Iemen
Coordenadas: 15°N 48°L / 15, -48
O Iemen[1] é un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Península da Arabia. Limita ao norte coa Arabia Saudita, ao leste co Omán, ao sur co mar de Arabia e mailo golfo de Adén, e a oeste polo estreito de Bab el-Mandeb e polo mar Vermello. O Iemen inclúe tamén algunhas illas situadas ó longo do chamado Corno de África, das cales a máis grande é Socotora.
República do Iemen | |||
---|---|---|---|
الجمهوريّة اليمنية Al-Ŷumhūriyya al-Yamaniyya | |||
| |||
Lema: Allah, al-Watan, at-Thawra (árabe: «Deus, a Patria, a Revolución») | |||
Capital • Poboación | Saná 1 303 000 (2000) | ||
Cidade máis poboada | Saná | ||
Lingua oficial | Árabe | ||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||
Rashad al-Alimi Maeen Abdulmalik Saeed | |||
Unificación | 22 de maio de 1990 | ||
Superficie | Posto 48º | ||
• Total | 527 968 km² | ||
• % auga | - | ||
Fronteiras | 1 746 km | ||
Costas | 1 906 km | ||
Poboación | Posto 50º | ||
• Total (2005) | 20 727 063 hab. | ||
• Densidade | 37 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 112º | ||
• Total (2005) | 19 324 millóns US$ | ||
• per cápita | 745 US$ | ||
Moeda | Rial iemení (YER ) | ||
IDH (2007) | 0,508 (153º) – medio | ||
Xentilicio | iemení ou iemenita | ||
Fuso horario | UTC+3 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .ye | ||
Prefixo telefónico | +967 | ||
Prefixo radiofónico | 7OA-7OZ | ||
Código ISO | 887 / YEM / YE | ||
Membro de: ONU, Liga de Estados Árabes | |||
HistoriaEditar
O Iemen é un dos centros máis antigos de civilización do Oriente Próximo. A súa terra, relativamente fértil nalgúns vales, e o seu clima húmido permitiron o desenvolvemento dunha poboación estable. Os seus habitantes, nómades, dedicáronse durante toda a época antiga á gandería e á cría de aves.
PolíticaEditar
Abdul Qadir Bajamal do Congreso Xeral Popular foi primeiro ministro dende o 31 de marzo de 2001 até o 7 de abril de 2007.
XeografíaEditar
Algo maior que España en superficie (527.970 km²) e sito no extremo suroeste da Península Arábiga, e por tanto considerado un país do Oriente Próximo, con todo algúns xeógrafos, como Carlos Garijo, coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.
Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha franxa estreita, denominado Tihamah; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o Jabal an Nabi Shu'ayb, de 3.760 m. Nun planalto da zona está localizada a capital iemení, Saná, a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no Bab el-Mandeb, o estreito que comunica o océano Índico e o mar Vermello, montañas elevadas chegan até cerca da costa (Jabal Sabir, 3.006 m). Pasadas as terras altas, o territorio descende en altura cada vez máis cara o leste, na zona fronteiriza con Arabia Saudita e Omán, máis xa tamén próximo ao temido deserto de Rub al-Khalí, que chega a alcanzar o centro norte do país. As costas alcanzan un total de 1.906 km de lonxitude.
O clima é practicamente desértico. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.
O país sofre os efectos da desertización e da falta de auga. Os cursos de auga son torrentes (wadi, ramlat), só animados con auga durante as tormentas e os monzóns. Os ventos do nordeste son os responsábeis da aridez xeral do país e causantes das frecuentes tormentas de area.
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía do Iemen.
É o país máis pobre do Oriente Medio. Produce principalmente petróleo, pero nos anos da década de 1990 ao non apoiar o goberno o ataque sobre Iraq, subsecuente á invasión deste país sobre Kuwait, causou problemas de illamento do país e máis de 1 millón de emigrantes iemenís tiveron que volver ao país expulsados en represalia.
Cifras económicas xeraisEditar
O Produto Interior Bruto (PIB) creceu en 2004 sobre un 2,7 %. Ao sector primario correspondeulle un 14 % do PIB, a industria ou sector secundario un 38 % e ao sector servizos un 49 % do PIB. No ano 1999 un 48,5 % da poboación activa dedicábase á agricultura, un 15,1 % traballaba no sector industrial e un 36,4 % estaba ocupada no sector servizos. O desemprego acadaba en 2003 unha media do 25 % da poboación activa, mentres que a inflación era do 17,7 %. En 2003 un 5,5 % do PIB foi dedicado a servizos de saúde, un 9,6 % á Ensinanza e un 7,1 % a gastos militares.
Mapas e imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iemení.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iemen |