Siria
Coordenadas: 35°N 38°L / 35, -38
Siria[1] é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos do Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.
República Árabe Siria | |||
---|---|---|---|
الجمهوريّة العربيّة السّوريّة Al-jumhuriyya al-`Arabiyya as-Suriyya | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Capital • Poboación | Damasco 1 569 394 | ||
Cidade máis poboada | Alepo | ||
Linguas oficiais | Árabe, Arameo sirio (cooficial) | ||
Forma de goberno | República presidencialista / Estado Unipartidista | ||
Bashar al-Assad Hussein Arnous | |||
• Declarada • Recoñecida | 1 de xaneiro de 1944 17 de abril de 1946 | ||
Superficie | Posto 87º | ||
• Total | 185 180 km² | ||
• % auga | 0,06 | ||
Fronteiras | 3 098 km | ||
Poboación | Posto 55º | ||
• Total (2007) | 19 405 000 hab. | ||
• Densidade | 103 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | Libra siria (SYP ) | ||
IDH (2007) | 0,724 (108º) – medio | ||
Xentilicio | Sirio, -a | ||
Fuso horario | UTC+2 | ||
• Horario de verán | UTC+3 | ||
Dominio de Internet | .sy | ||
Prefixo telefónico | +963 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | 760 / SYR / SY | ||
Membro de: ONU, LA | |||
Historia Editar
Siria forma parte de Asia, en concreto do Oriente Medio. O nome de Siria é tan antigo como a súa historia, atopándose multitude de referencias na Biblia. Anteriormente, formaba parte dun territorio moito máis amplo, que incluía ademais os actuais Chipre, Líbano, Xordania, Iraq e Israel, cuxo nome era Bilad al Cham ou Territorio Lunar, por ser a súa capital, Damasco, tamén chamada Cham, un oasis no medio do deserto.
Siria formou parte, xunto con Exipto, da República Árabe Unida entre 1958 e 1961.
Durante un breve período nos anos 1970, Siria xunto con Libia e Exipto conformou unha federación que pretendía ser o xerme para a definitiva unidade árabe. Dita federación fora impulsada de xeito decidido polo líder libio Muammar al-Gaddafi, pero sucumbiu aos conflitos de intereses entre os tres países que se viron divididos entre outros asuntos pola súa postura fronte a Israel.
Subdivisións Editar
Siria divídese en 14 muhafazat (محافظة , singular muhafazah equivalente a provincia ou gobernación) que levan o nome da capital, e que se subdividen en 61 manāṭiq (singular minţaqah equivalente a distrito ou rexión)
Nº | Muhafazat | Capital | |
---|---|---|---|
1 | Lataquia | Lataquia | |
2 | Idlib | Idlib | |
3 | Alepo | Alepo | |
4 | Al-Raqqah | Al-Raqqah | |
5 | Al-Hasakah | Al-Hasakah | |
6 | Tartus | Tartus | |
7 | Hama | Hama | |
8 | Deir ez-Zor | Deir ez-Zor | |
9 | Homs | Homs | |
10 | Damasco | – | |
11 | Damasco Rural | – | |
12 | Quneitra | Quneitra | |
13 | Daraa | Daraa | |
14 | Al-Suwayda | Al-Suwayda |
Xeografía Editar
Siria esténdese entre as latitudes 32° e 38° N e as lonxitudes 35° e 43° E. Na súa maior parte consiste nunha chaira árida, non obstante o noroeste do país, que se abeira ó Mediterráneo, é bastante verde. O nordés mailo sur constituían as zonas agrícolas tradicionais.[2] O Éufrates, o río sirio máis importante, cruza o país polo leste.
O clima é seco e quente, os invernos son moderados, mais pola elevación do país por veces neva no inverno.[2].
Economía Editar
- Véxase: Economía de Siria.
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sirio.
- ↑ 2,0 2,1 National Council of Geography Teachers (U.S.) (1928). The Journal of Geography. The Journal of geography. p. 167.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Siria |
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |