Golfo de Adén
O golfo de Adén ou Aden[1] atópase no océano Índico, entre o Iemen (na costa sur da Península Arábiga) e Somalia (no leste de África). Polo noroeste está conectado co Mar Vermello a través do estreito de Bab-el-Mandeb.
Golfo de Adén | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Iemen Somalia Djibuti |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | Asia e África |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Vermello e mar Arábigo |
Illas interiores | Socotra |
Cidades ribeiregas | Adén (IEM) e Bardhere (SOM) |
Accidentes | |
Estreitos | Bab el-Mandeb (mar Vermello) |
Características | |
Lonxitude máxima | 1000 km |
Anchura máxima | 150-440 km |
Mapa | |
Localización do golfo de Adén. | |
Mapa da rexión do golfo de Adén. | |
A súa lonxitude é de 1000 km e a súa anchura varía entre 150 e 440 km. O golfo é unha vía moi importante para o transporte da produción do petróleo do Golfo Pérsico, o cal dálle unha notable importancia a nivel mundial. Ademais, encóntranse nel numerosas cantidades de peixes e corais, posto que as súas augas non foron contaminadas dun xeito apreciable. Os dous portos máis importantes están en Adén, no Iemen e en Bardhere e Bosaso, en Somalia.
Non é unha zona considerada segura, dada a inestabilidade de Somalia e a que o Iemen posúe forzas de seguranza insuficientes para a zona, existindo casos de piratería e de ataques terroristas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Adén |
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Aden (Iemen)