Postal Album: Showing the Postal Establishments and Postal Routes in Each Province (1st ed.). Shanghai, China: Directorate General of Posts. 1907. 
  6. "Beijing". Léxico UK English Dictionary. Oxford University Press. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2020. 
  7. Wells, John (3 April 2008). Longman Pronunciation Dictionary (3rd ed.). Pearson Longman. ISBN 978-1-4058-8118-0. 
  8. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  9. "Beijing info". english.beijing.gov.cn. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  10. "Beijing Municipal Bureau of Statistics and NBS Survey Office in Beijing" (en inglés). Beijing Municipal Bureau of Statistics. 23 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  11. "China: Hébĕi (Prefectures, Cities, Districts and Counties) - Population Statistics, Charts and Map". Arquivado dende o orixinal o 7 September 2021. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  12. Figures based on 2006 statistics published in 2007 National Statistical Yearbook of China and available online at 2006年中国乡村人口数 中国人口与发展研究中心 (archive). Consultado o 21 de abril de 2009.
  13. "Basic Information". Beijing Municipal Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  14. "Beijing". The Columbia Encyclopedia (6th ed.). 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  15. "Top 100 Banks in the World" (en inglés). www.relbanks.com. Arquivado dende o orixinal o 29 July 2018. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  16. "Beijing has most Fortune 500 global HQs". Beijing Municipal People's Government. Arquivado dende o orixinal o 28 November 2016. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  17. "Year to date Passenger Traffic". Airports Council International. 23 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  18. "What does the world's largest single-building airport terminal look like?". BBC News. 15 April 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  19. Taylor, Alan. "Photos: The World's Largest Airport-Terminal Building - The Atlantic". The Atlantic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  20. "Peking (Beijing)". Encyclopædia Britannica 25 (Macropædia, 15th ed.). p. 468. 
  21. "Top Ten Cities Through History". things made unthinkable. Arquivado dende o orixinal o 24 June 2011. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  22. "Beijing". World Book Encyclopedia. 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 May 2008. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  23. Töre, Özgür. "WTTC reveals the world's best performing tourism cities" (en inglés). ftnnews.com. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  24. 走进北京七大世界文化遗产 – 千龙网. qianlong.com (en chinés). 18 August 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  25. "Top 10 institutions in Beijing". www.natureindex.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2020. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  26. "US News Best Global Universities in Beijing". US News. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2020. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  27. "World University Rankings". Times Higher Education (THE) (en inglés). 2022-10-04. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  28. "Emerging Economies". Times Higher Education (THE) (en inglés). 22 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  29. Jia, Hepeng (19 de setembro de 2020). "Beijing, the seat of science capital". Nature (en inglés) 585 (7826): S52–S54. Bibcode:2020Natur.585S..52J. doi:10.1038/d41586-020-02577-x. 
  30. jknotts (25 de setembro de 2020). "Beijing Defends its Title as World's Top City for Scientific Research". www.thebeijinger.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  31. "Beijing and Zhangjiakou launch joint bid to host 2022 Winter Olympic Games". insidethegames.biz. 5 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  32. "IOC awards 2022 Winter Olympics to Beijing". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2017. Consultado o 17 de outubro do 2022. 
  33. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  34. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  35. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  36. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 01 de agosto de 2012. 
  37. [1]
  38. [2]
  39. [3] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.[4]
  40. [5]
  41. [6]

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar