Interpol

organización internacional de policía criminal

A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal.

Interpol
Tipoorganización intergobernamental, força de segurança, organización internacional, telegraphic address, missing persons organization e organización
Área de operaciónmundial
Data de fundación7 de setembro de 1923 e 1 de xaneiro de 1900
Presidente/aAhmed Naser Al-Raisi (pt) Traducir (2021-) Editar o valor en Wikidata
Secretario/aJürgen Stock
Nº de membros196 Editar o valor en Wikidata
Nº de empregados756 (2013) Editar o valor en Wikidata
Orzamento113000000 dólar estadounidenses
SedeLión
PaísFrancia
Na rede
https://interpol.int
Facebook: InterpolHQ Twitter: INTERPOL_HQ Instagram: interpol_hq LinkedIn: interpol Youtube: UCzY3w-5muWAUWIdCJ1EYuLw BNE: XX169203 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner[1], todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.

Ten a súa sede en Lión (Francia),[1] adoptando o nome actual en 1956 e ten a participación de 188 países membros.

A sigla Interpol foi por primeira vez utilizada en 1946. A Interpol non se implica na investigación de delitos que non impliquen varios países membros ou crimes políticos, relixiosos e étnicos. Trátase dunha central de información para que as policías de todo o mundo poidan traballar integradas no combate ao crime internacional, o tráfico de drogas e os contrabandos.

Dende o 21 de novembro de 2018, o seu presidente é Kim Jong Yang, orixinario de Corea do Sur.[2]

Un exemplo da participación da Interpol nun caso é a desaparición de Madeleine McCann, unha rapaza inglesa que desapareceu nun cuarto de hotel nunha cidade portuguesa próxima á fronteira coa España. En setembro de 2011 a Interpol publicou mandado de prisión contra o entón Xefe de Estado de Libia, Muammar al-Gaddafi, durante as protestas en contra do Goberno.[3]

  1. 1,0 1,1 INTERPOL, ed. (12-11-2010). "History" (en español). Arquivado dende o orixinal (ASP) o 04-08-2011. Consultado o 10-09-2011. 
  2. "South Korean Kim Jong-yang Elected New Head of Interpol" (en inglés). Korean Broadcasting System. 21 de novembro de 2018. 
  3. La Voz de Galicia, ed. (08-09-2011). "Interpol emite ordes de detención contra Gadafi e un dos seus fillos" (HTM). Consultado o 10-09-2011.