Imperio Mongol

antigo estado de Asia e Europa

O Imperio Mongol (en mongol: Монголын Эзэнт Гүрэн) foi o imperio de terras continuas máis extenso da historia. No seu apoxeo estendeuse dende a península coreana até o río Danubio.

Imperio Mongol
ᠶᠡᠬᠡ
ᠮᠣᠩᠭᠣᠯ
ᠤᠯᠤᠰ

Yeke Mongγol Ulus (mongol medio)

 

 

 

1206–1368
Expansión do Imperio Mongol      Imperio Mongol

No ano 1260 desintegrouse nos reinos:      Canato da Horda Dourada      Canato de Chagatai      Ilkhanato      Dinastía Yuan

Capital Avarga
Karakorum
Dadu (moderna Beijing)
Linguas
Relixión Tengrianismo, despois budismo, islam, cristianismo e outras
Goberno Monarquía electiva
Gran Khan
 • 1206–1227 Xenxis Kan
 • 1229–1241 Ögedei Khan
 • 1246–1248 Güyük Khan
 • 1251–1259 Möngke Khan
 • 1260–1294 Kublai Khan
 • 1333–1370 Toghan Temür Khan
Historia
 • Xenxis Kan unifica as tribos e proclama o Grande Estado Mongol 1206
 • Morte de Xenxis Kan
 • Pax Mongolica 1210–1350
 • Fragmentación do imperio 1260–1264
 • Caída da Dinastía Yuan Dynasty, marcando a disolución do imperio 1368
Superficie 24.000.000 km²
Moeda Dirhams, sukhe e billetes e chao
Precedido por
Sucedido por
Asia 1200ad.jpg Mongois Khamag
Khwarezmian Empire 1190 - 1220 (AD).PNG Imperio Corasmio
KaraKhitaiAD1200.png Canato de Kara-Kitai
Jin Dynasty 1141 (no borders).png Dinastía Jin (1115-1234)
Canato de Chagatai 3by2white.svg
Canato da Horda Dourada 3by2white.svg
Ilkhanato 3by2white.svg
Dinastía Yuan 3by2white.svg
Yuan do norte 3by2white.svg

Instituído por Xenxis Kan a partir do ano 1206, o imperio chegou a ter unha extensión máxima duns 36 millóns de quilómetros cadrados, incluíndo algunhas das nacións máis avanzadas e poboadas da época, como a China, Iraq, Irán e os países de Asia Central e Asia Menor.

FormaciónEditar

O guerreiro Temudjin uniu todas as tribos mongois baixo o seu mando cara ao ano 1206, cando o proclamaron Gran Khan, co nome de Xenxis Kan. Deseguido enfrontouse ao imperio Jin dos Jurchen e os Xi xia no norte da China, e, ante a resistencia do Imperio de Jwarizm, foi a Asia Central, devastando a Transoxiana e o oriente de Persia, e penetrou no sur de Rusia e o Cáucaso. Durante a guerra contra Xia Occidental en 1227, Gengis Khan enfermou e morreu.

O exército de Gengis Khan, malia ser relativamente pequeno, contaba cunha cabalería ben preparada, arqueiros expertos e disciplina entre os seus líderes.

Véxase tamén o texto épico mongol Historia secreta dos mongois.

OrganizaciónEditar

YasaEditar

Xenxis Kan tiña un código de leis chamado Yasa, que reunía tradicións do pobo, ademais dos seus pensamentos e inquedanzas sobre como debía exercerse o goberno. Baixo o mandato de Xenxis Kan, todos os individuos (a condición de que fosen nómades) e as relixións eran consideradas iguais pola lei mongol, mentres que eran discriminados os pobos sedentarios, en especial os chineses. Permitía o uso da tortura e exoneraba aos médicos do pago de impostos.

O Yasa era escrito en rolos de papel almacenados en volumes que só podían ser vistos polo Khan ou os seus asesores máis próximos, aínda que as regras que contiña eran amplamente coñecidas por todos e respectadas.

Gengis Khan tamén creou un amplo sistema postal para enviar ordes gobernamentais e reportes. En vista da diversidade étnica, relixiosa e tribal tanto dos civís como dos militares no imperio mongol, Gengis Khan insistiu que toda lealdade debía adicarse a el como Gran Khan. Esperábase a obediencia dos máis pobres aos máis ricos.

MeritocraciaEditar

Xenxis Kan prefería reinar a través das aristocracias locais, aínda que se estas se lle opuñan non tiña reparo en eliminalas. Con todo, entre os mongois, aplicou unha meritocracia: os títulos e cargos eran asignados tendo en conta o valor mostrado na batalla ou a lealdade, en contraposición co antigo sistema de herdanza a través da familia.

Liberdade de cultoEditar

No imperio mongol coexistían moitas relixións distintas cun grao limitado de liberdade de culto. Co pasar dos anos Xenxis Kan comezou a desenvolver un intenso interese polas relixións que percorrían a Ruta da Seda pois estaba convencido de que nelas podería atopar, mediante feitizos e ritos máxicos, o segredo da inmortalidade. En consecuencia, concedeuse liberdade de culto total e exonerouse aos sacerdotes do pago de impostos. Isto deu como resultado que a Ruta da Seda se convertese nun foro de diálogo inter-relixioso como nunca antes existira na Historia da Humanidade.

ComercioEditar

Os mongois valoraban as súas relacións comerciais cos países veciños, e mantiveron a súa política de apertura ao comercio durante as súas conquistas e expansión. Todos os mercadores e embaixadores que tivesen a documentación adecuada e autorización, eran protexidos mentres viaxaban polos seus dominios, razón pola cal intensificouse o comercio terrestre, do Mediterráneo á China, a través de rutas ben mantidas e transitadas xa que non había medo aos bandidos. Con todo, os mongois non tiveron moita influencia no comercio marítimo.

ConquistasEditar

 
Retrato de Xenxis Kan.

Tras unificar as tribos mongois, o seguinte obxectivo de Xenxis Kan foi a China, na época dividida en varios reinos, de entre eles o imperio Jin ao nordeste, os Xixia ao norte e os Song ao sur. En 1215 Pequín foi conquistada, tras un longo cerco. A rexión ficou ao cargo do xeneral Muqali.

Axiña foi a vez do imperio da Corasmia, cuxos dominios incluían os actuais Uzbekistán, Kirguizistán, Turkmenistán, Taxiquistán e Afganistán. Contra o cal emprendeu unha sanguenta guerra de 1219 a 1221. Cidades como Samarcanda e Bucara foron arrasadas.

En persecución ao xá Mahoma da Corasmia, un exército liderado por Jebe Noyon e Subedei invadiu o norte do Irán, atravesou o Cáucaso, derrotando varios exércitos locais, e alcanzou a rexión sur da Ucraína, onde en maio de 1223 derrotou un exército de 80 mil homes composto por soldados de diversos principados rusos na batalla do río Kalka. En agosto de 1227, en medio da guerra contra o imperio Xixia, Gengis Khan faleceu.

 
Imperio Mongol, 13001405.

Tras a súa morte o seu imperio foi dividido entre os seus fillos. A Sibéria Occidental e o Casaquistán ficaron con Jochi, porén como este tamén morreu algúns meses despois, os seus dominios foron divididos entre Batu e Orda; O Turquestán ficou con Djaghatai, no que viría a ser despois o Khanato de Djaghatai; a Mongolia ficou con Tolui e o norte da China con Ogodai.

En 1229 o seu fillo Ögödei sucedeuno, continuando coas guerras de expansión. Na China terminou de destruír os Xixia, conquistou a cidade de Kaifeng en 1234, rematando así a conquista da rexión norte e iniciando a guerra contra os Song do sur, alén de conquistar por completo a Corea. No Oriente Medio destruíu as últimas resistencias de Khwarezm e conquistou a Persia. Porén o seu maior feito sen dúbida foi a campaña contra a Europa, comandada por Batu Khan e Subedei. Tras derrotaren aos búlgaros do Volga, os varios principados rusos foron devastados e conquistados, reducíndoos á vasalaxe. En decembro de 1240 Kíiv foi conquistada e o ano seguinte nun ataque triplo foron invadidos Polonia, Hungría e Romanía. Os exércitos polacos e alemás foron vencidos na batalla de Legnitz e os húngaros na batalla de Mohi. Ao final de 1241 Subedei estaba discutindo planos de invadir o norte da Italia, Austria e os estados xermánicos, porén debido á morte de Ögödei tal campaña foi abortada, xa que tiveran que volver á Mongolia para elixir o próximo khan. No camiño de volta devastaron Croacia, Serbia e Bulgaria, que se converteron en vasalos dos mongois.

Nos anos 1250, só no goberno de Mongke, fillo de Tolui, as conquistas foron retomadas. Especial significación tiveron as comandadas con grande autonomía por Hulagu Khan: en 1256 os asasinos da Persia foran destruídos e en 1258 Bagdad foi conquistada, poñendo fin ao agonizante Califato Abasida. Axiña foi a vez da Siria. Ao mesmo tempo na Europa hai un novo ataque contra Polonia, liderado polo xeneral Nogai. Velaí que en 1259 Mongke morre e Hulagu Khan tivo que volver para a elección do novo khan, e as forzas de gornición que mantivo foron derrotadas e expulsadas polos mamelucos, liderados por Baibars, que lles inflixiu en 1260 unha derrota na batalla de Ain Jalut, en Palestina.

Tras a morte de Mongke, iniciouse un proceso de división en Khanatos independentes dos territorios do Imperio. Para suceder Mongke, Berke, khan da Horda Dourada, apoiou a Arik Boke, mentres que Hulagu apoiou a Khublai, quen tras derrotar ao seu irmán asumiu o trono en Karakorum, tras as disputas que tiveran como resultado a aparición de rifas que levaran á fragmentación do Imperio.

 
Retrato chinés de Khublai Khan, realizado pouco despois da súa morte.

Khublai Khan, ao asumir o poder, iniciou novas guerras de conquista, todas elas contra os países veciños da China. A súa política volcada totalmente cara a China contribuíu a fragmentación do Imperio, a medida que non daba atención aos territorios máis remotas do Imperio. Dentro das guerras emprendidas por Khublai están a conquista dos Song, que rematou en 1279, así conquistando toda a China e fundando unha nova dinastía, a Yuan. Fora da China promoveu dous ataques contra o Xapón en 1274 e 1281, que foran frustrados por tempestades marítimas que destruíron a frota mongol, alén de ataques contra os actuais Vietnam, Camboxa, Mianmar e Xava, tamén sen moita importancia.

Líderes do ImperioEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar