Marco Polo
Marco Polo, nado en Venecia c. 15 de setembro de 1254 e finado tamén en Venecia o 9 de xaneiro de 1324[1], foi un viaxante veneciano do final da Idade Media. Xuntamente co seu pai, Nicolau Polo, e o seu tío, Maffeo, foi dos primeiros occidentais en percorrer a Ruta da Seda. O seu relato detallado das súas viaxes polo oriente, incluíndo a China, foron durante moito tempo unhas das poucas fontes de información sobre a Asia no occidente.
Marco Polo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1254 |
probabelmente en Venecia, Italia | |
Falecemento | 9 de xaneiro de 1324 |
Venecia, República de Venecia | |
Soterrado | Igreja de San Lorenzo |
Nacionalidade | República de Venecia |
Etnia | Pobo italiano |
Ocupación | mercador, explorador |
Pai | Niccolò Polo |
Cónxuxe | Donata Badoer |
Fillos | Fantina Polo |
Coñecido por | Le Divisament dou monde |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A primeira viaxeEditar
Os mercadores de Venecia, coñecidos comerciantes e viaxeiros, viaxaron moito en busca de mercadorías e clientes, mais poucos chegaron tan lonxe coma os Polo. Na familia Polo houbo outros exploradores ademais de Marco. O seu pai Nicolau (ou Nicolò, en veneciano) e o seu tío Mateo (ou Maffio) eran prósperos mercadores dedicados ao comercio con Oriente. Ambos partiron cara a Asia en 1255 e alcanzaron a China en 1266, chegando a Khanbaliq cerca de Pequín. Volveron da China como enviados do Kublai Khan cunha carta para o Papa na que pedía que enviase a xente ilustrada que ensinase no seu imperio, para informar os mongois sobre a súa forma de vida.
A segunda viaxeEditar
Mateo e Nicolau Polo partiron nunha segunda viaxe, coa resposta do Papa a Khublai Khan, en 1271. Esta vez Nicolau levou a Marco, quen axiña gañou a confianza de Khublai Khan, quen o fixo o seu conselleiro. Pouco despois Marco pasou a ser emisario do Khan. Nos seus dezasete anos de servizo ao Khan, Marco Polo chegou a coñecer as vastas rexións da China e os numerosos logros da civilización chinesa, moitos dos cales eran máis avanzados cós contemporáneos europeos.
Il MilioneEditar
Ao seu regreso da China en 1295, a familia estableceuse en Venecia, onde se converteu nunha sensación e atraeu multitudes de oíntes, que a duras penas crían as súas historias sobre a afastada China.
O seu impaciente carácter levou a Marco Polo a tomar parte na batalla naval de Curzola/Korčula entre Xénova e Venecia en 1298. Foi capturado e pasou os poucos meses do seu cativerio ditando un detallado relato das súas viaxes polas descoñecidas rexións orientais. O seu libro, Il Milione ("O millón", coñecido en galego como As viaxes de Marco Polo) foi escrito en provenzal e traducido axiña a moitas linguas europeas. O orixinal perdeuse e consérvanse varias versións, con frecuencia contraditorias, das traducións. O libro converteuse de inmediato nun éxito. As historias do libro foron consideradas fantasiosas polos seus contemporáneos.
A veracidade da viaxeEditar
No seu leito de morte, a súa familia pediulle a Marco que confesase o que había de mentiras nas súas historias. Marco negouse, insistindo, «Só contei a metade do que vin!».
Mentres a maioría dos historiadores cren que Marco Polo efectivamente chegou á China, recentemente algúns propoñen que non chegou tan lonxe, e que simplemente contou a información que lles ouvía a outros. Estes escépticos sinalan que, entre outras omisións, o seu relato falla ao non mencionar a escritura chinesa, os palillos, o té, a vendaxe de pés nin a Gran Muralla. Ademais, os arquivos chineses da época non o mencionan, a pesar de que afirmaba ter servido como emisario especial de Kublai Khan, o que resulta insólito, dado o coidado co que se levaban os arquivos na China naquel tempo.
Por outra parte, Marco describe outros aspectos da vida no Afastado Oriente con moito detalle: o papel moeda, o Gran Canal, a estrutura do exército mongol, os tigres e o sistema postal imperial. Tamén se refire a Xapón polo seu nome chinés, Zipang ou Cipango. Isto está considerado normalmente a primeira mención do Xapón na literatura occidental.
Impacto históricoEditar
Aínda que os Polo non foron os primeiros europeos en chegar a China por terra, grazas ao libro de Marco a súa viaxe foi a primeira en ser coñecida amplamente e a mellor documentada ata entón.
A lenda conta que Marco Polo introduciu en Italia algúns produtos da China, entre eles os xeados, a piñata e a pasta, especialmente os espaguetes. Porén, esta lenda está moi cuestionada. Por exemplo, hai probas de que a pasta xa se coñecía en Grecia e Italia dende a antigüidade.
O libro escrito por Marco Polo, a pesar de que moitas das súas aseveracións se puxeron en dúbida naquela época, inspirou a moitos viaxeiros e exploradores.
NotasEditar
- ↑ Bergreen, Laurence (2007), Marco Polo: From Venice to Xanadu, Londres: Quercus
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Marco Polo |
BibliografíaEditar
- Basil, Lubbock (2008). The Colonial Clippers. Read Books. ISBN 978-1-4437-7119-1.
- Bergreen, Laurence (2007). Marco Polo: From Venice to Xanadu. London: Quercus. ISBN 978-1-84724-345-4.
- Bram, Leon L.; Robert S., Phillips; Dickey, Norma H. (1983). Funk & Wagnalls New Encyclopedia. New York: Funk & Wagnalls. ISBN 978-0-8343-0051-4. (Article republished in 2006 World Almanac Books, available online from History.com)
- Brook, Timothy (2010). The Troubled Empire: China in the Yuan and Ming Dynasties. Harvard University Press. ISBN 0-674-04602-1.
- Burgan, Michael (2002). Marco Polo: Marco Polo and the silk road to China. Mankato: Compass Point Books. ISBN 978-0-7565-0180-8.
- Edwards, Mike (2005). Marco Polo, Part 1. Washington, D.C.: National Geographic Society.
- Falchetta, Piero (2006). Fra Mauro's World Map. Turnhout: Brepols. ISBN 2-503-51726-9.
- Landström, Björn (1967). Columbus: the story of Don Cristóbal Colón, Admiral of the Ocean. New York City: Macmillan.
- "Marco Polo". The New Encyclopædia Britannica Macropedia 9 (15 ed.). Encyclopædia Britannica, Inc. 2002. ISBN 978-0-85229-787-2.
- "Marco Polo". Nordisk familjebok (en Swedish) (Uggleupplagan ed.). 1915.
- McKay, John; Hill, Bennet; Buckler, John (2006). A History of Western Society (Eighth ed.). Houghton Mifflin Company. ISBN 0-618-52266-2.
- Nicol, Donald M. (1992). Byzantium and Venice: a study in diplomatic and cultural relations. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42894-7.
- Marco Polo (1918). William Marsden, ed. The Travels of Marco Polo. Lndres: J.M. Dent & Sons. Consultado o 29 de maio de 2011.
- Daftary, Farhad (1994). The Assassin legends: myths of the Ismaʻilis (2 ed.). I.B. Tauris. ISBN 978-1-85043-705-5.
Ligazóns externasEditar
- Categoría en Open Directory (en inglés)
- As viaxes de Marco Polo (en inglés)
- A casa de Marko Polo en Korčula (en inglés)
- Selos de Marco Polo (en inglés)
- A Descrición do Mundo de Marco Polo, do libro de Frances Wood ¿Foi Marco Polo á China? (en inglés)
- Obras de Marco Polo no Proxecto Gutenberg (en inglés)