Asiria
Asiria foi un país da antigüidade situado no suroeste asiático na antiga Mesopotamia, no val do río Tigris cuxos límites foron: ó norte das montañas de Armenia, ó sur Caldea (Babilonia), ó leste a Media e ó oeste Mesopotamia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua acadia Lingua aramea Lingua sumeria ![]() | ||||
Relixión | Mitoloxía sumeria ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | c. 2025 a. C. ![]() | ||||
Disolución | 609 a. C. ![]() | ||||
A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, ó lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba Assur ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron Nínive, Harran, Nimrud, Dur-Sarrukîn (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.
Historia editar
Sometidos ó principio á dominación de Sumer, e despois á de Acad, os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a. C. (fundación de Assur). No século XVIII a. C. construíron o primeiro Imperio (reino de Samši-Adad I) pero o seu desenvolvemento foi roto por Babilonia (conquista de Hammurabi). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a. C. con Teglatfalasar I (1112-1074 a. C.), vencedor dos arameos e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de Teglatfalasar III (746-727 a. C.), que anexionou Siria e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos Sargónidas, comezada por Sargón II (721-705 a. C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, estendeuse por toda Asia occidental desde Persia ata o Mediterráneo, e chegou ata Tebas e Exipto, sometido por Assurbanipal (669-631 a. C.). As súas grandes cidades son Assur, Nínive, Nimrod e Dũr-Sarrukîn (na actualidade, Korsabad, cidade de Iraq), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmensidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundiuse definitivamente no 614-612 a. C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos medos e dos babilonios.
Arte editar
A arte asiria caracterízase polas súas enormes construcións de ladrillo (ruínas mal conservadas de palacios, de templos, de elevados cigurats polícromos) pola súa escultura maciza (moi pocas estatuas exentas e numerosos baixorrelevos de alabastro nos que figuran grandes escenas de caza), polas súas decoracións de ladrillo esmaltado e polas súas xemas gravadas en oco. Glorifica a guerra e a caza.
O Imperio mesopotámico estableceuse dende o século XVIII ó VII a. C.
Mesopotamia |
Río Éufrates – Tigris |
Cidades / Imperios |
Sumeria: Uruk – Ur – Eridu |
Kish – Lagash – Nippur |
Imperio acadio: Agadé |
Babilonia – Isín – Larsa – Susa |
Asiria: Asur – Nínive |
Nuzi – Nimrud |
Imperio Babilónico – Caldea – |
Elam – Amorreos |
Mitanni – Casitas |
Cronoloxía |
Reis sumerios |
Reis de Asiria |
Reis de Babilonia |
Lingua |
Escrita cuneiforme |
Lingua sumeria – Acadio |
Elamita |
Mitoloxía |
Gilgamesh – Marduk |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asiria |