Acre, Israel
Acre[1] (en hebreo: עכו, "Akko"; en árabe: عكّا, "Akkā") é unha cidade de Israel, situada no Distrito do Norte, na beira do mar Mediterráneo. En 2003 tiña 45 600 habitantes, 75 % de xudeus e 25% árabes. Acre é a sede do xefe da Fe Bahá'í.
עַכּוֹ (he) عكّا (ar) | |||||||||
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Estado | Israel | ||||||||
Distrito | Distrito Norte | ||||||||
Subdistrito | Acre Subdistrict (en) | ||||||||
Capital de | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 48.900 (2018) (3.613,39 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 13,533 km² | ||||||||
Altitude | 10 m | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Precedido por | |||||||||
Creación | 1500 a. C. | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
Membro de | |||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Prefixo telefónico | 972 4 | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | Pisa Deerfield Beach (pt) Nagykanizsa Bregenz Bielsko-Biała Recklinghausen La Rochelle (1972–) Saint-Mandé (2011–) Trakai (2015–) | ||||||||
Patrimonio da Humanidade | |||||||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | ||||||||
Data | 2001, 2001 (?ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (v) | ||||||||
Identificador | 1042 | ||||||||
Páxina web | akko.org.il | ||||||||
Historia
editar- Véxase tamén: Cerco de Acre de 1291.
Acre identifícase coa Aak, cidade tributaria de Thutmose III e coa Akka dos rexistros de Amarna. No Antigo Testamento aparece unha vez co nome de Acco. No ano 700 a.C. a cidade caeu en poder dos asirios. No 332 a.C. conquistouna Alexandre Magno, e no século III a.C. Tolomeo II.
En 638 os árabes fixéronse co control da cidade ata que os cruzados a conquistaron no 26 de maio de 1104, dándolle o nome de San Xoán de Acre. Reconquistada por Saladino no 1187, cercada sen éxito por Guy de Lusignan no 1189, e de novo conquistada por Ricardo Corazón de León no 1191. Convertida en capital do que quedaba do Reino de Xerusalén. En 1229 foi posta baixo o control dos Cabaleiros Hospitalarios. No ano 1291 os mamelucos conquistan a cidade.
En 1517 captúraa Selim I para o Imperio Otomán, e a cidade entrou nun período de decadencia. A fins do século XVIII comeza a se recuperar baixo o goberno de Daher El-Omar, o sheikh local, o seu sucesor Jezzar Pasha, gobernador de Damasco, fortificouna. Napoleón cercou a cidade no ano 1799 durante dous ata que foi expulsado polos turcos, axudados por unha forza naval británica.
Dende 1918 os británicos gobernaron a cidade ata que en 1948 se integrou en Israel.
Cidade vella de Acre | |
---|---|
Torre de Acre | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Israel |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, IV |
Inscrición | 2001 (25ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1042 |
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ «Acre». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 44.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acre, Israel |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en hebreo)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |